Os sindicatos médicos OMEGA E CESM-GALICIA advirten de que os recortes provocarán un menoscabo da asistencia sanitaria.A ex-conselleira de Sanidade Pilar Farjas declara como testemuña no caso Campeón.O peche do asilo de Pontevedra obrigará a 160 anciáns a buscar unha nova residencia.Comisións Obreiras estima que, ó ritmo actual, Galicia perderá este ano 50 mil empregos.A Cruz Vermella pón en marcha un campaña para aumenta-lo número de familias acolledoras
Hacemos una parada en el Vigo de los años ochenta, la ciudad con algunas de las mejores bandas musicales de aquella época. Os Resentidos, Siniestro Total o Golpes Bajos inventaron lo que se llamó la "movida gallega". Aquel espíritu vuelve en un musical con nombre de himno: Galicia Canibal, una de las canciones legendarias de Os Resentidos.
Mañá de mobilizacións e protestas en toda Galicia. Sanidade, ensino, o sector naval de Vigo e os afectados pola participacións preferentes. // O Goberno galego decidiu crear unha axencia tributaria galega. Con este novo organismo tentarase recadar un 20 por cento máis. // Simplifícase o sistema de pagamento das peaxes nas autovías de Portugal. Desde o mes que vén vanse poder pagar con tarxeta de crédito. // Absolto por falta de probas o único acusado de provocar o incendio máis grave da vaga de lumes de 2006, no que morreron dúas mulleres. // O Consello de Informativos de Televisión Española recibe o premio José Couso. // Curtocircuíto, o festival de curtas de Santiago. 10/05/12
Nubes de tipo alto. Na provincia de A Coruña as nubes serán máis compactas e mesmo deixar algunha chuvia no litoral. Temperaturas mínimas sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un ascenso entre lixeiro e moderado. Ventos de compoñente sur, moderados na metade norte e frouxos no resto. 10/05/12
Mañá de mobilizacións e protestas en toda Galicia. // O Goberno galego decidiu hoxe crear unha axencia tributaria galega. // Simplifícase o sistema de pagamento das peaxes nas autovías de Portugal. // Absolto por falta de probas o acusado de provocar o incendio máis grave de 2006, no que morreron dúas mulleres. // O Consello de Informativos de Televisión Española recibe o premio José Couso. // Curtocircuíto, o festival de curtas de Santiago. 10/05/12
A xuíza exculpa,por falta de probas, ó acusado do incendio que causou a morte de dúas persoas na localidade pontevedresa de Cerdedo, no 2006.Traballadores do naval vigués marchan polo centro de Vigo en demanda de carga de traballo.Estudantes e persoal de varios hospiais galegos protestan contra os recortes.Ourense acolle unha manifestación de afectados polas preferentes,que reclaman a devolución dos seus aforros.O Consello da Xunta aproba a creación da Axencia Tributaria de Galicia, que prevé recadar un 20% máis sen subi-los impostos.O Consello da Cultura Galega homenaxea a Valentín Paz Andrade coa edición do poemario "Canto do pobo disperso"
Alberto Núñez Feijóo responsabiliza ao socialista Joaquín Almunia do bloqueo das solucións ao sector naval e ao cobro das participacións preferentes. // A Comisión Europea chama aos emprendedores e aos pequenos empresarios a tirar do carro para saír da crise. // Xubilados e pensionistas, convocados por Comisións Obreiras, protestan ante a Xunta contra o copagamento das medicinas. // A propietaria da Granxa Maruxa, de Monterroso, Marta Álvarez, obtén por segundo ano consecutivo o premio nacional á muller rural emprendedora. // O Festival de Cans vai traer a esta aldea do Porriño á directora Isabel Coixet, que lerá en público o guión da súa próxima película. 09/05/12
Na metade Leste, alternancia de nubes e claros, e na metade Oeste, nubes máis compactas e chuvias máis probables no litoral. Vento do Sur, forte no litoral atlántico e moderado no resto. Temperaturas mínimas sen cambios e máximas en moderado ascenso. 09/05/12
Feijóo responsabiliza ao socialista Joaquín Almunia do bloqueo do naval e das preferentes. // A Comisión Europea chama aos pequenos empresarios a tirar do carro para saír da crise. // Xubilados e pensionistas protestan contra o copagamento das medicinas. // Marta Álvarez, de Granxa Maruxa, obtén por segundo ano o premio nacional á muller rural emprendedora. // O Festival de Cans vai traer a Porriño á directora Isabel Coixet. 09/05/12
O Presidente da Xunta acusa ó comisario europeo da Competencia,Joaquín Almunia,de bloquear solucións ás crises do naval e das comisións preferentes. O BNG pide a Feijóo que deixe de buscar responsables fóra do país. Pachi Vázquez propón a creación dun Instituto de Crédito para facilitar préstamos ás pequenas empresas.Concentración de xubilados en Santiago en protesta polo copago.Cáritas alerta sobre o aumento da pobrezo e o recorte das axudas das aministracións. Os gobernos de España e Portugal anuncian melloras na liña de tren Vigo-Porto.Falamos con Yolanda Sobero, presidenta do Consello de Informativos de TVE, que hoxe recibe en Ferrol o "Premio José Couso de Liberdade de Prensa"
