Os grupos acordan por unanimidade solicitar a devolución das indemnizacións millonarias dos ex-directivos de Novagalicia Banco.PP,PSdG e BNG instan a facelas xestións oportunas para que os afectados polas preferentes poidan recuperala totalidade dos seus investimentos.O grupo popular proporá ó ex-conselleiro Enrique López Veiga como senador por designación autonómica, en substitución de Romay Beccaría.A Xunta garante a viabilidade do futuro dos aeroportos galegos
Día dos océanos. // A Xunta participa tamén na celebración mostrando, sobre todo aos máis pequenos, os medios de salvamento marítimo e de loita contra a contaminación cos que conta Galicia. // O Banco de España calcula que Novagalicia Banco ten que facer un saneamento dos seus activos inmobiliarios por valor de 4.500 millóns de euros. // Un artefacto de fabricación caseira e pouca potencia explotou esta madrugada na sede do Partido Popular en Ribadumia. // Roupa vestida de revés por un día para que os que aínda non o fan, se animen a colaborar coas organizacións non gobernamentais. // Os alumnos de primaria do colexio da Mezquita, en Ourense, crean unha ópera. (08/06/12)
Ceo nubrado pola mañá, con algunha chuvia débil e dispersa. Pola tarde iranse abrindo claros e remitindo as chuvias. Vento frouxo de compoñente Oeste, con algún intervalo de moderado no Norte de A Coruña e Lugo. Temperaturas mínimas en lixeiro e moderado descenso; e máximas sen cambios significativos. (08/06/12)
Día dos océanos. // A Xunta mostra os medios de salvamento marítimo e de loita contra a contaminación. // Novagalicia Banco precisa 4.500 millóns de euros adicionais. // Un artefacto explotou de madrugada na sede do Partido Popular en Ribadumia. // Roupa vestida de revés por solidariedade. // Os alumnos de primaria do colexio da Mezquita crean unha ópera. (08/06/12)
A secretaria de Estado de Facenda asegura en Santiago que o Goberno decidirá sobre Novagalicia Banco cando teña unha cifra concreta sobre as súas necesidades.Marta Fernández Currás desmente que España vaia pedilo rescate bancario este sábado.Unanimidade no Parlamento Galego para pedila devolución da totalidade do diñeiro ós afectados polas preferentes.Estoura un artefacto caseiro na sede do PP en Ribadumia.O BNG pídelle á Xunta que rectifique e que garanta a gratuidade das accións de Salvamento.Preséntase un plan para minimiza-lo impacto da pesca nas tatarugas mariñas
- La sede se ubica en Ribadumia y ha sufrido pocos daños
- La explosión se ha producido a las cuatro de la madrugada
- Una familia que vive encima de la sede resulta ilesa
A policía intercepta na AP-9 media tonelada de cocaína. Hai oito detidos. // O Goberno galego comezou hoxe a tramitación dunha nova lei que pretende fomentar as investigacións que se traduzan en resultados produtivos. // O Concello de Ourense sacará a concurso a conversión do antigo cárcere nun hotel balneario dentro dun ano. // Xoves de Corpus, festa da Coca en Redondela. Os bailes tradicionais, das espadas e as penlas marcan a diferenza con outras localidades. // O concello pontevedrés de Sanxenxo terá 17 bandeiras azuis nos seus 36 km de costa. (07/06/12)
Chuvias xeneralizadas nas primeiras horas, que poden alcanzar intensidade puntualmente forte, pero a medida que avance a xornada serán máis illadas e ocasionais. Vento de compoñente Oeste, forte durante a madrugada no litoral e zonas altas do interior, tendendo a diminuír a súa intensidade co avance da mañá. Temperaturas mínimas sen cambios, mentres que os valores máximos terán un lixeiro descenso. (07/06/12)
A policía intercepta na AP-9 media tonelada de cocaína. Hai oito detidos. // O Goberno galego comeza a tramitación da nova lei de innovación. // O Concello de Ourense sacará a concurso a conversión do antigo cárcere nun hotel balneario. // Xoves de Corpus, festa da Coca en Redondela. // Sanxenxo terá 17 bandeiras azuis. (07/06/12)
Marcha pacífica dos traballadores da ría de Ferrol en demanda de carga de traballo. Operarios de Navantia cortan o acceso á cidade pola AP-9. Camións que transportaban madeira aparecen coas rodas picadas en Ferrolterra e na Mariña de Lugo.A Xunta da luz verde á Lei de Investigación e Innovación de Galicia.PSdG e sindicatos coinciden en que a solución ó problema da débeda pasa pola creación de emprego.Afectados polas participacións preferentes rexeitan a proposta do executivo galego de someterse a unha arbitraxe.Arsenio Iglesias e Míchel Salgado,entre os galardoados coas medallas Castelao 2012.Vilanova da Arousa acollerá este sábado o sorteo da Lotería Nacional, que poderán seguir en directo por Radio 5
Textos xornalísticos para comezar tres días de selectividade para dez mil estudantes en Galicia. // Quince barcos de Burela e algún doutros portos ultiman os preparativos para comezar a costeira do bonito. // Once granxas da cooperativa Feiraco reciben a máxima certificación de calidade e seguridade alimentaria no seu proceso produtivo. // Un 32 por cento dos galegos teñen hoxe máis de 65 anos, unha porcentaxe á que chegará o conxunto de España en 2050. // O ano pasado operaron nos hospitais galegos 290 transplantes grazas a xenerosidade de 90 doantes. (06/06/12)
Ceos parcialmente nubrados con chuvias débiles pola mañá no litoral atlántico, que de modo illado se poden estender ao interior pola tarde. Vento frouxo de compoñente Oeste, con intervalos de moderado no litoral da provincia de A Coruña pola tarde e algún intervalo forte durante a noite. Temperaturas sen cambios significativos. (06/06/12)
Comezan tres días de selectividade para dez mil estudantes en Galicia. // Ultiman os preparativos para a costeira do bonito. // Feiraco recibe a máxima certificación de calidade e seguridade alimentaria no seu proceso produtivo. // Un 32 por cento dos galegos teñen hoxe máis de 65 anos. // O ano pasado operaron nos hospitais galegos 290 transplantes. (06/06/12)
Máis de 10.000 estudantes galegos inician as probas de Selectividade con textos sobre o libro electrónico e a afección ó fútbol. Os veciños de Ponteareas temen que a folga na recollida de lixo ensobreza ás festas do Corpus.Armadores de Burela prevén capturar 1.700 toneladas de bonito na costeira, que arranca mañá.A Fundación Félix Rodríguez de la Fuente presenta en Galicia unha iniciativa para preserva-las razas gandeiras e variedades vexetais.O municipio de Bande decreta dous días de loito pola morte dun edil en accidente de tráfico. O concello de Santiago esíxelle 1.600 euros en taxas a dúas asociacións que promoven un ciclo de cine na rúa.
