Néboas e ceos nubrados no litoral de Pontevedra e A Coruña, con algúns chuvascos ocasionais, mentres que nas provincias de Lugo e Ourense quedarán máis despexados. Vento frouxo de Oeste-sueste, con intervalos de moderado no Norte de Lugo e A Coruña. Temperaturas mínimas en moderado descenso; mentres que as máximas baixarán de forma entre moderada e notable. 28/06/12
Aumenta a presión sobre o copresidente de Novacaixagalicia,Julio Fernández Gayoso,para forzala súa demisión.Un vogal do Consello de Administración adiantou que pedirá a renuncia de Gayoso na xuntanza que se celebra hoxe en Vigo.A conselleira de Sanidade confirma que os pensionistas galegos non anticiparán o pagamento dos fármacos.Prisión provisional e sen fianza para os exnoivo da moza asasinada en Narón.Feijóo avogou por un galeguismo integrador no acto de entrega das medallas Castelao. Recibiron a distinción o ex-adestrador do Depor Arsenio Iglesias, e o que fora xogador do Celta, Michel Salgado. Tamén recibiron medallas Castaleo a exconselleiroa Manuela López Besteiro,o médico Federico Martinón e o maxistrado Román García Varela.
A Xunta anuncia que plantexará en xullo a comisión que investigue a fusión das caixas. // Protestas contra os recortes e o reagrupamento de alumnos. // Os lingüistas recomendan ver as series e películas en versión orixinal. // Últimos traballos da primeira fase da rehabilitación e consolidación do Castro de Baroña. // Moita calor, sobre todo no interior das provincias de Lugo e Ourense. // España-Portugal, a rivalidade futbolística na fronteira. 27/06/12
Ceos parcialmente nubrados con nubes de tipo medio e alto e nubes de evolución que poden deixar algún chuvasco illado no interior e que pola tarde serán máis numerosos sobre zonas altas de Ourense e Lugo, onde poden ir acompañados de tormentas. Vento frouxo de dirección variable pola mañá, con áreas de calma, e frouxo do Sueste pola tarde, con algúns intervalos de moderado nos arredores de Fisterra. Temperaturas mínimas en lixeiro ou moderado ascenso e máximas sen cambios significativos, agás no terzo Norte, onde ascenderán de modo moderado. 27/06/12
A Xunta proporá en xullo una comisión de investigación sobre a fusión das caixas.Feijóo adianta que os pensionistas non terán que adiantar máis de oito euros polos medicamentos.O Consello Interterritorial de Saúde analiza a proposta do Ministerio de retirar outros 450 fármacos do financiamento público.Unións Agrarias da vinte días á Xunta para dar unha solución á crise do sector lácteo.Visitamos Tui e Valenca e falamos cos seus alcaldes, que esta noite verán xuntos ó partido España-Portugal
- Una vez llegados al límite de 8 euros, no adelantarán más dinero
- El decreto obliga a seguir cobrando y luego reingresar el exceso
- Andalucía propone una medida similar a la de Galicia
Silencio no Parlamento galego..., e en Narón, para denunciar a violencia de xénero. O pleno do concello coruñés decretou un día de loito oficial en memoria da última das vítimas, unha moza de 28, veciña deste municipio. // Accidentada sesión plenaria no Parlamento galego. // Novagalicia Banco, ao nivel do bono lixo, tras a rebaixa da axencia Moody's. // Unha homenaxe ás vítimas da droga nun lugar que foi símbolo da prepotencia dos narcotraficantes. En Vilanova de Arousa, no pazo de Vista Real, que pertenceu ao clan dos Charlíns. // No concello ourensán de Leiro os termómetros poderían superar hoxe os 40 graos. // Multitudinaria celebración nas rúas de Lugo do ascenso de categoría do seu equipo de fútbol. 26/06/12
Silencio, para denunciar a violencia de xénero. // Accidentada sesión plenaria no Parlamento galego. // Novagalicia Banco, ao nivel do bono lixo. // Unha homenaxe ás vítimas da droga nun lugar que foi símbolo da prepotencia dos narcotraficantes. // No concello ourensán de Leiro os termómetros poderían superar hoxe os 40 graos. // Multitudinaria celebración do ascenso do Lugo. 26/06/12
Ceos pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes de tipo medio e alto entrando polo Sur e néboas costeiras matinais no Norte de Lugo e A Coruña; pola tarde crecerán nubes de evolución en zonas altas. Vento frouxo do Nordés no terzo Norte e frouxo variable no resto. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas en ascenso lixeiro ou moderado, podendo alcanzar valores por enriba dos 34 graos en localidades costeiras e dos 36 no interior. 26/06/12
