Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

147 concellos do interior das catro provincias galegas están en alerta amarela por altas temperaturas dende as doce do mediodía. Nos de Ourense os termómetros poderían superar os 36 graos e mesmo chegar aos 38. // A multinacional de orixe galega Inditex non sabe o que é a crise. Hoxe celebra xunta xeral de accionistas na Coruña poñendo sobre a mesa uns beneficios de case 2.000 millóns de euros durante o ano pasado. // Varias ONGs internacionais pídenlle á Xunta que NON aplique en Galicia a reforma sanitaria aprobada polo Goberno central. Calculan que unhas 20.000 persoas quedarían excluídas da sanidade pública galega. (17/07/12)

Ceo despexado e altas temperaturas, movéndonos de xeito xeneralizado entre os 30 e os 35º, e superando este último valor nalgunhas zonas do interior. Ventos frouxos de dirección variable, predominando o norte e nordés no litoral norte, con intervalos moderados na zona de Bares. (17/07/12)

147 concellos do interior das catro provincias galegas están en alerta amarela por altas temperaturas dende as doce do mediodía. // A multinacional de orixe galega Inditex non sabe o que é a crise. Hoxe celebra xunta xeral de accionistas na Coruña. // Varias ONGs internacionais pídenlle á Xunta que NON aplique en Galicia a reforma sanitaria aprobada polo Goberno central. (17/07/12)

Comeza un novo xuizo por branqueo de cartos contra Oubiña o mesmo día que abandona o cárcere. Críticas do sector eólico á imposición de novas taxas. Unidade sindical ante os últimos recortes do Goberno. Á Xunta parécenlle inaceptables os atascos de coches nas peaxes da autopista.

Novagalicia Banco non vai recorrer a sentenza que lle obriga a devolver os cartos a un cliente ao que lle venderon participacións preferentes sen avisalo dos riscos deste produto financeiro. // O alcalde independente dos Blancos solicita á Xunta que asuma os servizos básicos que presta o municipio porque o concello non ten cartos para custealos. // Máis de mil quilos de pólvora para iluminar a noite na ría de Vigo. É o xa tradicional espectáculo pirotécnico das festas de Bouzas, que seguiron esta noite pasada decenas de milleiros de persoas na vila mariñeira. (16/07/12)

Ceos pouco anubrados ou despexados, en xeral e intervalos de nubes baixas no extremo norte durante a mañá. Temperaturas en ascenso, deixando sensación de calor pola tarde. Ventos de compoñente norte, con algúns intervalos de moderado no litoral da Coruña. (16/07/12)

Adicae considera un paso adiante a primeira sentenza sobre as participación preferentes. NGB non vai presentr recurso. O PSdeG-PSOE cifra en 1.600 millóns o custe para Galicia dos recurtes do Goberno; o BNG pide un referendo.

A oposición parlamentaria pide a comparecencia de Núñez Feijóo na Cámara pra explica-la situación de Galicia tra-los últimos recortes do Goberno. O PP rexeita a convocatoria do pleno extraordinario que pedían os socialistas.

Protestas dos empregados públicos contra as medidas de redución de gasto postas en marcha polo Goberno. Esta mañá concentráronse diante dos seus centros de traballo. // Preocupación dos comerciantes polo descenso no consumo que pode provocar a suba do IVE e o recorte salarial dos funcionarios. // Galicia Caníbal. Estrea en Vigo da última produción de Antón Reixa, que revive a través da música a efervescencia cultural e social da cidade nos anos oitenta. 13/07/12

Ceos nubrados e chuvias localmente moderadas. A medida que avance o día tenderán a remitir e abriranse claros polo noroeste. Vento do sueste, forte no litoral norte e moderado no resto. Temperaturas mínimas en ascenso entre lixeiro e moderado, e máximas en descenso, agás no litoral norte. 13/07/12

Protestas dos empregados públicos contra as medidas de redución de gasto postas en marcha polo Goberno. // Preocupación dos comerciantes polo descenso no consumo que pode provocar a suba do IVE. // Galicia Caníbal. Estrea en Vigo da última produción de Antón Reixa. 13/07/12

Críticas da oposición o voto afirmativo da Xunta no CPFF. O PP afirma que foi unha posición de responsabilidade. BNG e PSOE acusa da Feijóo de fuxir a Latinoamérica pra non abordar os problemas de Galicia. Seguen as protestas dos funcionarios. Celta e Deportivo seguen presentando novas incorporacións.

Os principais directivos de Novagalicia Banco piden desculpas polos erros cometidos na xestión dos seus antecesores. Polas preferentes, as indemnizacións millonarias a ex directivos e algúns investimentos, din, pouco prudentes. // Primeiras protestas dos empregados públicos contra os novos recortes dos seus salarios e dereitos laborais. Os sindicatos preparan mobilizacións xerais para o próximo xoves. // Tamén preocupado polos efectos da suba do IVE e a caída do consumo está o sector turístico. A mediados de xullo a ocupación hoteleira é inferior ao 50 por cento, e as perspectivas para o resto do verán son máis pesimistas que o ano pasado. 12/07/12

Ceos anubrados, con probables precipitacións débiles e dispersas no terzo Norte, abríndose claros durante a tarde, principalmente no litoral atlántico. Ventos frouxos de compoñente Norte, moderados pola tarde nas Rías Baixas.

Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro descenso. 12/07/12

Os principais directivos de Novagalicia Banco piden desculpas polos erros cometidos na xestión dos seus antecesores. // Primeiras protestas dos empregados públicos contra os novos recortes dos seus salarios e dereitos laborais. // Tamén preocupado polos efectos da suba do IVE e a caída do consumo está o sector turístico. 12/07/12