Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O sector hostaleiro reúnese co presidente da Xunta para manifestarlle a súa preocupación pola escaseza de reservas, ás portas do verán.A interventora xeral da Xunta admite que o exercicio se pechou a 31 de setembro, para garantila estabilidade orzamentaria.CCOO convoca concentracións en varios concellos en defensa das administracións públicas.Nestlé crea 22 novos empregos nas novas instalacións de Pontecesures. O dominio PuntoGal podería ser unha realidade no prazo dun ano.Agustín Fernández Paz rende homenaxe a Lovecraft con "As Fronteiras do Medo".

O gol de Xisco, o 2 a 1, devolve o Deportivo á Primeira e pon en marcha unha agardada celebración na Coruña. // A finais deste ano entrará en servizo en Negreira a plataforma loxística do Sergas, unha nave que vai almacenar e distribuír os 45mil produtos que utilizan os hospitais e centros de saúde galegos. // Os partidos da oposición aseguran que a Xunta querer dar entrada aos negocios privados na sanidade pública. // Xuízo en Vigo a unha das coidadoras dunha gardería, acusada de darlle tranquilizantes a varios bebés. A fiscalía pide para ela 14 anos de cadea. // Na Coruña o cantautor cordobés, Mario díaz, acompañado dunha interprete en lingua de signos, Iria Márquez, conseguiu que o público que non oe poida entender a letra e o ritmo. 28/05/12

O gol de Xisco, o 2 a 1, devolve o Deportivo á Primeira. // A finais deste ano entrará en servizo en Negreira a plataforma loxística do Sergas. // Os partidos da oposición aseguran que a Xunta querer dar entrada aos negocios privados na sanidade pública. // Xuízo en Vigo a unha das coidadoras dunha gardería, acusada de darlle tranquilizantes a varios bebés. // Música para xordos na Coruña. 28/05/12

O día comeza con néboas no interior, posibles brumas na costa e algún orballo disperso no extremo oeste, mentres que o ceo quedará o resto do día parcialmente cuberto por intervalos de nubes de tipo medio e alto. Temperaturas mínimas sen cambios, pero as máximas ascenden de forma moderada no interior. Ventos frouxos de dirección variable, con brisas no litoral. 28/05/12

A coidadora acusada de intoxicar a nove bebés dunha gardería de Vigo nega terlles subministrado tranquilizantes. Os afectados polas participacións preferentes ocuparon unha das oficinas que NGB reabriu hoxe en Moaña. Adega nega que a acuicultura sexa a solución contra a explotación pesqueira dos océanos. O autobús do Deportivo volverá a percorrer hoxe as rúas pra rematar cunha recepción no concello.

La entidad financiera BBVA ha puesto en marcha un programa de prácticas formativas, un programa de voluntariado, que constituye la primera experiencia en la comunidad gallega en la que personas con discapacidad intelectual o síndrome de Down tienen la oportunidad de desarrollar una actividad formativa en las oficinas de un banco.

O ex-ministro de Justicia e deputado socialista Francisco Caamaño é o protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-Galicia. Caamaño anuncia que renunciará ó posto que ocupa na executiva galega, se o próximo 2 de xuño sae elixido secretario provincial do partido en A Coruña

Alberto Núñez Feijóo anuncia que xa se remitiu a Bruxelas unha proposta alternativa ó tax-lease e augura boas noticias para o sector naval galego. O socialista pachi Vázquez acusa ó presidente galego de trampear as contas públicas para cadrar o déficit, pechando o exercicio en setembro. Pasa o debate de totalidade o proxeto de lei de vivenda. José Julio Fernández asume de xeito interino o posto de Valedor do pobo respaldado polos grupos do PP e do PSdGa-PSOE

O sector naval recibe con esperanza, pero tamén con cautela, os últimos anuncios de contratación de buques nos estaleiros galegos. // O presidente da Xunta di, nunha entrevista en Rne, que a economía mellorará a comezos de 2013 froito das medidas tomadas polo Goberno central. // O conselleiro de Economía e os responsables de Novagalicia Banco defenden a continuación da entidade financeira en solitario. // Allariz ofrecerá este verán a posibilidade de degustar carne de boi de calidade preparada de 11 maneiras diferentes. // Teatro no cárcere. Un grupo de internos do centro penitenciario de Teixeiro estrea hoxe unha obra que fala deles mesmos e da liberdade. // Exposición antolóxica de Virxilio en Ourense. 25/05/12

