Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A polémica polos libros de texto centra a volta á axenda política. Mentres a oposición aposta pola gratuidade, o PP defende o modelo resdistributivo. Ademais, o conselleiro de Educación asegura que este curso se manterá un número de profesores semellante ó ano pasado.

A vista posta un día máis nos lumes, agora con dous focos activos en Cenlle e Oímbra, na provincia de Ourense.

E cita tamén este martes nos tribunais... Audiencia preliminar polo triplo crime de Valga. Fiscalía e acusación particular piden prisión permanente revisable pro autor confeso da morte a tiros da súa ex parella, a cuñada e a nai de ambas.
 

A pouco máis dunha semana da volta ó cole, as familias teñen por diante un gasto ineludible, o dos libros de texto. BNG e PSOE lamentan que se requira un esforzo así en plena crise de prezos, e reclaman á Xunta a volta á gratuidade.... Un sistema que implantou o bipartito e que estivo vixente ata o 2009, cando o xa ex-presidente Alberto Núñez Feijoo, o eliminu á súa chegada ó goberno. O PP defende que as axudas ás familias con rendas máis baixas, que aumentarán este curso, son máis xustas que unha gratuidade xeralizada.

Polémica polo uso obrigatorio de máscara na Catedral de Santiago. Unha asociación requeriu á Igrexa que retire esa esixencia, por entender que é ilegal unha vez levantadas as restricións da pandemia.

Expertos da UNESCO visitan estes días as comarcas de Ferrolterra e Ortegal para avaliar o proxecto de xeoparque de Cabo Ortegal.

En crónica de sucesos, hai que lamentar dous falecementos. Un pescador morreu este domingo en Narón logo de caer desde o alto dun cantil, e en Betanzos, outro home perdeu a vuda ao caer ao río Mandeo
 

Iniciamos semana, coa vista posta en setembro. Vaise recuperando o pulso da axenda política, mentres moitos cidadáns apuran estes últimos días de vacacións. Precisamente esta circunstancia fai que este ano a Operación Retorno se estea facendo de xeito máis escalonado, o que evita, polo momento, as grandes retencións nas estradas.

Polo demais, fin de semana cargada de sucesos tráxicos, con tres mortos en senllos accidentes en augas de Narón, Betanzos e Ribadeo.
 

Boas tardes, Este 28 DE Agosto, volven a palestra os lumes. Medio Rural deu por extinguido o último considerado de grandes diménsións en Galicia. O do Concello de Lobeira en Ourense, pero agora seguese a traballar na provincia, logo de que se rexistrase outro incendio en Viana dio Bolo.

E teñan precaución se saen hoxe a estrada. A DXT e agarda preto de 700 mil movementos nas estradas galegas pola Operación Retorno das Vacacións de verán. Tráfico xa anunciou que intensificará os controís durante a xornada.

Boas tardes Este sábado, 27 de agosto, ven marcado polo inicio do curso político para o Partido popular de Galicia. Hoxe volverá a terra Alberto Núñez Feijóo pra acompañar ao seu excompañeiro Alfonso Rueda.

Un inicio que sen dúbida estará rodeado de polémica pola sanidade galega. En Sanxenxo facultativos e cidadáns manifestáronse pra protestar pola falta de medios na comarca do Salnés. Piden solucións por parte da Administración e recolleron firmas para conseguilo.

Haberá que agardar ó novo periodo de sesións do parlamento galego pra escoita-las explicacións do presidente da Xunta sobre a situación que sofre este verán a sanidade pública. O Partido POpular fixo valer a súa maioría pra impedir que Alfonso Rueda dé conta do deterioro do sistema, en xeral, e do sucedido a inicios de mes no centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo. Pros populares, pedir explicacións pola morte dunha muller á que se lle denegou unha ambulancia é, por parte do BNG, un exercizo de carroñismo político. Pra oposición, isto pode volver suceder en calquera momento.

A Xunta ve positivo que ENCE estude a posibilidade de utilizar a auga da EDAR de Placeres para reanudar a produción, paralizada hai máis dun mes pola seca. Desde o Concello insisten en que abandone a Ría de Pontevedra.

 A executiva municipal do PSOE en Ourense, desmárcase das negociacións para unha moción de censura co Partido popular. Contradín así a posibilidade aberta polo secretario provincial dos socialistas ourensáns, Rafael Villarino.

 A comunidade educativa de Redondela e o Concello denuncian a supresión de profesores no Instituto Mendiño de Redondela.
 

