Ceos moi nubrados nas bisbarras atlánticas, con algunha chuvia débil e ocasional. No resto, intervalos anubrados con momentos de apertura de grandes claros. Vento do Sueste moderado, con intervalos fortes pola tarde na área de Ortegal-Bares. Temperaturas mínimas en moderado ascenso e as máximas entre un moderado e notable descenso, agás no Norte de Lugo, onde ascenderán. 17/05/12
A Real Academia galega rende homenaxe a Valentín Paz Andrade no día das letras galegas. Milleiros de persoas pediron en Santiago que rematen os ataques das institucións contra o galego. A Conselleira de Facendanon dubida de que o plan de axuste da Xunta vai ser aprobado polo Goberno.
Dimite por sorpresa o Valedor do Pobo, Benigno López. // Sorpresa en Moaña pola decisión de Novagalicia Banco de pechar, ata novo aviso, as tres oficinas que ten no centro da vila. // O Presidente da Xunta presenta en Ourense o seu modelo de hospital intelixente, sostible e centrado na atención ao paciente. // A universidade de Santiago homenaxea a Valentín Paz. // Cero a tres definitivo no Guadalajara-Celta. // Complétase a restauración ambiental da antiga explotación de lignito das Pontes. 16/05/12
Intervalos de nubes de tipo medio e alto, alternando con momentos de sol. Vento de compoñente Leste, moderado con intervalos fortes no extremo Norte e máis frouxos na metade Sur. Temperaturas en ascenso, entre moderado e notable, con sensación térmica de calor en toda a comunidade, agás no Norte de Lugo, onde será máis suave. 16/05/12
Dimite por sorpresa o Valedor do Pobo, Benigno López. // Sorpresa en Moaña pola decisión de Novagalicia Banco de pechar, ata novo aviso, as tres oficinas que ten no centro da vila. // O Presidente da Xunta presenta en Ourense o seu modelo de hospital. // A universidade de Santiago homenaxea a Valentín Paz Andrade. // Cero a tres definitivo no Guadalajara-Celta. // Complétase a restauración ambiental da antiga explotación de lignito das Pontes. 16/05/12
Os clientes de NGB de Moaña non poden facer xestións no seu municipio. As tres oficinas están pechadas polas protestas dos afectados polas participacións preferentes. A pesar do embargo dos bens, Jorge Dorribo, está rehabilitando un muiño en Bergondo. Inaugurado o maior lago artificial de España nas Pontes.
- El Valedor do Pobo, Benigno López, no explica los motivos
- Había gran presión política de la oposición por sus posicionamientos
- Justificaba los recortes y dudaba de la viabilidad de la ley de dependencia
A Xunta convoca a concellos, institucións e empresas para que se comprometan a tomar medidas que promovan hábitos saudables. // Benigno López seguirá sendo Valedor do Pobo. O Partido desoe as peticións de dimisión por parte da oposición polas declaracións nas que o Valedor suxeriu a suspensión da lei de dependencia. // En Redondela investigan as causas do accidente dun camión das obras do AVE, no que morreu o condutor, un mozo andaluz de 37 anos. // Un cento de traballadores descargan estes días no porto de Marín boa parte da lura que capturan os barcos galegos no caladoiro das Malvinas. // Valentín Paz Andrade, xornalista. 15/05/12
A Xunta chama a tomar medidas para promover hábitos saudables. // Benigno López seguirá sendo Valedor do Pobo. // Accidente dun camión das obras do AVE en Redondela. Morreu o condutor. // Descarga en Marín de lura das Malvinas. // Valentín Paz Andrade, xornalista. 15/05/12
Ceos despexados, agás nas bisbarras cantábricas, onde haberá nubes de estancamento. Ventos do nordés, moderados no litoral e máis frouxos no interior tendendo en xeral a aumentar de intensidade pola tarde. As temperaturas sufrirán un novo descenso, entre lixeiro e moderado. 15/05/12
O alcalde de Vigo e a voceira do PSdGa en A Coruña sairon na defensa dos tres aeroportos galegos logo de que a ministra de Fomento supeditase ós beneficios a súa continuidade. O candidato do BNG á Xunta quere coñece-la opinión das direccións locais do PP. Os sindicatos piden o pronunciamento do Tribunal Superior Galego sobre os recurtes impostos ós empregados públicos.Dous sindicalistas vigueses enfróntanse a catro anos de prisión polos incidentes na folga do metal do 2009.A filla de Jorge Dorribo declara en Lugo que non viu irregularidades nos negocios de seu pai. Preséntase o libro "Valentín Paz Andrade,xornalista para un país", centrado na faceta xornalística do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas
