Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba


A Xunta e o sector pesqueiro solicitarán ó goberno que presente un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea pra impedir o peche da pesca en 87 caladoiros do Atlántico Norte. O propio Alfonso Rueda, enviará nunha carta ó presidente Pedro Sánchez pra pedir a súa implicación.
A dirección Xeral de Costas comprométese a estudar caso por caso a situación das empresas do sector mar-industria ubicadas no litoral. É un dos resultados da reunión mantida esta mañá en Madrid entre os representantes do sector e a responsable da Dirección Xeral de Costas, Ana María Oñoro.

A decisión do Goberno de manter operativos dous dos catro grupos da central térmica das Pontes non tranquiliza ós traballadores. Aseguran que a medida só trata de garantir o subministro eléctrico este inverno e, mentres, non avanzan os proxectos alternativos presentados.

Adega denuncia a implantación caótica de eólicos sen as debidas consideracións ambientais. Xunto a outras entidades vén de presentar unha demanda no Supremo contra o plan nacional de enerxía e clima

Nova operación antidroga na comarca do Salnés. As pescudas van dirixidas contra unha organización que se dedica ó tráfico de heroína.

En Ferrol, a demanda do histórico sindicalista Rafael Pillado contra Navantia chegou hoxe ó xulgado. Busca que a empresa recoñeza que o cancro que padece foi provocado pola exposición ao amianto.

A central das Pontes vai ter disponibles dous dos catro grupos productivos, aínda que agora está inactiava. O ministerio autoriza a Endesa a pechar os grupos non que xa non fixeran investimentos.. os outros dous poden seguir producindo... depederá da evolución do sistema eléctrico.

E, o sector pesqueiro analizará hoxe coa Xunta a situción na que quedará cando a partir do 9 de outubre teñan prohibido traballar en 87 zonas marítimas. Os armadores consideran que a vía xudicial sería moi lenta.

Nas estradas, accidente mortal na Gudiña. Un home de 56 anos faleceu o impactar coa moto contra un todoterreo. O falecido era veciño de Barcelona


En vinte días centos de pesqueiros galegos non poderán acceder a 87 caladoiros do Atlántico Norte. A unión euriopea publicou hoxe no seu Diario Oficil o regalmento que limita a pesca nestes ecisistemas mariños vulnerables, e que deixa sen opcións a pesca de fondo.

E a Xunta avanzará nas vindeiras semanas cales serán os presupostos autonómicos pro 2023. O presidente Rueda avanzaba máis axudas sociáis e pras familias.

Alfonso Rueda avanza que nas próximas semanas a Xunta presentará oS orzamentos para o ano 23. Vanse actualizar as axudas sociais, como a RISGA, co IPC para que os perceptores non sofran perda de poder adquisitivo.

O PSdeG inicia os trámites para pedir unha comisión que investigue o destino que a Xunta lle deu os cartos da COVID. Os socialistas, que se apoian en datos do Consello de Contas, aseguran que se descoñece o destino de 159 millóns.

Esta tarde reunión clave para o futuro de Hiperxel. Os traballadores, que levan desde abril sen cobrar a nómina con regularidade, agarda noticias sobre un posible comprador.

A garda civil mantén aberta a operacion que permitiu desartellar un grupo que se dedicaba o roubo e venda ilegal de arte sacra. Recuperáronse 170 pezas correspondentes a unha vintena de roubos. Dúas persoas ingresaron en prisión.

O tempo, estabilidade atomosférica, sÓ na motaña ourensá pode producirse algún chuvasco tormentoso, e temperaturas de verán.

O concello de Sada responde ó novo intento dos Franco pra retirar bens do Pazo de Meirás que din lles pertencen. O acalde quere que se dicten medidas cautelares para evita-lo e pídelle ó Goberno que actúe.

E hoxe vannos contar detalles da operación da Garda civil contra o roubo de bens de arte sacra.... Dous dos detidos xa están no cárcere por orde xudicial.

Un luns no que o presidente da Xunta vai reunir ó seu goberno para avaliar os logros e marcar obxectivos

Sada solicitalle ao goberno central que axilice o cambio de titularidade do Pazo de Meirás. o Concello pide que se avance no proceso como mdeida cautelar logo de que a Familia Franco ó xulgado retirar case 50 pezas.

Na entrevista do Domingo. os familiares de persoas con Alzheimer piden unha atención integral, que aborde o cambio profundo que supón este diagnóstico, próS paciente en ÓS seus conviventes

Os coches xa circulan polo novo vial da A6 habilitado hoxe polo goberno central pra desconxestionar o tráfico de Pedrafita do Cebreiro. O executivo central agarda que se reduza a metade as circulacións polo pobo. ((que acollía ata agora o groso do tráfico cara a Madrid dende a caída do viaduto do CASTRO o pasado xuño.))

E os veciños de arteixo mobilizanse contra os eólicos, Din que non están en contra das enerxías renobables pero recirminan que non se lles teña en conta a hora de aprobar estes proxecto. So en Arteixo están pendentes de construcción dous novos parques