Comezamos semana con sol e temperaturas agradables, pero cara a tarde e mañá chegan cambios. As temperaturas máximas estarán comprendidas entre os 19 graos de Viveiro e Ribadeo e os 29 de Ourense. As mínimas oscilarán entre os 7 graos de Pedrafita e os 14 de A Coruña. Aumento progresivo na nubosidade e risco de chubascos que se intensificarán na xornada de mañá, sobre todo na costa. (04/06/12)
O desemprego baixou no mes de maio en Galicia,pero menos que o ano pasado.A Xunta admite que non se pode baixala garda,mentres que o PSdG salienta que o descenso é inferior á media estatal.O BNG di que é consecuencia dos recortes.O conselleiro de Industria realiza xestións en Bruxelas en relación co conflito das preferentes.O presidente da Deputación de Ourense,Manuel Baltar, propón a elección directa en urna dos entes provinciais.Arquivada a denuncia contra altos cargos da Xunta por inspeccións en sedes de Unions Agrarias.Catro vítimas mortais nas estradas galegas no que vai de mes.Os xogadores do Celta de Vigo celebran o ascenso a primeira cun percorrido en autobús convertible pola rúas céntricas da cidade
O primeiro fiscal delegado de Seguridade Vial para Galicia, Carlos Gil, é o protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-G. Carlos Gil advirte do repunte dos atropelos en cidade, sobre todo, nos pasos de peóns.
A interventora xeral da Xunta admite que Galicia pecgou o exercicio de 2011 a finais de setembro para cumprir co obxectivo de estabilidade.O deirector xeral de administración local, Norberto Uzal,advirte de que hai varios municipios preto da suspensión de pagamentos e con serias dificultades para prestar servizos ou pagar nóminas.Rapaces de varios colexios galegos convírtense en deputados por un día a partir da iniciativa "Os valores desde Aldeas Infantís"
Comeza xuño con calor, que mesmo levou a activar a alerta por altas temperaturas nalgunhas zonas de Ourense e sur de Lugo. // A liña de baixo custe de Iberia comeza a voar de Santiago a Madrid, en dúas frecuencias diarias. // Sete empresas tecnolóxicas galegas lideradas pola operadora de telecomunicacións R van poñer en marcha o Fogar Dixital Asistencial. // O Concello ourensán de Amoeiro, gobernado polo PSOE, reclámalle á Igrexa 4.300 euros en concepto de IBI por unha trintena de fincas da súa propiedade. // Vigo prepárase para celebrar o domingo a volta do Celta á Primeira. 01/06/12
Comeza xuño con calor, que mesmo levou a activar a alerta por altas temperaturas nalgunhas zonas de Ourense e sur de Lugo. // Iberia Express comeza a voar entre Santiago a Madrid. // Sete empresas tecnolóxicas galegas van poñer en marcha o Fogar Dixital Asistencial. // O Concello ourensán de Amoeiro reclámalle á Igrexa 4.300 euros en concepto de IBI. // Vigo prepárase para celebrar o ascenso do Celta. 01/06/12
A primeiras horas, intervalos de nubes medias e altas. Irán crecendo nubes de evolución que cara á tarde deixarán chuvascos de carácter localmente tormentoso, máis probables no interior. Vento frouxo de compoñente Leste no extremo Norte de Galicia e de dirección variable no resto. Temperaturas mínimas en moderado ascenso; mentres que as máximas non terán cambios significativos, polo que continuará a intensa sensación térmica de calor. 01/06/12
O presidente da Deputación de Ourense presenta un plan de axuste para aforrar 6 millóns de euros. O alcade de Os Blancos explicará ó pleno cómo pensa facer fronte á débeda do concello.O xuiz que dirixe o proceso concursal de Clesa da vinte días para pecha-la venda da factoría de Caldas.Doce persoas morreron nas estradas galegas en maio, unha máis que no 2011.Visto para sentenza o xuizo contra a coidadora dunha gardeiría viguesa acusada de intoxicar a varios bebés. Graffiteiros de toda España danse cita en Lugo, nunha nova edición do festival "Style Fitghers".Falamos co biólogo compostelán Jesús Agulla,gañador do Premio á Mellor Investigación Xoven Europea sobre o ictus.Vigo e toda Galicia confían en poder celebralo próximo domingo o ascenso do Celta
Alerta por altas temperaturas en Ourense e o sur de Lugo. // A Xunta aprobou hoxe o novo canon da auga. // Cada día morren en Galicia dez persoas por enfermidades vinculadas ao hábito de fumar. // A Universidade de Santiago é a institución que máis patentes xera en Galicia. // As empresas tecnolóxicas e as do sector audiovisual de Galicia alíanse. // Michael Nyman na Coruña. (31/05/12)
Ceos despexados, con algunhas nubes baixas no litoral cantábrico e con posibilidade de que crezan nubes de evolución diúrna no interior, con nubes de estancamento en A Mariña nas primeiras horas. Vento no terzo Norte do Nordés entre frouxo e moderado, con refachos fortes á tarde no litoral Norte de A Coruña. No resto, frouxo de dirección variable, con brisas nas Rías Baixas. Temperaturas en ascenso, lixeiro nas mínimas e entre moderado e notable nas máximas, agás en A Mariña, onde non teñen cambios significativos. (31/05/12)
Tempo de verán, e especialmente caloroso en Ourense e o sur de Lugo. Agárdase que as temperaturas superen hoxe en moito os trinta graos na capital das Burgas. // A Xunta aprobou hoxe o regulamento do canon da auga que igualará o recibo para todos os consumidores, vivan no concello que vivan. // Cada día morren en Galicia dez persoas por enfermidades vinculadas ao hábito de fumar. Hoxe é o día mundial sen Tabaco. // A Universidade de Santiago é a institución que máis patentes xera cada ano en Galicia, entre 25 e 30. // As empresas tecnolóxicas de Galicia e as do sector audiovisual alíanse para afrontar a súa internacionalización. // Michael Nyman na Coruña. (31/05/12)
O ministro de Economía recoñece que as participacións preferentes foron engano e o BNG pidelle que inste á fiscalía a actuar. O concello ourensán de Amoeiro é o primeiro en reclamar o pago da contribución urbana á Igrexa. O concello de Santiago aprobará hoxe unha nova taxa que afectará mesmo ás mesas informativas que ocupen un espazo público.
