Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Feijóo anuncia unha alianza estratéxica coa petroleira mexicana PEMEX para a construcción de 14 remolcadores en Galicia.Os detalles do acordo coñeceranse esta mesma tarde.Empresarios do naval amósanse satisfeitos coa proposta que presentou España para substituilo antigo tax lease.As principais cidades galegas acollen de novo protestas contra a reforma laboral.A central CIG esixe un plan de futuro para Novagalicia Banco.O Parlamento galego refrenda a José Julio Fernández ,ata agora Vicevaledor do Pobo, como Valedor Interino.

Movementos para buscarlle unha saída a fonda crise que atravesa o sector naval galego. // O líder dos socialistas de Galicia, Pachi Vázquez, afirma que o Goberno galego falseou os datos do déficit do ano pasado. // Viaxar entre Galicia e Madrid en tren será un pouco máis rápido dentro dun mes. // Ata 30.000 euros poderán recibir as emprendedoras galegas como axuda da Xunta para montar o seu negocio. // Os inmigrantes son dos que máis están a sufrir a crise, pero na súa maioría deciden quedar en Galicia e non retornan aos seus países de orixe. // ACADACANTO, o novo proxecto de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero. 23/05/12

Ceos pouco nubrados ou despexados, con bancos de néboa matinais e algunhas nubes de evolución diúrna no interior. Vento frouxo e variable, predominando o compoñente Sur durante a mañá. Brisas no litoral. Temperaturas mínimas sen cambios e máximas en ascenso entre lixeiro e moderado. 23/05/12

Movementos para buscarlle unha saída ao sector naval. // Pachi Vázquez, acusa ao Goberno galego de falsear os datos do déficit. // Viaxar entre Galicia e Madrid en tren será un pouco máis rápido. // 30.000 euros para as emprendedoras galegas. // Os inmigrantes son dos que máis están a sufrir a crise, pero na súa maioría deciden quedar en Galicia. // ACADACANTO. 23/05/12

Nubes baixas e néboas que irán rompendo durante a mañá, con posibles chuvascos illados de madrugada, especialmente no terzo Oeste. Co avance da xornada os ceos quedarán con intervalos de nubes medias e altas que irán entrando dende o Oeste. Vento frouxo do Sur e Sueste en xeral, con intervalos moderados no litoral da provincia de A Coruña. Temperaturas entre lixeiro e moderado ascenso. 22/05/12

Todos os niveis educativos están convocados hoxe a unha folga que está a ter unha incidencia moi desigual en Galicia. // A futura lei de vivenda da Xunta busca facilitar a venda do elevado numero de pisos baleiros. // Navalia: Os estaleiros e as empresas auxiliares buscan internacionalizarse para sobrevivir á fonda crise que atravesa o sector. // Descargar de internet vídeos, películas ou música, mentres se recarga a batería do coche eléctrico, ou realizar os pagamentos deses servizos desde o teléfono móbil. Son posibilidades que abre unha iniciativa pioneira. // Dous estudantes ourensáns descobren que as ondas electromagnéticas inflúen negativamente nas plantas. // "Luar na Lubre" fálanos do seu novo disco, "Mar maior". 22/05/12

Folga no ensino con incidencia moi desigual en Galicia. // A futura lei de vivenda da Xunta. // Navalia: Os estaleiros e as empresas auxiliares buscan internacionalizarse. // Descargar de internet vídeos, películas ou música, mentres se recarga a batería do coche eléctrico. // Dous estudantes ourensáns descobren que as ondas electromagnéticas inflúen nas plantas. // O novo disco de "Luar na Lubre". 22/05/12

Feijóo prometeu apoio da Xunta ós traballadores do naval vigués, que o recibiron con asubíos no arranque da cuarta Feira Internacional do Naval.PSdGa e BNG preguntan á conselleira de Sanidade pola febre privatizadora da Xunta.Desigual seguemento da folga en colexios e institutos de Galicia.Pasan a disposición xudicial os dous detidos polo dobre crime de Xermade.Os grupos escindidos do BNG pensan en Beiras como posible líder para concorrer ás eleccións autonómicas.O Sindicato Labrego Galego denuncia cambios de criterio na campaña de saneamento gandeiro da Xunta.O grupo folk "Luar na Lubre" estrea "Mar Maior",o primeiro disco con Paula Rey como vocalista

Inaugúrase en Vigo a nova sede do Laboratorio Europeo de Referencia de Biotoxinas Mariñas. // O presidente da Xunta descarta un adianto das elección autonómicas e confía nunha nova maioría do Partido Popular neses comicios. // Cen mil sinaturas contra as fumigacións aéreas dos eucaliptos. Os representantes da Plataforma contra as fumigacións entregáronas esta mañá no rexistro da Xunta. // O Deportivo perde unha batalla, pero mantense como primeiro candidato ao ascenso directo. Onte caeu por dous goles a tres fronte ao Xerez. E o Celta volve golear. Catro cero contra o Alcoyano. // Mozos discapacitados intelectuais e con síndrome de Down formaranse nun banco. 21/05/12

