Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A conselleira de Sanidade asiste ó Consello Interterritorial de Saúde que analiza a proposta de copago farmacéutico segundo a renda.Goberno e Xunta xustifican esta medida,que a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública considera inxusta.Socialistas e BNG súmanse ás críticas,e sinalan a Feijóo como un dos promotores do copago. En tres anos e medio destruiuse en Galicia a metade do emprego creado dende 1.999.A maior parte da flota galega,amarrada polo mal tempo.Detidos os dous responsables do circo no que traballaba o operario falecido en Soutomaior.O concello de A Coruña saca a subasta os seus coches oficiais. No tempo da entrevista,falamos co doutor Ricardo García Mayor,coordenador do Congreso que a Sociedade Española da Diabete celebrará a partir de mañá en Vigo

Ceos cubertos con precipitacións xeneralizadas de carácter moderado, máis persistentes nas zonas altas. A cota de neve estará nos 1.200 metros. Vento de compoñente Oeste, forte con momentos moi fortes no litoral e moderados con refachos fortes no interior. Temperaturas mínimas sen cambios e as máximas en lixeiro descenso. 18/04/12

Ángel Currás é xa o novo alcalde de Santiago de Compostela. Foi elexido hai pouco máis dunha hora cos votos do seu grupo, o Partido Popular, en substitución de Gerardo Conde Roa. // Reunión entre a Xunta e os representantes dos concellos para darlle pulo á colaboración entre as entidades locais. A administración autonómica promete axudas a aqueles concellos que decidan unirse para desenvolver servizos. // O próximo curso escolar haberá máis alumnos por aula, non se cubrirán determinadas baixas laborais de profesores, anúlanselles complementos retributivos e redúcese a oferta de bacharelato. // No xulgado número tres de Lugo continúa a instrución da Operación Campeón. // Son 54 muíños de vento que van contribuír ao desenvolvemento da enerxía eólica en Etiopía. Estes días estanse embarcando no porto de Vigo. // Alumnos de institutos de Xinzo da Limia, O Barco e Nigrán tocan a frauta co acompañamento do órgano da igrexa do mosteiro de Celanova. 17/04/12

Ángel Currás é xa o novo alcalde de Santiago de Compostela. // A Xunta promete axudas a aqueles concellos que decidan unirse para desenvolver servizos. // O próximo curso escolar haberá máis alumnos por aula. // No xulgado número tres de Lugo continúa a instrución da Operación Campeón. // Son 54 muíños de vento que van contribuír ao desenvolvemento da enerxía eólica en Etiopía. // Alumnos de institutos tocan a frauta co acompañamento do órgano da igrexa do mosteiro de Celanova. 17/04/12

Ceos cubertos, con orballo pola mañá, e chuvias, máis intensas a partir do mediodía. A medida que avance a tarde poderán abrirse claros polo noroeste.

Ventos de compoñente oeste pola mañá, cambiando pola tarde ao noroeste, moderados en xeral. As temperaturas mínimas ascenderán entre lixeira e moderadamente, mentres que as máximas terán un descenso entre lixeiro e moderado. 17/04/12

Ángel Currás foi elixido alcalde de Santiago logo de que Conde Roa fixese efectiva a súa renuncia tras ser imputado por un presunto delicto fiscal.O alcalde saínte pediu perdón polo dano que puido causarlle á dignidade da institución.Feijóo viaxa con Rajoy a México para impulsa-la promoción das empresas galegas no exterior.A Xunta comprende as medidas de axuste propostas polo goberno para aforrar 3.000 millóns no ensino primario e secundario.O sindicato CIG teme un posible recorte do número de docentes.A banda de kolk galego Quempallou presenta hoxe o seu cuarto disco na compostelá Casa das Crechas

Vandalizan un monumento en memoria de los 170 republicanos asesinados en la guerra civil en el cementerio de San Francisco (Ourense), un recinto protegido por ser un bien de interés cultural en Galicia. Una noticia emitida el 16 de abril de 2012 en el informativo territorial Telexornal Galicia.

Las pintadas las realizaron en la madrugada del 14 de abril de 2012, día de la celebración de la proclamación de la II República. Una veintena de asociaciones y partidos políticos condenaron este suceso, que consideraron que podría vulnerar la ley de Memoria Histórica.

Puedes descubrir más historias de las fosas de la Guerra Civil y el franquismo en el especial de RTVE Noticias

El juez imputa de un delito fiscal al alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, por no pagar a Hacienda casi 300.000 euros de IVA. Conde Roa ha presentado su dimisión, según ha dicho, sin haber recibido presiones de su partido.