O Parlamento aproba as Leis de Montes e de Vivenda, só cos votos do PP. A presidenta da cámara suspende o pleno durante media hora por unha protesta do BNG. Detido o exnoivo da moza asasinada en Narón.Traballadores de Navantia e das industrias auxiliares concéntranse na ponte das Pías.Os hostaleiros alertan das perdas que o incremento do IVE suporía ó sector. Vilariño de Conso busca novos veciños con nenos para evitalo peche do colexio. A Xunta ofrece unha recepción ó clube deportivo Lugo tralo ascenso á segunda división do fútbol español
- Por un posible delito de administración desleal o de apropiación indebida
- Considera que los gestores "no tenían derecho" a cobrar estas prejubilaciones
- La Fiscalía solicita que cuatro de ellos devuelvan 7,87 millones de euros
A multinacional da roupa Inditex amplía as instalacións que ten na Coruña para continuar coa súa expansión mundial. // Expertos e representantes de institucións debaten sobre a cooperación territoral como ferramenta para o futuro da Unión Europea. // Os expertos internacionais en economía enerxética propoñen cambios fiscais que penalicen ás construccións e aos edificios menos sostibles. // Seis bidóns con 1200 litros dun ácido tóxico levan tres semanas á intemperie nas antigas instalacións dunha empresa areeira de Sarreaus, en Ourense. // Ata os penaltis tivo que sufrir o Lugo para lograr o ascenso á división de prata do fútbol español. 25/06/12
Inditex amplía as instalacións que ten na Coruña para continuar coa súa expansión. // Debate sobre a cooperación territoral como ferramenta para o futuro da Unión Europea. // Piden cambios fiscais que penalicen ás construccións menos sostibles. // Seis bidóns con 1200 litros dun ácido tóxico levan tres semanas á intemperie nas antigas instalacións dunha empresa areeira. // Ata os penaltis tivo que sufrir o Lugo para lograr o ascenso. 25/06/12
Día de sol, agás no litoral norte, onde haberá brumas costeiras e intervalos de nubes. Pola tarde crecerán nubes de evolución en zonas altas de Ourense e Lugo. Temperaturas en ascenso tanto as mínimas como as máximas. Ventos frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderados nas Rías Baixas. 25/06/12
Feijóo anuncia que Galicia manterá dúas terceiras partes dos fondos estructurais da UE,pese ó recorte presupostario.A Fiscalía Anticorrupción actúa contra cinco ex-directivos de Novacaixagalicia polas prexubilacións.UXT denuncia que a Xunta recorta nun 30% o dispositivo contra o lume.O PSdeG-SPOE expedienta a Carmela Silva e deixa en mans de Rubalcaba a decisión sobre o seu futuro político.Pais de alumnos de Samos e O Incio protestan contra o agrupamento de nenos de distintas idades.
O secretario xeral do PSdeGa-PSOE,Pachi Vázquez, é o noso convidado na "entrevista do domingo" de RNE-G. Vázquez fala dunha "confrontación clara" entre a Xunta e o Goberno central en relación coas datas de chegada do AVE a Galicia. O líder dos socialistas galegos asegura, ademais, que a convocatoria de primarias para elixir candidato á Xunta terá lugar o 21 de xullo, e que se celebrarán en setembro
La Cidade da Cultura de Santiago, una obra del arquitecto norteamericano Peter Eisenman, una primera gran exposición en la que, a través de la piedra, se resume la historia del noroeste de la península.
O grupo popular volve impedir que se debata no vindeiro pleno a petición de creación dunha comisión de investigación sobre as caixas.O portavoz do grupo maioritario,Pedro Puy, tamén nega que traballen coa previsión dun posible adianto electoral en Galicia. Os socialistas rexistran na Cámara a petición de que o Parlamento recorra ante o Constitucional os reais decretos de medidas urxentes en Sanidade e Educación
A Xunta busca unha maior rendibilidade para a Cidade da Cultura e reducir á metade o que lle costa á administración autonómica. // Poucas e caras. O quilo de sardiñas vendíase esta mañá nalgunhas lonxas a máis de dez euros. // Parte de Vigo o buque o oceanográfico Sarmiento de Gamboa para estudar os efectos do cambio climático en Groenlandia e o Mar do Norte. // A orquesta Sinfónica de Galicia interpreta a banda sonora da última película de Daniel Calparsoro. // O Lugo viaxa mañá a Cádiz para disputar a última eliminatoria polo Ascenso a Segunda A. (22/06/12)
As nubes irán diminuíndo conforme pasen as horas para quedar pola tarde co ceo despexado, só con nubes de estancamento que se irán formando no Norte da provincia de Lugo. Vento de compoñente Oeste frouxo pola mañá virando a compoñente Norte á tarde, con intervalos moderados nas Rías Baixas. Temperaturas mínimas en descenso entre lixeiro e moderado e máximas sen cambios ou en lixeiro ascenso. (22/06/12)