Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Xa se pode circular por un dos sentidos da A-6 nas Nogais. O tráfico estivo cortado durante máis de 26 horas. // O Parlamento galego acepta a primeira lei de montes que ten Galicia en trinta anos. // Galicia e o Norte de Portugal preparan propostas comúns para tentar conseguir fondos da Unión Europea. // Denuncian as fumigacións contra as pragas do eucalipto. // Gómez Noya: Próximo obxectivo, Londres. // En Galicia morren en accidentes laborais o dobre de persoas que a media do estado. 24/04/12

Pódese circular xa pola A-6 logo de ser retirado o camión que envocou onte, á altura de As Nogais.A conselleira de Sanidade confirmou que Galicia aplicará a reforma farmacéutica para garanti-lo sistema sanitario público.NO Día Mundial da Meninxite,expertos galegos confían en que a vacina para o meningococo B estea lista antes de finais de ano.O presidente da Deputación de Ourense declina pronunciarse sobre a investigación de Bruxelas pola xestión de fondos europeos.Traballadores do naval vigués péchanse na delegación da Xunta,mentres operarios de Navantia marchan en manifestación cara Fene.Galicia prepárase para un novo temporal de chuvia e vento.Achegámonos á figura do químico Antonio Casares,tatarabó do actual reitor da USC,homenaxeado este ano no Día do Científico Galego.

Os libros saen á rúa para celebrar o seu día. Hoxe as librerías fan descontos mentres se multiplican as actividades en bibliotecas, centros de ensino e nas rúas para fomentar o hábito da lectura. // A Xunta presenta unha edición facsímil da obra "Galicia como tarefa", de Valentín Paz Andrade. // O conselleiro de Presidencia defende a creación da área metropolitana de Vigo, e critica ao alcalde Abel Caballero por pórlle obstáculos. // A central nacionalista CIG anuncia a convocatoria dunha nova folga xeral contra a reforma laboral, en xuño. // O Deportivo, a un paso de Primeira tras vencer ao Elche. O Celta en cambio suma unha nova derrota, pero confía aínda no ascenso directo. // A chuvia acaba de encher o lago artificial de Endesa nas Pontes. 23/04/12

Ceos con intervalos anubrados e chuvascos xeneralizados que, por momentos, será de intensidade moderada. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Ventos do oeste, fortes no litoral de A Coruña e Lugo, e nas zonas de montaña do interior e moderados no resto. 23/04/12

Os libros saen á rúa para celebrar o seu día. // A Xunta presenta unha edición facsímil da obra "Galicia como tarefa", de Valentín Paz Andrade. // O conselleiro de Presidencia defende a creación da área metropolitana de Vigo. // A central nacionalista CIG anuncia a convocatoria dunha nova folga xeral. // O Deportivo, a un paso de Primeira. O Celta en cambio suma unha nova derrota. // A chuvia enche o lago artificial de Endesa nas Pontes. 23/04/12

Feijóo reivindica a "herdanza" de Valentín Paz Andrade no acto central do Día do Libro. Vigo acolleu a presentación dunha edición facsimilar da obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.Colexios,institutos e bibliotecas levan adiante iniciativas para o fomento do hábito lector. Cervantes reivindica a orixe do autor do Quijote neste munipio dos Ancares lugueses.Alerta en As Nogais ó envorcar un camión de gas inflamable,que obrigou a corta-lo tráfico na A-6. Detido un home en Ourense acusado de corrupción de menores a través das redes sociais.Novagalicia Banco comunica ós traballadores a súa intención de seguir operando en solitario. O conselleiro Alfonso Rueda anuncia en Vigo que a Xunta cederá as primeiras competencias á Area Metropolitana no 2013.O cine galego,protagonista esta semana no Festival de Málaga con dezasete producións

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojó, é a protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-G. Rojo desbota a posibilidade de que as autonomías devolvan competencias ó Estado e advirte de que os últimos incidentes ocorridos na Cámara deterioran a imaxe da institución

Emotivo acto de homenaje en A Coruña a los "Héroes del Orzán", los tres policías y un estudiante eslovaco que fallecieron el pasado mes de enero al ser arrastrados por las olas. Las familias de los agentes han recibido una condecoración póstuma.

Tralas protestas dos cidadáns afectados polas preferentes,a presidenta do Parlamento pídelle ós grupos parlamentarios responsabilidades para manter a normalidade no desenvolvemento dos plenos.A oposición pide que o presidente da Xunta compareza para falar da situación económica e da súa recente viaxe a México.Unha comisión prolóngase durante oito horas polas ducias de preguntas do Grupo Socialista sobre o gasto dos coches oficiais da Xunta

Las excavadoras han derribado, en A Coruña, las últimas infraviviendas de uno de los poblados de chabolas más conflictivos, vinculado a los clanes de la droga en Galicia. Las últimas 20 personas salían hoy sin incidentes después de un año de trabajo de los servicios de realojo del ayuntamiento.