Xunta, Ministerio de Fomento e varias ducias de concellos galegos comprométense a investir 44 millóns de euros en rehabilitación de vivendas e espazos públicos. // Ser muller, sufrir unha discapacidade e vivir no rural pode ser motivo dunha tripla discriminación á que están expostas milleiros de persoas en Galicia. // Tamén en Galicia, milleiros de persoas celebran na rúa o primeiro aniversario do movemento 15-M, aquí sen incidentes. // 72 adegas das cinco denominacións de orixe de Galicia abren as súas instalacións ao público e ofrecen degustacións gratuítas de viño. // O Celta regresa aos postos de ascenso directo. O Deportivo goleou con facilidade ao Numancia. (14/05/12)
Intervalos de nubes durante a mañá, con néboas no interior e brumas costeiras nas Rías Baixas. Pola tarde predominarán os ceos pouco anubrados ou despexados. Temperaturas en lixeiro descenso. Ventos moderados do noroeste no litoral norte e frouxos no resto. Brisas nas Rías Baixas. (14/05/12)
44 millóns de euros para rehabilitación de vivendas e espazos públicos. // Ser muller, sufrir unha discapacidade e vivir no rural pode ser motivo dunha tripla discriminación. // Milleiros de persoas celebran na rúa o primeiro aniversario do 15-M. // 72 adegas das cinco denominacións de orixe de Galicia abren as súas instalacións ao público. // O Celta regresa aos postos de ascenso directo. (14/05/12)
Xunta,Fomento e FEGAMP financiarán actuacións de rehabilitación nunha trintena de concellos galegos ,por valor de 45 millóns de euros.O candidato do BNG á presidencia da Xunta,Francisco Jorquera,da por pechada a crise no seo da formación.O executivo galego apoia a petición española de ampliar en cinco anos o prazo para deixa-los caladoiros en niveis óptimos.UXT e CCOO promoven unha iniciativa lexislativa popular a favor da dación en pago. Baixo a dirección da compañía de teatro Chévere, alumn@s do Instituto A Cachada de Boiro reinventan a historia de amor de "Romeo y Julieta"
O presidente da Xunta,Alberto Núñez Feijóo,anuncia a creación da Axencia Tributaria de Galicia e unha Lei de Inclusión Social, mentres que a oposición lle pide que non escape do debate sobre o desemprego.O conselleiro de Presidencia afirma que, cando finalice o plan de racionalización da administración paralela,a Xunta se terá desprendido de 70 entes,o que suporá un aforro anual de 25 millóns de euros
Hasta el 5 de junio de 2012 se podrá disfrutar en A Coruña de la XV Edición de Festival Mozart.
Tras un mes de frío e chuvia, chegan a Galicia unhas temperaturas que dan sensación de verán. // A secretaria xeral de Sanidade, Pilar Farjas, declara no xulgado de Lugo sobre as inspeccións feitas ao laboratorio Nupel , de Jorge Dorribo, cando ela era conselleira de Sanidade. // Un grupo de emprendedores da Coruña crea "Trocobank", unha plataforma que pon en contacto a empresas que queiran intercambiar mercadorías sen necesidade de cartos. // Nove explotacións agrarias de Galicia participan nun estudo pioneiro para mellorar o aproveitamento dos puríns. // Tras 120 anos de servizo, pecha as súas portas o asilo de anciáns de Pontevedra. // `Galicia Caníbal¿, o musical da movida dos anos 80. 11/05/12
Nubes de tipo medio e alto, con bancos de nubes na Mariña. Pola tarde, nubes de evolución no interior. Ventos do nordés, moderados na metade norte e frouxos no resto. Aínda que as temperaturas experimentarán un descenso na metade norte, manteranse no resto e continuarán sendo altas en moitos puntos. 11/05/12
Chegan a Galicia temperaturas que dan sensación de verán. // Pilar Farjas, declara sobre as inspeccións ao laboratorio Nupel , de Jorge Dorribo. // "Trocobank", unha plataforma que pon en contacto a empresas para intercambiar mercadorías sen necesidade de cartos. // Un estudo pioneiro para mellorar o aproveitamento dos puríns. // Pecha o asilo de anciáns de Pontevedra. // `Galicia Caníbal¿, o musical. 11/05/12