Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O calendario de vacinación galego incorporará este curso dúas das vellas demandas das asociacións de pediatría. Os cativos recibirán a vacina da meninxite B, e tamén se incorpora, pros varóns, a do papiloma humano. Son as dúas principais novidades dun calendario no que a Xunta quere facer fincapé en que os adultos tamén temos que vacinarnos. E non só da Covid19, na que polo de agora non haberá máis doses agás pra colectivos vulnerables.

O desprendemento de chispas dunha radial sobre un bote de pintura: posible causa do incendio do polígono de Narón

Os colexios Santa Eulalia de Dumbría e o Areal de Camariñas súmanse ás protestas polos recortes de profesorado

A máscara xa non será obrigatoria pra acceder á Catedral de Santiago

Nos deportes, o Deportivo renova ó porteiro Ian Mackay ata xuño de 2024.

As viaxes recorrentes nos tres Avant entre Ourense-Santiago e A Coruña tmén son de balde. A medida aprobada polo consello de ministros ten carácter retroactivo desde o primeiro de setembro. Lugo pide non quedar á marxe destes descontos.

Hoxe protgonismo tmén para os familiares dos mortos do Villa de Pitnxo: en pouco máis dunha hora van ser recibidos en audiencia polo Papa no Vaticano

As empregadas do fogar xa poden contar coa prestación de paro... O Consello de ministros aporbopu o decreto que recoñece este dereito das traballadoras. Con todo dende este sector non confían en que todos os criterios aprobados no decreto se cumplan na práctica.

Criterios como a garantía dun salario mínimo do que falou esta xornada o Lider dos socialistas galegos, Valentín González Formoso co presidente da Patronal galega. Ambos mandatarios creen que non é o momento pra subir o soldo dos traballadores dadas as dificultades da crise enerxética.

  • A Fiscalía pide 14 anos de cárcere e once millóns de fianza para o dono do almacén pirotécnico ilegal que estourou en 2018
  • Catro anos despois, a vida continúa, pero con menos veciños, cercados aínda polas pegadas do sinistro

Os abonos que permiten viaxar nos trens de media distancia galegos de balde poñen á vista as costuras dun servizo que xa era, antes destas bonificacións, un dos máis utilizados de España, pero tamén un dos que máis queixas recibía por parte dos usuarios.

Faltan prazas, din os usuarios, pra atender toda a demanda, e sobre todo, frecuencias e trens nos horarios de mais demanda. Algo ó que se unen sindicatos ou políticos. Outros lembran que eles non teñen tren, e piden que os seus transportes alternativos tamén se vexan rebaixados.
 

A Fiscalía pide 14 anos de cárcere e once millóns de fianza para o dono do almacén pirotécnico ilegal que estourou en 2018. Catro anos despois, a vida continúa, pero con menos veciños, cercados aínda polas pegadas do sinistro.

O incendio no polígono industrial das Lagoas, en Narón, deixa dous operarios feridos e parte da estrutura colapsada. Descoñécense as causas do lume, que comezaba na tarde deste luns e quedou controlado a última hora.

Concentración das familias do instituto Punta Candieira de Cedeira polo recorte de dez docentes que provoca a perda dalgunhas materias no centro.

O primeiro trimestre do vindeiro ano Arteixo terá rematadas as obras que duplicarán o caudal do seu abastecemento de auga, e que inclúen dous novos depósitos.

O balance turístico do verán na Coruña mellora as cifras prepandemia grazas ás festas e tamén á ampliación de horarios na hostalaría.

Inaugurada na sede de A Fundación a mostra de intelixencia artificial "More than Human", que chega por primeira vez a España

Queixas pola falta de prazas nos trens. O inicio do curso universitario fixo que aumentara a demanda e en Vigo moitos viaxeiros tiveron que retrasar a súa saída ou cambiar o billete para un Alvia, que si ten custo. Renfe anuncia que hoxe se notará o incremento de prazas. O mesmo día no que entran en vigor os descontos no transporte de viaxeiros or estrada no eixo atlántico.
E, estamos penden do incendio que afectou a varias naves no polígono das Lagoas, en Narón. O lume quedou controlado despois de destruir tres naves e causar danos noutras dúas....
O tempo. Hoxe Galicia continuará baixo a influencia dunha borrasca situada ao noroeste da Comunidade. Van seguir os chuvascos no oeste

Volta as aulas nas universidades galegas. Máis de 60 mil mozos, voleron as aulas, por vez primeira sen restriccións trala pandemia e con novidades na oferta educativa.

Días pra rencontrsarse cos compañeiros e tamén pra formalizar matrículas. Este ano con novas titulacións coma ao máster en Intelixencia Artificial.

Regreso tamén nas gardeirías. Os menores de tres anos despedíanse entre bágoas dos seus país as portas das aulas da Galiña Azul, que neste curso serán totalmente gratuítas.

Hoxe foi o día da volta ás aulas pra máis de 60 mil universitarios galegos. Entre eles os que estrean os novos graos cos que galicia amplía a súa oferta formativa. Un regreso que trae como novidade a eliminación das restriccións pola pandemia. Tamén comezan hoxe a volta ás aulas os máis cativos... Uns con bagoas, outros con ilusion por estar con outros nenos... e con alivio pros petos dos pais, que este ano non teñen que pagar nas escolas infantís. Unha xornada marcada, iso sí, pola incerteza xa que está convocado un paro no consorcio de benestar que afecta ós centros da Galiña Azul.

Roberto Verino cumpre 40 anos na industria da moda, desde unha vila de Ourense sen tradición industrial nin téxtil. O deseñador cóntanos a súa traxectoria ata lograr o prestixio e a presenza internacional da súa marca.