Derriba das últimas chabolas do poboado marxinal de Penamoa, na Coruña. // O presidente da Xunta estima que en oito ou dez semanas se poderían concretar pedidos da empresa de petróleos de México, Pemex, aos estaleiros galegos. O sector pide cautela. // A Xunta tratará agora cos reitores galegos o amento das taxas universitarias, acordado polo Ministerio coas Comunidades autónomas. // A Xunta vai ter en conta aos nenos aínda non nados á hora de conceder axudas para a compra ou aluguer de vivendas. // O concerto de regreso aos escenarios galegos de ¿Aerolíneas Federales¿. 20/04/12

Derriba das últimas chabolas do poboado de Penamoa, na Coruña. // O presidente da Xunta estima que en dous meses se poderían concretar pedidos de Pemex aos estaleiros galegos. // A Xunta tratará cos reitores galegos o amento das taxas universitarias. // A Xunta vai ter en conta aos nenos aínda non nados nas axudas para vivendas. // ¿Aerolíneas Federales¿ en Santiago. 20/04/12

Ceos moi nubrados con chuvias intermitentes. Vento moderado de compoñente Oeste, con intervalos fortes no litoral de Lugo e Norte de A Coruña nas horas centrais do día, amainando a partir de media tarde en xeral. Temperaturas sen cambios significativos. 20/04/12

O presidente da Xunta cré que os recortes que aproba hoxe o Consello de Ministros son a solución máis responsable, no peor escenario económico posible. Feijoo puxo o acento en que o copago busca diminuílo consumo de fármacos innecesarios.A Xunta convocará ás tres universidades galegas para aborda-la suba das matrículas. Optimismo no sector naval tralo anuncio de Feijóo de que o acordo coa petroleira mexicana PEMEX podería pecharse "en oito ou dez semanas".Facenda non atopa indicios de que Dorribo pagase ó exconselleiro Fernando Blanco

En A Coruña, un grupo de 50 personas lleva diez días ocupando un edificio recién construido, que todavía estaba sin entregar. Son familias vinculadas a un asentamiento chabolista.

Acabáronse os medicamentos de balde. Máis de 700 mil pensionistas galegos terán que pagar o dez por cento do prezo das súas medicinas, ata un máximo de entre oito e 18 euros o mes, en función da súa renda. // O Partido Popular defende o copagamento farmacéutico como a única forma de garantir a supervivencia da sanidade pública universal e gratuíta. // Vai amainando o temporal que nas últimas horas levantou ondas de máis de oito metros no litoral de Galicia. A alerta por mar de fondo mantense ata media tarde. // Aumentan un 17 por cento as cortas de madeira no monte e a metade de elas son, por primeira vez, de eucalipto. Segundo os empresarios da madeira, a facturación do sector descendeu lixeiramente o ano pasado. // Indignación e sorpresa na Real Academia Galega pola redución dun 62% da súa partida nos orzamentos xerais do Estado. Un recorte que triplica o aplicado a outras academias. // "O mundo flúe, dúas miradas sobre unha mesma realidade¿ é unha mostra que pode verse na Coruña. Un grupo de pintores, a meirande parte discapacitados reivindican con ela poderen vivir da arte. 19/04/12

Acabáronse os medicamentos de balde. Máis de 700 mil pensionistas galegos terán que pagar o dez por cento do prezo das súas medicinas. // O Partido Popular defende o copagamento farmacéutico. // Vai amainando o temporal que nas últimas horas levantou ondas de máis de oito metros. // Aumentan un 17 por cento as cortas de madeira no monte. // Indignación e sorpresa na Real Academia Galega pola redución dun 62% da súa partida nos orzamentos xerais do Estado. // "O mundo flúe, dúas miradas sobre unha mesma realidade¿, unha mostra na Coruña. 19/04/12

Intervalos de ceo anubrado con chuvascos, que serán en forma de neve por enriba dos 1.200 metros pola mañá, subindo a cota ata os 1.400 metros durante a tarde. Vento do Noroeste de intensidade moderada en xeral, con intervalos fortes no litoral Norte e nas zonas de montaña do interior. Temperaturas sen cambios significativos, ou en lixeiro ascenso. 19/04/12

O PP asume en solitario a defensa do pago de medicamentos,segundo a renda.Argumenta que é a única maneira de evita-lo copago asistencial.Socialistas e BNG falan dunha decisión "ideolóxica" e "inxusta",que gravará a xubilados e enfermos crónicos.Educación presenta ás comunidades as medidas de aforro universitario,que prevén o incremento das taxas.Feijóo anuncia dende México un principio de acordo para que os estaleiros galegos constrúan barcos para a petroleira azteca PEMEX.O goberno de Portugal ultima un sistema compatible co español para paga-las peaxes nas autovías lusas.O actor e dramaturgo ourensán Manuel Guede regresa á dirección do Centro Dramático Galego