Nubes de evolución diúrna con chuvascos no interior, ocasionalmente fortes e acompañados de aparato eléctrico, especialmente na metade Leste. Vento frouxo de compoñente Oeste, con algúns intervalos moderados no litoral. Temperaturas mínimas sen cambios significativos ou en lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un descenso moderado, localmente notable. 25/05/12

O sector naval recibe con esperanza, pero tamén con cautela, os anuncios de contratación nos estaleiros galegos. // O presidente da Xunta di que a economía mellorará a comezos de 2013. // O conselleiro de Economía e os responsables de Novagalicia Banco defenden a continuación da entidade financeira en solitario. // Allariz ofrecerá carne de boi preparada de 11 maneiras. // Teatro no cárcere de Teixeiro. // Exposición antolóxica de Virxilio. 25/05/12

O Presidente da Xunta anuncia en RNE que no outono os estaleiros galegos xa poderían estar construindo barcos para PEMEX.Pachi Vázquez quere estuda-la letra pequena do acordo asinado coa petroleira mexicana.O BNG califícao o de boa noticia, pero di que non resolve os problemas do naval galego.Empresarios e sindicatos da ría de Vigo amósanse esperanzados,mentres que os traballadores de Navantia acollen a noticia con escepticismo. Acerca da posibilidade dunha banca pública que inclúa a Novagalicia Banco, Feijóo dixo en RNE que calquera cousa antes que a poxa.O Concello de Vigo e Radio Nacional de España en Galicia celebrarán o próximo xoves un acto poético-musical en homenaxe a Valentín Paz Andrade

"Lo lógico es que si se amplía el capital de Bankia se haga lo mismo con Novagalicia". El presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, aboga de esta manera por una amplicación de capital en esa caja tras conocerse que Bankia pedirá al Estado más de 15.000 euros para sanearse. Además, califica como "la solución menos mala" la propuesta del Gobierno de crear un banco público con las entidades en manos del Estado (Bankia, Novagalicia y CatalunyaCaixa) y critica al anterior Gobierno por no acometer la reforma del sistema financiero (25/05/12).

"Lo lógico es que si se amplía el capital de Bankia se haga lo mismo con Novagalicia". El presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, aboga de esta manera por una amplicación de capital en esa caja tras conocerse que Bankia pedirá al Estado más de 15.000 euros para sanearse. Además, califica como "la solución menos mala" la propuesta del Gobierno de crear un banco público con las entidades en manos del Estado (Bankia, Novagalicia y CatalunyaCaixa) y critica al anterior Gobierno por no acometer la reforma del sistema financiero (25/05/12).

Os estaleiros galegos van construír 14 remolcadores para a petroleira pública de México e queda aberta a posibilidade de que fagan tamén un buque-hotel flotante para os empregados da compañía. // Os estaleiros ven con satisfacción a proposta de bonificación fiscal que o goberno español lle enviou á Unión Europea. // Representantes dos traballadores e afectados polas participacións preferentes manifestaron hoxe a súa preocupación polo futuro de NovaGalicia Banco. // O Deportivo ten o ascenso ao alcance tras vencer onte no último minuto do partido ao Nástic, e o Celta protagoniza outra goleada cun xogador menos e tras comezar perdendo. // Festival de Cans: Comeza no Porriño o concurso de curtametraxes máis singular. 24/05/12

Ceos pouco nubrados, con nubes de evolución diúrna en zonas montañosas do interior. Vento frouxo de dirección variable en xeral, con réxime de brisas nas Rías Baixas. Pola tarde, frouxo de compoñente Norte no terzo Norte, con intervalos de moderado arredor de Bares. Temperaturas mínimas sen cambios significativos ou en lixeiro ascenso, mentres que as máximas continúan subindo de modo entre lixeiro e moderado. 24/05/12

Os estaleiros galegos van construír 14 remolcadores para a compañía petroleira pública de México. // Os estaleiros ven con satisfacción a proposta de bonificación fiscal. // Preocupación polo futuro de NovaGalicia Banco. // O Deportivo vence no último minuto e o Celta protagoniza outra goleada. // Festival de Cans, en O Porriño. 24/05/12