Indignación entre os armadores galegos pola decisión da comisión europea de vetar á pesca de fondo en 87 áreas entre Escocia e o Golfo de cádiz. Din que centos de barcos galegos están abocados o paro e que non quedarán de brazos cruzados.
É unha das novas que deixa a xornada de hoxe..e que despertou as reaccións tanto do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como da oposición.
O xulgado de instrución número dous do Carballiño, en Ourense, decreta prisión provisional e sen fianza pra dous dos 5 detidos implicados no roubo de arte sacro nas provincias de Pontevedra e Ourense.
O sector pesqueiro galego prepárase para presentar recursos contra a decisión da Comisión Europea de prohibir a pesca de fondo en máis de 80 áreas protexidas do Atlántico Norte. Falan de momento negro para esta actividade en Galicia e desde a Xunta advirten: a decisión non afecta só ás embarcacións de palangre de fondo ou arrastre, senón indirectamente a toda a cadea pesqueira.
Os traballadores de Xeal iniciaron o seu calendario de mobilizacións para reclamar que se manteña a actividade industrial e o 100 por cento dos postos de traballo nas factorías de Cee e Dumbría, dedicadas á fabricación de ferroaleacións. Piden á Xunta que esixa o cumprimento das condicións da explotación dos saltos dos ríos Grande e Xallas.
Múltiples queixas en Compostela, Teo, Ames ou na Baña polos atrasos e mal funcionamento do transporte escolar xestionado por Monbús.
Medio millón de euros pra rehabilitar o Parque do Pasatempo de Betanzos
Compostela Aberta acusa ó alcalde de Santiago de incumprimento da lei de Transparencia e de obstaculizar o papel da oposición
Desbloqueado o proxecto de construción do polígono industrial de Leixa, en Ferrol
O sector pesqueiro está en pé de guerra: a comisión europea prohibe a pesca de fondo en 87 áreas, moitas de gran interés para a flota galega. A patronal Cepesca anuncia que estuda o inicio de accións legais contra unha medida que entrará en vigor 20 días despos da súa publicación no diario oficial da Unión europea.
E temos que dar conta doutro accidente con maquinaria agrícola. Un home de 51 anos faleceu en Vila de cruces o envorca-lo tractor.
O tempo
Recuperamos a influencia anticiclónica, co avance do día o ceo xa vai quedar pouco nubrado ou despexado e as temperaturas máximas van volver pasar dos 30 graos en puntos do sur.
A noite algo máis fría. Vexamos como empeza o día nas principais cidades.
Galicia é dende hoxe a primeira comunidade autónoma en iniciar a campaña de vacinación ó sexo masculino contra o virus do papiloma humano. Un virus que aumenta o risco de ter cancro de cervix e produce na nosa comunidade 450 casos de cancro oral ó ano
A xunta aprobou este xoves as axudas pra reparar os danos causados polos incendios forestais durante o pasado mes de xullo. Os primeiros en recibi-las serán os establecementos comerciaies, industriais ou turísticos
A vacina contra o papiloma humano estréase no calendario dos nenos galegos. Os de 12 anos son os primeiros de España en recibir unha vacina que ata o de agora só formaba parte do historial médico das rapazas. Os pediatras levaban anos recomendándoa para evitar diferentes cancros que tamén afectan ós homes e porque, ademais, contribúe a reducir os casos de cancro de colo de útero que sofren as mulleres.
Resposta da Xunta ó concello da Coruña ante a petición de Inés Rey para que o goberno galego resolva a tramitación da Casa Cornide, en propiedade dos Franco, como Ben de Interese Cultural. A consellaría insiste: a protección é completa desde que se iniciou o procedemento polo que a rexedora non ten que esperar ó seu remate para reclamar a titularidade pública no xulgado. Os Franco veñen de poñer o palacete á venda nunha web inmobiliaria.
A Xunta adianta un día a reunión do presidente Alfonso Rueda coa alcaldesa da Coruña ante a protesta de Inés Rey pola data inicial.
A ANPA do instituto Cruz do Sar de Bergondo concentrarase ás nove e cuarto fronte ó concello en demanda de máis profesorado.
Emprego esixirá o mantemento de todos os empregos do centro de atención de chamadas de Naturgy na Coruña, Teleperformance, tras deslocalizar o servizo a Colombia.
Comeza na Coruña o festival Mar de Mares con exposicións, charlas e actividades pra limpar os fondos mariños.
O plan de reunións do presidente da Xunta cos alcaldes non é do agrado dalgúns rexedores. Non lles pareceu ben que lles dera un calendario pechado... e menos que as xuntanzas se vaian celebrar nas respectivas delegacións territoriais. O caso de Vigo é significativo... porque a delegd territorial que estará na reunión vai ser a candidata do PP a alcaldía. O alcalde Abel Caballero aínda non confirmou a súa asistencia.
O tempo
xornada de transición ata quedar de novo baixo a influencia anticiclónica, pero aínda pode caer algún chuvasco.
O consello da Xunta vai aprobar mañá unha nova convocatoria do Bono Activa co que pretende axudar ó comercio. 17 millóns de euros que permitirán ás familias ter 30 euros de desconto para mercar en tendas locais.
Así o anunciou esta mañá o Presidente da Xunta no Parlamento Galego onde tamén volveu saltar a apalestra a falta de médicos na sanidade Galega.