Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Non hai volta atrás no veto a pesca de fondo. O comisario de pesca mantívose firme na decisión de aplica-la norma sen atender os argumentos do ministro español, Luis Planas, que mostrou o seu desacordo coa forma e o fondo da decisión. O lituano Virginijus Sinkevicios só se mostrou aberto a revisar a orde en novembro a luz de novos informes científicos.

E hoxe o foco estará no Parlamento: o presidente da Xunta espón as liñas estratéxicas dos orzamentos de 2023... terá que escoitar as críticas da oposición pola rebaixa no imposto do patrimonio.

Accidente laboral en Lugo na montase das barracas do San Froilán. O falecido é un veciño de Padrón, de 35 anos, que caeu dunha escada

España vai pedir á Comisión europea que suspenda a aplicación da veda á pesca de fondo en case un cento de áreas mariñas do Atlántico. Faino no seo Consello de ministros de pesca que se desenvolve en Bruxelas. Se non se atende a demanda, o ministro Luis Planas xa anuncia a presentación dun recurso xudicial.

O armadores de Marín rexeitan a proposta de Portos de Galicia pra verter os materiais procedentes dos dragaxes. Denuncia que prexudicarán a actividade pesqueira e propoñen que os residuos se boten ó borde da plataforma continental de Galicia.

Ascende a 660 quilos a droga atopada nun mercante no porto da Coruña.
A garda civil abriu unha invetigación para identificar ós responsables do alixo, pero non aclara se houbo detencións. O buque xa partido para Santander, a súa próxima escala.

Despois de dous anos de parón pola pandemia, Ourense recupera a feira de termalismo. Hai confirmados máis de 250 profesionais procedentes de países dos cinco continentes.


- O tempo.... predominan os ceos despexados, aínda que pola noite achegarase outra fronte polo norte.

España, Irlanda e Francia esporanlle hoxe ó comisario europea de pesca a súa oposición o veto á pesca de fondo en 87 áreas mariñas. O consello de ministros de pesca, que se celebra este luns, non ten capacidade para reverter a situación pero servirá para que os países máis prexudicados detallen o impacto dunha medida.

E esta xornada é distinta nas residencias de maiores porque se pon en marcha de novo a vacinación contra a COVID... Os usuarios reciben desde hoxe a cuarta dose

O BNG celebra arestora no Frontón de Riazor, na Coruña, o acto principal do seu 40 aniversario. A que é a segunda forza parlamentaria galega convoca este acto coa mirada posta no futuro máis que no pasado. Ata alí iremos neste tempo informativo.

No porto da Coruña permanece un buque cargueiro no que a garda Civil localizou droga e que procedía de Brasil. Podería tratarse de 600 kilos de cocaína. O achádego produciuse nunha inspección rutinaria. Descoñecese a implicación da tripulación no alixo.


No tempo da entrevista o convidado é o presidente dos armadores de Vigo. Javier Touza amosa a preocupación do sector ante o regulamento de pesca que vai impedir a 500 barcos galegos faenen nas 87 áreas de pesca de fondo vetadas pola Comisión Europea a partir do 9 de outubro. Se non se para a aplicación pode deixar tocado ao sector.
 

Mañá luns o sector estará moi pendente do Consello de Ministros de Pesca no que se pode tomar algunha decisión neste sentido.

Os trens Avril, de ancho adaptable, non circularán este ano en Galicia.
A secretaria de Estdo de transportes culpa do retraso a demora no inicio da construcción desde que se licitou o contrato en 2016


Rosa Quintana pide a Comisión Europea que non goberne só pensando nas consecuencias medioambientais da actividade pesqueira. Lembra que o regulamento da Política Pesqueira Común establece a necesidade de manter un equilibrio de aspectos ambientais, sociais e económicos.

Protesta en Santiago dos traballadores da seguridade privada. Manifestáronse diante do Parlamento pra demanda-la negociación dun novo convenio despois de anos perdendo poder adquisitivo.

Os estudantes galegos sumáronse hoxe a folga global polo clima. Pola tarde hai previstas manifestacións na A Coruña, Santiago, Ourense e Vigo pra a democratización da enerxía e por un territorio autosostible.

O tempo. O outrono trouso nubes e a posibilidade de chuvias no norte... as temperaturs algo máis baixas