Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Progresivo aumento das nubes de oeste a este, con chuvias que comezarán polo litoral atlántico e se irán estendendo ao interior ao avanzar a tarde. Temperaturas mínimas sen cambios e máximas en lixeiro ou moderado descenso. Ventos do sur e suroeste, moderados no litoral, con intervalos fortes en Bares e Fisterra, e frouxos no resto, con intervalos moderados no interior da metade norte. 01/08/12

A Xunta imponse un límite de 8.481 millóns de euros no seu gasto do ano que vén. // Comezan hoxe as patrullas do exército nos montes de Galicia para a prevención de incendios forestais. // Mellor as ovellas que as desbrozadoras ou os herbicidas, para manter limpas as explotacións forestais. É o resultado dunha investigación da Escola Politécnica de Lugo. 01/08/12

A Xunta imponse un límite de 8.481 millóns de euros no seu gasto do ano que vén. Con esta cifra, que vai condicionar os próximos orzamentos autonómicos, o goberno galego busca conter o déficit para cumprir o tope do 0,7 por cento marcado polo executivo central para 2013. // Comezan hoxe as patrullas do exército nos montes de Galicia para a prevención de incendios forestais. Van estar no monte ata outubro 25 patrullas, que se poden triplicar se é necesario. // Mellor as ovellas que as desbrozadoras ou os herbicidas, para manter limpas as explotacións forestais. É o resultado dunha investigación da Escola Politécnica de Lugo. // Hoxe comeza en Cambados a edición número sesenta da Festa do Albariño coa actuación estelar de Julio Iglesias na praza de Fefiñáns. 01/08/12

En un pueblo de Lugo llamado Doncos, los vecinos se turnan cada día para dar cuerda al reloj que hay en el campanario de su iglesia. No quieren dejar que se pare porque es un reloj con historia. Hace cien años a los habitantes de Doncos les dieron a elegir y prefirieron el reloj a tener abastecimiento de agua.

Galicia non poderá gastar máis de 8.481 millóns de euros en 2013, segundo acordou o Consello da Xunta. O PSdeG-PSOE acusa o PP de empregar o Parlamento para facer propaganda. O BNG cualifica de farsa a proposta pra reducir o 20 por cento de deputados. Cambados abre a festa do Albariño coa actuación de Julio Iglesias.

Novagalicia Banco rexeita de novo devolver, pola vía da conciliación xudicial, os cartos a clientes con participacións preferentes. // Alberto Núñez Feijóo asegura que Galicia será a primeira comunidade en fixar o límite de gasto para o próximo ano e que cumprirá co obxectivo do déficit. // Case a metade dos delitos cualificados polos fiscais de Galicia son por infraccións de tráfico e, na súa maioría, por conducir baixo os efectos do alcol. // Milleiros de persoas volveron manifestarse onte á tarde en defensa dos servizos públicos. // A partir de mañá queda cortada ó tráfico a ponte romana de Lugo polo comezo das obras de rehabilitación. 31/07/12

Intervalos nubrados na costa e ceos máis despexados no resto. Bancos de néboa matinais en zonas do interior, sobre todo na provincia de Lugo, e brumas no litoral atlántico, localmente persistentes. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso, mentres que as máximas sofren un lixeiro descenso ou moderado, máis acusado no litoral oeste. Ventos frouxos e variables pola mañá, e de compoñente oeste durante a tarde. 31/07/12

Novagalicia Banco rexeita de novo devolver, pola vía da conciliación xudicial, os cartos a clientes con participacións preferentes. // Alberto Núñez Feijóo asegura que Galicia cumprirá co obxectivo do déficit. // Case a metade dos delitos cualificados polos fiscais de Galicia son por infraccións de tráfico e, na súa maioría, por conducir baixo os efectos do alcol. 31/07/12

Afectados polas preferentes manifestáronse ante o Instituto Galego de Consumo. Carlos Varela pide sensibilidade ós xuices para que non haxa demora na resolución das demandas xudiciais. O xoves haberá outros dous plenos extraordinarios do Parlamento galego. O Deportivo incorpora, cedidos, a outros dous xogadores portugueses.

El laboratorio de genética forense de la Universidad de Santiago de Compostela es un referente mundial en investigación. El FBI y Scoltland Yard han pedido su ayuda para resolver algunos crímenes porque llevan años aplicando las técnicas más novedosas para el análisis del ADN.

Cumio de apoio dos líderes autonómicos do PP ás políticas de austeridade do Goberno de Mariano Rajoy. // O presidente Alberto Núñez Feijóo asina co ministro de Asuntos exteriores o convenio do traslado das oficinas da Xunta no estranxeiro ás embaixadas. // Os condutores buscan alternativas á autoestrada. Coa suba das peaxes e os carburantes, viaxar entre Vigo e A Coruña costa hoxe case trinta euros. Moitos están volvendo á estrada nacional ou ó transporte público. // Francisco Cao, un canteiro da Estrada de 76 anos, con máis de 60 de oficio, gaña o concurso de talla de lousas ao xeito tradicional celebrado esta fin de semana na praza do Obradoiro de Santiago. 30/07/12

Cumio de apoio dos líderes autonómicos do PP ás políticas de austeridade do Goberno de Mariano Rajoy. // Os condutores buscan alternativas á autoestrada. Coa suba das peaxes e os carburantes, viaxar entre Vigo e A Coruña costa hoxe case trinta euros. // Francisco Cao, un canteiro da Estrada de 76 anos, gaña o concurso de talla de lousas ao xeito tradicional celebrado en Santiago. 30/07/12

Ceos pouco anubrados ou despexados agás no litoral norte, onde haberá algunhas nubes baixas. Temperaturas mínimas sen cambios significativos e as máximas ascenderán de forma entre lixeira e moderada. Ventos de compoñente norte, frouxos en xeral e moderados nas Rías Baixas. 30/07/12

Paso adiante no plan de viabilidade de Barreras. A Xunta pide un pleno extraordinario do Parlamento para aprobar o teito de gasto para 2013. O PSdeG quere que Núñez Feijóo compareza na Cámara galega tra-la importante aumento do paro.

O paro subiu en 10.300 persoas no segundo trimestre do ano. O PP pide un pleno extraordinario para aprobar unha comisión de investigación sobre a fusión das caixas. Unha operación permite desartellar unha organización que defraudou 10 millóns de euros co contrabando de tabaco.

Nova marca histórica nas cifras do paro. 10.300 persoas máis quedaron sen emprego en Galicia nos últimos tres meses, segundo a enquisa de poboación activa, co que son xa case 276.000 os parados na comunidade. // Inaugúrase en Vilalba unha nova factoría e centro de investigación do grupo Norvento. Vai construír aquí un novo modelo de aeroxenerador de tamaño medio destinado a producir enerxía no mesmo lugar no que se consume. // 23 detidos en Galicia dunha rede dedicada ao contrabando de tabaco desde Andorra. // Os 24 buques conxeladores galegos que capturan polbo en augas de Mauritania quedan excluídos do novo acordo pesqueiro asinado entre a Unión Europea e o país africano. 27/07/12

Alternancia de nubes e claros en xeral, con nubes de evolución e chuvascos tormentosos máis probables nas zonas altas da metade sur. Temperaturas en descenso entre lixeiro e moderado, especialmente as máximas. Ventos frouxos do norte aumentando pola tarde a moderados no litoral oeste, con intervalos fortes nos arredores de Fisterra. 27/07/12