Mañá desapracible en toda Galicia, con chuvia e vento especialmente intensos na zona atlántica. Meteogalicia mantén activada a alerta amarela nas provincias de Pontevedra e A Coruña. // A Xunta fai balance no Parlamento galego do seu traballo en rehabilitación de vivendas, e asegura que inviste neste concepto 107 millóns de euros na lexislatura. // Comeza en Pontevedra o xuízo contra o único acusado de provocar o maior incendio da vaga de lumes forestais de agosto de 2006, no que morreron dúas mulleres. // Galicia dispón do sistema de radares de alta frecuencia para vixiar o mar más completo de Europa. // Tim Hunt, premio Nobel en medicina. 08/05/12
Ceos moi nubrados e precipitacións que na metade Oeste serán máis cuantiosas e localmente caerán con intensidade forte. Vento do sueste moderado con intervalos fortes no litoral e zonas altas. Temperaturas mínimas en moderado ascenso, e máximas sen cambios. 08/05/12
Alerta amarela por chuvias nas provincias de Pontevedra e A Coruña. // A Xunta fai balance no Parlamento do seu traballo en rehabilitación de vivendas. // Comeza en Pontevedra o xuízo contra o acusado de provocar o maior incendio de agosto de 2006, no que morreron dúas mulleres. // Galicia dispón do sistema de radares para vixiar o mar más completo de Europa. // Tim Hunt, premio Nobel en medicina. 08/05/12
Socialistas e BNG coinciden con Feijóo en reclamar igualdad de trato para Novagalicia Banco. O presidente da patronal galega,Antonio Fontenla, dixo en RNE que o caso de Bankia ven demostrar que NCG está a ser discriminada polo goberno.A central nacionalista CIG propón que os exdirectivos da caixa galega cobren 1 euro polos seus plans de pensións.A Xunta prevé eliminar 70 entes públicos na segunda fase do "plan de racionalización" da administración paralela.O conselleiro Agustín Fernández mantén 2018 como ano de peche para Celulosas de Pontevedra.ADEGA solicita a declaración como "ben de interese cultural" para a Cova de Eirós,ameazada pola explotación dunha canteira
Quince toneladas de animais mortos estaban almacenados ilegalmente en dúas naves do concello pontevedrés das Neves. // O novo hospital de Vigo estará funcionando a comezos de 2014, segundo adiantou hoxe a conselleira de Sanidade. // Expectación na Coruña por coñecer os contidos do novo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Esta fin de semana, coincidindo co día da ciencia na rúa, recibiu aos primeiros curiosos. // O Deportivo cede dous puntos ao empatar co Valladolid, pero mantén o liderado de Segunda. // Un vídeo gravado nun colexio de Lugo para promocionar o lavado das mans. 07/05/12
Aumento progresivo das nubes dende as primeiras horas que deixarán os ceos anubrados na maior parte de Galicia. As chuvias comezarán polo litoral atlántico, estendéndose cara ao leste ao longo do día. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas sen cambios. Ventos do sur, moderados en xeral e con intervalos fortes no litoral e nas zonas altas. 07/05/12
Quince toneladas de animais mortos almacenados ilegalmente nas Neves. // O novo hospital de Vigo estará funcionando a comezos de 2014. // Expectación na Coruña por coñecer os contidos do novo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. // O Deportivo cede dous puntos ao empatar co Valladolid. // Un vídeo gravado en Lugo para promocionar o lavado das mans. 07/05/12
O PSOE solicita un pleno parlamentario para a remoción do Valedor do Pobo,tralo seu apoio ós recortes.O BNG cré que non hai outra saída que o cesamento de Benigno López.O PP avalará que o Valedor conclúa o seu mandato.A Xunta estuda cómo implanta-lo copago farmacéutico.Os sindicatos do naval vigués convocan novas mobilizacións.O Eixo Atlántico reclama a modernización do tren Vigo-Porto.Primeiro vóo da aeroliña de baixo custo A Coruña-Madrid.Humedais artificais para depurar augas contaminadas.Investigadores da Universidade de A Coruña deseñan un sistema ecolóxico de tratamento de auga sen custo enerxético.
- Quedará inaugurado al público en general el próximo 1 de junio
- El mes de mayo se reserva para visitas de centros educativos
- El recorrido, por seis plantas, muestra 300 piezas de incalculable valor
O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, é o protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-Galicia. Ferrín defende que o 17 de maio, Día das Letras Galegas, sexa festivo e cré que debe celebrarse coma unha "festa nacional"