Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O escritor e xornalista Manuel Rivas presenta en RNE-Galicia "As voces baixas", o seu último traballo, que ainda non está nas librarías.O autor coruñés indica que se trata dun "libro da memoria.Non de memorias senon de murmurios".

Un incendio destrúe parte dunha fábrica de Conservas Antonio Alonso, en Bueu, en Pontevedra. // Mariñeiros e armadores piden a anulación do convenio pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania, que expulsa dese caladoiro a 24 buques conxeladores do Morrazo. Preocupación tamén na flota galega do cerco, polo repentino peche da pesca do xurelo no Cantábrico. // O sector das funerarias, cunhas catrocentas empresas en toda Galicia, acolle negativamente á suba do IVE que pasa do tipo reducido ó xeral neste tipo de empresas. // Volve a Liga. En Primeira, o Celta estrea a temporada mañá en Balaídos fronte ao Málaga, e ao Deportivo tócalle o luns xogar contra o Osasuna, tamén na casa. O Lugo recibe mañá no Anxo Carro ao Hércules. 17/08/12

Ceos pouco anubrados ou despexados, con algunhas nubes de tipo alto entrando polo noroeste. Durante o día irán entrando brumas costeiras no litoral oeste. Temperaturas en ascenso. Ventos frouxos de compoñente sur, con intervalos moderados no litoral da Coruña e refachos fortes en cabo Vilán. 17/08/12

Un incendio destrúe parte dunha fábrica de Conservas Antonio Alonso, en Bueu, en Pontevedra. // Mariñeiros e armadores piden a anulación do convenio pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania. Preocupación tamén na flota do cerco, polo repentino peche da pesca do xurelo no Cantábrico. // Volve a Liga. En Primeira, o Celta estrea a temporada mañá en Balaídos fronte ao Málaga, e ao Deportivo tócalle o luns xogar contra o Osasuna, tamén na casa. 17/08/12

O estaleiro vigués MetalShips pecha un contrato por 100 millóns cunha navieira norteamericana.Un incendio destrúe parte da conserveira de Bueu que fabrica a marca "Palacio del Carmen".Mariñeiros e armadores da flota cefalopodeira esixen a renegociación do acordo pesqueiro entre a UE e Mauritania.Un neno de tres anos morre atropelado nun paso de peóns en Lugo.Afectados polas preferentes conseguen pechar varias oficinas de Novagalicia Banco.O Celta abre mañá a tempada de Liga, de novo na Primeira División

Hacer el camino de Santiago está de moda, sobre todo entre los extranjeros. En los últimos seis días, Santiago de Compostela ha recibido cerca de 12.000 peregrinos, un tercio de todos los que llegaron en el mes de julio.

Marca histórica de peregrinos en Santiago. No que vai de mes obtiveron a Compostela, o certificado de ter feito o Camiño, máis de vinte mil persoas. Esta cifra supera á do mesmo período do mes de xullo e mesmo á rexistrada en agosto en algún ano xacobeo. // En Vigo, Santiago, Betanzos, Vilagarcía e en moitas máis localidades celébrase hoxe o San Roque, un dos santos de máis tradición en Galicia. Na vila de Arousa, ademais, fan a festa mollándose. // Pasan a disposición xudicial os catro detidos en Galicia na operación 'Espartana', na que se interceptou un alixo de tres toneladas de cocaína que ía ser descargado na Costa da Morte. // Nova tenda para a promoción conxunta da artesanía galega e a arte rupestre no museo arqueolóxico de Campo Lameiro. 16/08/12

Intervalos de nubes de tipo medio e alto, agás no oeste e no sueste da Coruña, onde haberá nubes baixas e posibilidade dalgunha precipitación dispersa, especialmente durante a mañá. Temperaturas mínimas sen cambios significativos ou con algún descenso puntual no interior, mentres que as máximas ascenden lixeiramente. Ventos de compoñente sur, moderados no litoral, con intervalos fortes na costa da Coruña, e de frouxos a moderados no interior. 16/08/12

Marca histórica de peregrinos en Santiago. No que vai de mes obtiveron a Compostela, o certificado de ter feito o Camiño, máis de vinte mil persoas. // En Vigo, Santiago, Betanzos, Vilagarcía e en moitas máis localidades celébrase hoxe o San Roque, un dos santos de máis tradición en Galicia. // Pasan a disposición xudicial os catro detidos en Galicia na operación 'Espartana'. // Nova tenda para a promoción da artesanía galega e a arte rupestre no museo de Campo Lameiro. 16/08/12