Os medios de extinción seguen a loitar contra as lapas. Arde de novo a Serra do Xurés. Desta volta, no concello de Lobeira, onde van xa 410 hectáreas arrasadas.

A loita contra os lumes, que continúa en Galicia mentres o Congreso vén de aprobar o decreto lei fronte ós incendios. Unha norma que prohíbe usar maquinaria nas zonas de alto risco e que obriga ás autonomías a presentar os seus plans anuais de prevención antes de novembro.

En canto ó tempo, os concellos seguen con preocupación a evolución da seca, pero de momento son poucas as novas medidas preventivas.
 

Xornada intensa hoxe no congreso dos deputados con proxectos que xeran dúbidas en Galicia. A principal asociación de autónomos cre que o novo sistema de cotizacións merma a liberdade que tiñan pra elexir as súas bases, e prexudicará ós que teñan as bases máis baixas. E tamén se convalida, se non hai sorpresas un decreto de aforro enerxético que inclúe os abonos gratuitos no tren de media distancia. Os usuarios habituais piden máis prazas ou frecuencias pra compensa-lo aumento de usuarios.

Os concellos da conca do Tambre, en situación de prealerta, non intensificarán de momento as restricións no consumo de Auga. Mentres, os municipios que se abastecen do río Lérez seguen pendentes de como avanza a situación.

 Os concellos declarados como zona catastrófica na provincia de Ourense coinciden en que as axudas do goberno central para facer fronte ás conseucencias dos lumes non son suficientes

Traballadoras e usuarios do Servizo de axuda no Fogar de Redondela denuncian a mala xestión da concecionaria deixando sen atención ós maiores en repetidas ocasións

Utilizar o tren en Galicia era unha cuestión de prezo. Iso é o que parecen dicir as longas colas rexistradas no primeiro día para solicitar o abono pros convois de cercanías e media distancia. Agora os usuarios demandan un aumento das frecuencias nas horas punta.

En canto á seca, de momento non hai novas restricións. Pero Augas de Galicia segue a reunirse hoxe cos concellos en prealerta.

Mentres, no tempo, non agardamos grandes cambios. Destacamos, iso si, que a pasada tarde rexistramos máis de 500 raios, concentrados sobre todo na comarca de Lemos e a montaña de Lugo. Iniciamos agora percorrido polas emisoras para ver como amencemos hoxe.

Iniciamos hoxe esta crónica de Galicia cunha boa nova: o visto e prace da Comisión Europea ó programa de cooperación transfronteriza España e Portugal. Máis de 300 millóns dispoñibles pra proxectos que van dende a transición ecolóxica á cooperación sanitaria... Un traballo conxunto no que a eurorrexión Galicia Norte de Portugal leva moito camiño andado, polo que será a que reciba unha maior porción dos fondos. En novembro, cando saia a convocatoria, poderemos presentar entre 100 e 150 proxectos.

A veciñanza de Sanxenxo mobilizarase este sábado en protesta pola precariedade dos servizos sanitarios do concello. No centro de saúde de Baltar a única atención médica que se presta nestes momentos é a de urxencias.

As asociacións de familiares de usuarios de residencias de maiores denuncian que na provincia de Ourense hai máis de 350 persoas que agardan praza, cunha espera media de 10 meses.

Da industria, o comité de empresa de Xeal, antiga Ferroatlántica, pide máis empregos a cambio dos seus novos proxectos hidráulicos.

Galicia preparase para que a seca se prolongue. Esta mañá todos os concellos da conca do Tambre, Santiago incluido, reunese con Augas de Galicia para buscar solucións coordenadas ante a baixada do caudal no río. Son algunhas das medidas que se están a implementar ante a falta de auga.

Mentras, o goberno xa aprobou as axudas para os concellos afectados polos grandes incendios ou aqueles que chegaran a núcleos de poboación. Finalmente hai 20 incendios galegos incluidos.

No tempo, esta tarde poden caer treboadas con chuvia e saraiba no interior de Lugo e Ourense.
 

Galicia ten dúas concas en alerta por seca, as do Limia e o Cabe, e seis en prealerta, as dúas do Sil e as do Lérez, Anllóns, Grande e Tambre. Cada nivel de risco leva consigo distintos tipos de medidas, mecanismos que deben servir pra evitar que nos vindeiros meses non haxa auga que xestionar. Un reto nunha comunidade na que moitas zonas dependen de auga corrente pro seu suministro. A xestión da auga debe cambiar, segundo os expertos, pra ter en conta periodos sen chuvias máis longos. A capital galega, polo de agora, non adoptará novas restricións, pero non as descarta en vindeiras semanas.