Radio Nacional de España e o concello de Vigo celebran un acto poético-musical de homenaxe a Valentín Paz Andrade. Despedimos o mes das Letras Galegas coa presentación dun CD con dous programas míticos de RNE adicados ó escritor e empresario vigués. O espectáculo que serve de marco á presentación do documento sonoro inclúe unha suite de oito poemas de Valentín Paz Andrade, musicados por Miguel Ladrón de Guevara. A interpretación corre a cargo de Lino Braxe, actor,escritor e director do proxeto,da actriz Rebeca Montero e de Sabela Paz Andrade,neta do autor homenaxeado. O acto, celebrado no Auditorio Municipal de Vigo, remata coa música de Guillerme Fernández e de Xabier Díaz, dous dos integrantes do grupo Berrogüeto
A crise provoca que os turistas gasten menos e estean menos tempo en Galicia. Non obstante, o atractivo da nosa comunidade atrae cada vez a máis visitantes. // O Congreso dos Deputados rexeita unha proposta do BNG encamiñada a que Novagalicia Banco se converta na entidade financeira pública da comunidade. // Os sindicatos e os grupos de goberno do Concello de Ourense e da Deputación pactan o recorte dos gastos de persoal para aforrar este ano máis de 800.000 euros. // A Factoría Naval de Marín pechará a partir do 1 de xuño se non recibe 9,2 millóns de euros. // Galicia xa conta cun invernadoiro preparado para a investigación con plantas transxénicas. // Maratón de lectura na Fundación Granell. 30/05/12
A crise provoca que os turistas gasten menos e estean menos tempo en Galicia. // O Congreso di non a que Novagalicia Banco se converta na entidade financeira pública da comunidade. // Concello de Ourense e Deputación pactan o recorte dos gastos de persoal. // A Factoría Naval de Marín pechará a partir do 1 de xuño se non recibe 9,2 millóns de euros. // Un invernadoiro preparado para a investigación con transxénicos. // Maratón de lectura na Fundación Granell. 30/05/12
Néboas e nubes baixas a primeiras horas que se irán disipando ao longo do día, agás no litoral norte, onde serán localmente persistentes. Ventos frouxos de dirección variable pola mañá, tomando despois compoñente norte e alcanzando intervalos de moderado no litoral oeste. As temperaturas ascenden agás no litoral norte. 30/05/12
Catro mil traballadores de Navantia entraron na sede da Xunta en Ferrol tras enfrontarse coa policía. Pachi Vázquez solicítalle ó Presidente da Xunta que pida perdón por enganar ós galegos co déficit. Unha inspectora da Xunta declara que gardería na que resultaron intoxicados nove nenos non tiña licenza.
Nos próximos seis anos está previsto investir no xacemento arqueolóxico de Santa Tegra, na Guarda, 19 millóns de euros, para convertelo en referente turístico. // A multinacional Nestlé amplía a súa fábrica de Pontecesures para aumentar un 50 por cento a súa produción e crear 22 novos empregos. // 110 institucións culturais e educativas defenden a creación dun dominio propio para Galicia en internet. O "puntoGal" aumentará a presenza e o prestixio da nosa lingua na rede. // Os pais dunha nena do concello ourensán de Castro Caldelas están a ser investigados pola xustiza por non enviala ao colexio. // A alimentación para os pacientes seguirá sendo gratis nos hospitais públicos de Galicia, aínda que a xestión do servizo sexa privada, segundo a Xunta. // O novo disco dos Cempés. 29/05/12
Plan director para o xacemento arqueolóxico de Santa Tegra. // Nestlé amplía a súa fábrica de Pontecesures e crea 22 novos empregos. // 110 institucións culturais e educativas defenden a creación dun dominio propio para Galicia en internet. // Os pais dunha nena de Castro Caldelas están a ser investigados por non enviala ao colexio. // A alimentación para os pacientes seguirá sendo gratis nos hospitais públicos de Galicia, segundo a Xunta. // Novo disco dos Cempés. 29/05/12
Intervalos de nubes e claros na provincia de A Coruña e o norte da de Lugo, que aumentarán co avance do día, coa posibilidade dalgunha chuvia illada. No resto da comunidade, ceos máis abertos aumentando a nebulosidade cara á tarde. Ventos frouxos, con predominio do oeste e do suroeste, alcanzando intervalos moderados na Costa da Morte. As temperaturas manteranse sen cambios significativos ou con algúns ascensos puntuais. 29/05/12