A flota de cerco acolle con preocupación a prohibición de pescar xurel a partir da medianoite.Declaran en Corcubión os detidos polo alixo de cocaína.Terceiro falecido por accidente laboral en Galicia esta semana.Afectados polas preferentes desconfían dos plans do goberno sobre a quita que Bruxelas plantexa para os titulares deste produto bancario.Tres de cada catro galegos que perciben prestacións por desemprego veranse afectados polos recortes aprobados polo goberno.Falamos co actor galego Nancho Novo, que presenta en A Coruña a súa segunda novela "Despertar"

Dous homes morreron en Carral e na Cañiza en accidente laboral. A CIG denuncia por posible prevaricación á consellería de Medio rural. O alcalde de Vigo convocará a reunión pra constituir a área metropolitana de Vigo pero non confirma se asistirá.

Interceptado un barco búlgaro con 3 toneladas de cocaína con destino a Galicia. As asociacións contra a droga agardan que se evite a recuperación deste negocio ilegal. A fiscalía de Pontevedra está chamando a empregados de NCG pola fraude das preferentes

Triunfal recibimento aos seis deportistas galegos que obtiveron medalla e diploma olímpico nos Xogos de Londres. Centos de seguidores desprazáronse a Vigo, A Coruña ou Cangas do Morrazo para ver e saudar ós campións. // Cambio de tempo en Galicia a mediados de agosto, que deixa as praias baleiras e anima as visitas comerciais e gastronómicas ás cidades. // A Xunta da por extinguido o incendio forestal que queimou tres vivendas e unas 1.600 hectáreas de monte en Valdeorras. A CIG denuncia a adxudicación a dedo dun contrato de 6,6 millóns de euros do plan de loita contra os incendios. // En Carral, na Coruña, morre un home nunha explosión dunha bombona de nitróxeno cando revisaba as neveiras dun restaurante. 14/08/12

Triunfal recibimento aos seis deportistas galegos que obtiveron medalla e diploma olímpico nos Xogos de Londres. // Cambio de tempo en Galicia a mediados de agosto, que deixa as praias baleiras e anima as visitas ás cidades. // A CIG denuncia a adxudicación a dedo dun contrato de 6,6 millóns de euros do plan de loita contra os incendios. 14/08/12

Ceos anubrados, con precipitacións intermitentes, localmente moderadas e ocasionalmente acompañadas de tormentas, menos probables durante o día no noroeste e xeneralizadas a medida que se achegue e avance a noite. Temperaturas sen cambios significativos. Ventos de compoñente sur, moderado no litoral atlántico durante o día e entre frouxo e moderado no resto. Cara á noite e a madrugada do mércores, os ventos no litoral incrementaranse ata alcanzar intervalos de fortes a moi fortes. 14/08/12

Agárdase que nas próximas horas quede extinguido o incendio que durante a fin de semana queimou máis de 1.500 hectáreas de monte no Barco de Valdeorras e obrigou a desaloxar a uns 200 veciños. Varios deles perderon as súas vivendas. // Na loita contra o lume tamén participa o Exército. 23 patrullas militares controlan os montes galegos para disuadir aos incendiarios. // Dous galegos e tres galegas regresan hoxe de Londres con medallas olímpicas ao pescozo. Os deportistas de Galicia superaron en Londres a marca xa importante de trofeos logrados en Pekín. // Comeza esta semana de agosto con ceos grises e algo de chuvia, un cambio de tempo moi apreciable xa pola mañá no litoral atlántico que se vai estender nas próximas horas a todo o país. 13/08/12

Néboas no interior e intervalos de ceo anubrado, con aumento das nubes de oeste a leste. Precipitacións puntualmente moderadas, que empezarán polo oeste pola mañá e estenderanse durante a tarde ás provincias da Coruña e Pontevedra, e ao norte de Lugo, sendo menos probables canto máis ao sueste. Temperaturas sen cambios significativos. Ventos frouxos do sur e sueste, aumentando durante o día no litoral atlántico a moderados, con intervalos de forte ao final no noroeste. 13/08/12

Agárdase que nas próximas horas quede extinguido o incendio que durante a fin de semana queimou máis de 1.500 hectáreas de monte no Barco de Valdeorras. // Dous galegos e tres galegas regresan hoxe de Londres con medallas olímpicas ao pescozo. // Comeza esta semana de agosto con ceos grises e algo de chuvia. 13/08/12