A paraxe galega declarada máis recentemente Monumento Natural acollía esta mañá o acto de celebración da Xunta do Día Mundial do Medio Ambiente. Trátase dunha montaña entre Quiroga e Folgoso do Courel, que ten 350 millóns de anos de antigüidade. //Os incendios e a proliferación de especies invasoras son os principais problemas medioambientais de Galicia, segun denuncia o colexio de Biólogos. A Xunta considera que a nova lei de Montes axudará a erradicalas mentres os ecoloxistas reclaman máis cambios legais.// En Vigo comenzou o xuizo contra unha nai que educa ao seu fillo de dez anos na casa. A fiscal pide unha pena de sete meses de multa por un delicto de abandono de familia.// Os hospitais galegos necesitan 40.000 doazóns de sangue para afrontar as necesidades do verán. A conselleira de sanidade fixo hoxe un chamamento aos cidadáns para que fagan este xesto altruista tamén nas vacacións, cando sobe a demanda polos accidentes de tráfico. (05/06/12)
Muda o tempo e notámolo xa dende primeira hora. Ceos grises con moitas nubes e con chuvias moi débiles que comezaban a caer sobre todo no litoral atlántico. Orballos como os que grababamos na Coruña que sorprendían a algúns. As temperaturas tamén han ser hoxe algo máis baixas, en torno os 22-23 graos. (05/06/12)
O último lugar que foi declarado Monumento Natural de Galicia acolleu hoxe o acto central de celebración do Día do Medio Ambiente. E unha montaña de Quiroga, en Lugo, que se formou hai 350 millóns de anos. // Comenza en Vigo o xuízo contra unha nai acusada de non escolarizar ó seu fillo. Ela di que o educa persoalmente na casa.// Sanidade fai un chamamento para conseguir ata 40.000 doazóns de sangue durante os meses de verán.// ¿Aficiones peligrosas¿ una novela inédita de Emilia Pardo Bazán, escrita cuando tenía solo 13 años. (05/06/12)
O director de Mobilidade da Xunta garante a viabilidade dos aeroportos de Santiago,Vigo e A Coruña.Miguel Rodríguez Bugarín propón fuxir de localismos e coordena-la oferta de voos.O sector ferroviario galego mobilízase en contra do plan de privatización de RENFE.Os sindicatos agrarios expoñen ó presidente da Xunta a súa proposta de establecer un prezo de referenza para o leite en orixe.Preséntase un libro sobre os "seis poemas galegos de Lorca"
A Rianxeira soará de novo en Primeira. Cinco anos despois o Celta dí adeus o inferno da Segunda División. Balaídos vivíu uha das súas noites máxicas e pasada a media noite, festa na Praza de América. //O Club Deportivo Lugo pode ocupar un dos ocos deixados na Segunda División por Celta e Deportivo, logo de gañarlle por tres goles a un ao Atlétic Balears. // O Presidente da Deputación de Ourense, Xosé Manuel Baltar, propón que os titulares destes organismos provinciais sexan elexidos directamente polos votantes e ampliar as súas competencias. //O mes de maio remata en Galicia con 1.036 parados menos que en abril. O descenso nótase sobre todo na construción, na industria e no colectivo das persoas sen un emprego anterior. // Nace unha plataforma tecnolóxica de investigación biomédica que desenvolverá patentes para novos medicamentos. (04/06/12)
O Celta dixo adeus á segunda división, cinco anos despois, cunha gran festa que sigue hoxe.// O Lugo podería tomar o relevo dos equipos galegos na Segunda División.//Xosé Manuel Baltar propón que os votantes elixan directamente ós presidentes das Deputacións provinciáis. //O paro descende en 1.000 persoas no mes de maio en Galicia.//Dos departamentos punteiros de Galicia presentan unha plataforma para investigar novos fármacos xenómicos. (04/06/12)