As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A Xunta é partidaria de baixar impostos, pero segundo Alfonso Rueda, non é o momento e non actuará por presións... En todo caso será o martes cando presente no parlamento as liñas xerais dos orzamentos cando saibamos os plans fiscais do executivo. Sobre esa comparecencia.... a oposicion sinala que se lles furta o debate ó non facilitarlles información previa.
E sobre as rebaixas de impostos... o secretario xeral de Comisions Obreiras sinalou que é unha medida populista
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O goberno, as comunidades autónomas e o sector pesqueiro evidenciaron a súa unidade contra o veto en 87 áreas mariñas. Os armadores sinalan que moitas desas zonas non chegan ós 400 metros de profundidade, e outras teñen unha profundidade variable, o que pode causar inseguridade xurídica.
O BNG pídelle a Alfonso Rueda que envíe a oposición a documentación sobre os orzamentos, antes de presentalos o martes no Parlamento. A portavoz nacionalista, Ana Pontón, fala dun debate trucado, que non se vai producir en igualdade de condicións.
O PSdeG asegura que se estan producindo esperas nunca vistas pra unha consulta en Atención primaria. O socialista González Formoso puxo como exemplo as carencias no centro de saúde da Parda, en Pontevedra e volveu preguntar polo destino que lle deu a Xunta a 159 millons que recibiu do Estado.
Demandan melloras no transporte ferroviario cadrando co día sen Coches.
Pola tarde hai prevista unha concentración diante da estación do tren da Coruña para esixir que sexa un medio de transporte competitivo.
O tempo. Semella que se vai preparando para a entrada do outono que chega a vindeira madrugada e van entrar algunhas nubes.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A presentación dun recurso contra a veda establecida pola Comisión europea en 87 áreas mariñas no atlántico non será inmediata, aínda que a medida entra en vigor dentro de pouco máis de dúas semanas. O Goberno explicoulle ó sector a dificultade que presenta esta acción xurídica.
E damoslles conta dunha nova acción do Estado no Pazo de Meirás: amplía a demanda para evitar que os Franco se leven os bens que non foron incluídos na primeira reclamación
O Goberno estudará presentar un recurso ante Unión Europea, pra paralizr a decisión da Comisión de vetar a pesca en 87 caladoiros do Atlántico Norte. A secretaria xeral de Pesca do Goberno, Alicia Villauri, explicoulle ós representates do sector a necesidade de presentar un recurso sólido pra poder ser levado a trámite.
Unha decisión que Xunta e Pescadores piden sexa pronta xa que recordan, quedan tan só 14 días pra que a prohibición entre en vigor, o que suporá fortes perdas pro sector.
- No se incluyeron en la demanda original por la negativa de los Franco a permitir el acceso al edificio
- Forman parte del patrimonio nacional, documental e histórico por su vinculación con la figura de Pardo Bazán
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
En Santiago, reunión da dirección e os sindicatos de Finsa. Negocia un ERTE para case a metade dos 3.300 traballadores que a madereira ten en Rábade, Padrón, Ourense e Santiago.
A Xunta vén de presentar o primeiro plan galego contra a trata de persoas elaborado coa colaboración dunha ducia de Onegués. Un plan que está enfocado sobre todo á protección das mulleres e nenas que son as principais víctimas de explotación sexual.
Mañá está previsto que pasen a disposición xudicial ás persoas detidas nunha operación contra o tráfico de heroína centrada no Salnés. O novo comisario de policía de Pontevedra confirmou que houbo tres arrestos nesta fase da investigación e cre que non será a última.
Alfonso Rueda reclama para Galicia a futura sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artifical. O presidente da Xunta participou esta mañá en Santiago na inauguración do supercomputador Finisterrae III.
O tempo. Non hai cambios sol e temperaturas altas hai que aproveitar porque vai ir mudando cara a fin de semana.