Gerardo Conde Roa deixa a alcaldía de Santiago tras coñecer oficialmente a súa imputación por un presunto delito de fraude contra a Facenda pública. Está acusado de non declarar case 300.000 euros do IVE da venda de 61 vivendas. // O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo agradécelle a Conde Roa a súa retirada. Di que a súa decisión é a da responsabilidade, o xogo limpo e a coherencia. // A Unión Europea comeza en Vigo unha campaña para dar a coñecer aos mozos que están no paro os programas de formación e emprego comunitarios. // Inspeccións de Facenda e Traballo descubriron 70 talleres mecánicos irregulares só no último mes en Galicia. Desde o sector aseguran que a economía encuberta está aumentando e poñendo en perigo a supervivencia dos talleres que operan legalmente. // Los primeiros "kobiños", un cruce entre vaca rubia galega e boi de Kobe, a prestixiosa e cotizada raza de gando xaponesa. Críanse desde hai tres anos en Carballedo, en Lugo. (16/04/12)

Ceos pouco anubrados ou despexados en xeral. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso e as máximas sen cambios significativos. Ventos moderados de compoñente norte, amainando a frouxos pola tarde. (16/04/12)

Gerardo Conde Roa deixa a alcaldía de Santiago tras coñecer oficialmente a súa imputación. // O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo agradécelle a Conde Roa a súa retirada. // A Unión Europea da a coñecer aos mozos que están no paro os programas de formación e emprego comunitarios. // Inspeccións de Facenda e Traballo descubriron 70 talleres mecánicos irregulares só no último mes en Galicia. // Los primeiros "kobiños", un cruce entre vaca rubia galega e boi de Kobe. (16/04/12)

Gerardo Conde Roa deixa a alcaldía de Santiago tras notificarlle o xuíz a súa imputación formal por un presunto delixto de fraude á Facenda.Feijoo agradeceulle a Conde Roa a súa renuncia para non seguir facendo dano á institución. O ex-ministro Francisco Caamaño anuncia a súa candidatura a lidera-lo PSOE coruñés.O comité da Consellería de Traballo e Benestar denuncia na Coruña o desmantelamento progresivo dos servizos sociais.Falamos co profesor Xaime Varela,que puxo en marcha o blog de Lingua galega "Fala Londres" no instituto da capital británica onde imparte docencia

O voceiro do BNG no Congreso e candidato á Presidencia da Xunta,Francisco Jorquera, é o protagonista da entrevista do domingo en RNE-G. Jorquera di que a actitude pouco dialogante do PP levará a este partido a asumir en solitario o custo da crise

Os cidadáns atrapados polas participacións preferentes interrumpen o pleno do Parlamento para pedir unha reunión co presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo di no pleno que a Xunta está facendo todo o que está na súa man para que estas persoas poidan recupera-los seus cartos. A cámara deu luz verde ,únicamente cos votos do PP, á Lei que crea a área metropolitana de Vigo.

Un nuevo sistema desarrollado por el Centro Tecnológico del Automóvil de Galicia permite que los semáforos se pongan en verde cuando se acerca un autobús público. Lo van a probar en Vigo, y no solo servirá para todos los servicios públicos, también ayudará a encontrar plazas de aparcamiento.

Chaves e Verín, que xuntas son a primeira eurocidade constituída entre Galicia e o Norte de Portugal, estrea sede. É a antiga alfándega de Feces de Abaixo, completamente reformada. // Máis de cincuenta chabolistas de Penamoa manteñen ocupado desde hai unha semana un edificio de recente construción no barrio do Ventorrillo, na Coruña. // Medio milleiro de arquitectos de Europa e Latinoamérica debaten en Santiago posibles saídas á crise do sector da construción. // Segue sen aclararse a evolución xudicial do procedemento aberto contra o Alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, acusado dun delito fiscal. // O Club Náutico de Sanxenxo convértese no primeiro Centro Nacional de Vela Adaptada. // Cando lles toca enfrontarse a Celta e Deportivo, as sensacións van máis alá do futbolístico. O domingo, en Balaídos á hora do vermú, vai haber máis de trinta mil persoas. (13/04/12)

Intervalos nubrados pola mañá con algúns chuvascos, e ceos máis cubertos con chuvias xeneralizadas pola tarde e a noite. Ventos moderados do noroeste. Temperaturas sen cambios significativos. (13/04/12)