Inaugúrase en Vigo a nova sede do Laboratorio Europeo de Referencia de Biotoxinas Mariñas. // O presidente da Xunta descarta un adianto das elección autonómicas. // Cen mil sinaturas contra as fumigacións aéreas dos eucaliptos. // O Deportivo perde unha batalla, pero mantense como primeiro candidato ao ascenso directo, e o Celta volve golear. // Mozos discapacitados intelectuais e con síndrome de Down formaranse nun banco. 21/05/12

Moita nubosidade de tipo baixo e chuvias débiles, dispersas e ocasionais, máis probables e frecuentes na metade Oeste e nas zonas elevadas do interior. Vento frouxo de compoñente Oeste, con intervalos de moderado no litoral de Lugo e no noroeste da Coruña. Temperaturas sen cambios significativos. 21/05/12

O presidente da Xunta desbota adianta-los comicios galegos pese ás enquisas, que, segundo o propio Feijóo, lle vaticinan un resultado histórico. PSdGa e BNG sosteñen que a economía galega segue empeorando e que os indicadores non seixan lugar para novos recortes.Os dous detidos polo crime de Xermade pasarán mañá a disposición xudicial.A secretaria xeral de Sanidade, Pilar Farjas,inaugura en Vigo o Laboratorio Europeo de Referencia de Biotoxinas Marinas.Triplícase o número de persoas que acuden á Cociña Económica de Ferrol. Dende hoxe incrementa os seus servizos.ofrece tamén merendas-cea

O presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Antonio Durán "Morris", é o protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-G. Morris, que a próxima semana recollerá o premio "Pedigree 2012" no Festival de Cans,analiza a situación do sector audiovisual e o relevo na dirección do Centro Dramático Galego

Demite o Valedor do Pobo,Beningno López,tralas súas polémicas declaracións sobre a lei de Dependencia e sobre os axustes do goberno. Varios deputados da oposición crean o espazo parlamentario en defensa dos animais. Pilar Rojo inaugura na biblioteca da cámara a exposición "A arquitectura do Parlamento. De facultade de Veterinaria a sede da cámara lexislativa"

Hoxe é o día internacional dos museos e os de Galicia súmanse á celebración cunha xornada festiva e divulgativa. // O museo do humor de Fene. // O Goberno galego aumenta a dotación da renda de inserción social, para os máis desfavorecidos, e faina compatible co cobro por traballos menores. // Tres mulleres da comarca do Ribeiro, que estaban en paro, montan unha cooperativa para ofrecer comida caseira a domicilio, sobre todo a persoas maiores e dependentes. // Fixámonos na faceta de ensaísta de Valentín Paz Andrade. 18/05/12

Ceos con intervalos nubrados e chuvias dispersas e ocasionais, máis probables durante a mañá no norte e pola tarde no interior, particularmente na provincia de Ourense. Ventos frouxos de compoñente oeste. As temperaturas descenderán lixeiramente. 18/05/12

Día internacional dos museos. // O museo do humor de Fene. // O Goberno galego aumenta a dotación da renda de inserción social. // Tres mulleres da comarca do Ribeiro montan unha cooperativa para ofrecer comida caseira a domicilio. // Fixámonos na faceta de ensaísta de Valentín Paz Andrade. 18/05/12

O presidente da Xunta di que o Consello de Política Fiscal e Financiera avalou as políticas económicas de Galicia,que,segundo Feijóo,serviron de modelo a outras comunidades.Os socialistas advirten de que en Galicia xa houbo recortes e de que continuarán.O BNG entende que Feijóo fracasou ó negárselle un tratamento diferenciado a esta comunidade. O Consello da Xunta aprobou o proxeto de lei de Inclusión Social co que se pretende axudar ás persoas máis castigadas pola crise.O executivo decidiu, ademais, a posta en marcha dunha comisión para estuda-lo mapa municipal de Galicia

Homenaxe institucional a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. // Milleiros de persoas asisten en Santiago a tradicional manifestación do 17 de maio para reivindicar o dereito a vivir coa lingua propia. // A Xunta recortará este ano 26 millóns de euros de gasto para cumprir co déficit marcado polo goberno do un e medio por cento. // En Santiago hai hoxe festa por partida dobre. É o xoves da Ascensión, que aquí e festivo local. // O Deportivo vai disparado cara Primeira. Onte ganoulle tres a un en Riazor ao Las Palmas. // O neto dun emigrante galego foi o derradeiro amante de Marilyn Monroe. 17/05/12

Homenaxe a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. // Manifestación en Santiago para reivindicar o dereito a vivir coa lingua propia. // A Xunta recortará este ano 26 millóns de euros de gasto. // En Santiago hai hoxe festa por partida dobre. // O Deportivo vai disparado cara Primeira. // O neto dun emigrante galego foi o derradeiro amante de Marilyn. 17/05/12