Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Nove anos despois do accidente do Alvia comeza o xuizo con dous únicos acusados, o maquinista e o que entón era o director de circulación de Adif. A vista iniciarase ás 9:30 con cuestións previas. Por exemplo, o tribunal deberá decidir se acepta como proba un video elaborado por Adif sobre o tramo no que ocorriu o accidente. As víctimas agarda que o xuizo permita coñecer a verdade.

E hoxe, outro centro de atención...A Coruña co cumio hispano-alemán, con Pedro Sánchez e Olaf Scholz á cabeza das dúas delegcións

Setembro foi, como ven sendo habitual, un mal mes pro emprego en Galicia. E nesta ocasión, contra a tendencia dos últimos meses, a nosa comunidade tivo un comportamento moito peor que a media nacional: o paro aumentou o dobre. Malos datos que responden á estacionalidade do emprego creado nos últimos meses, e que provocan preocupación sobre o que virá nos vindeiros meses. A XUnta, porén, destaca o aumento do emprego no último ano, e que o dato de parados é o mellor dende o ano 96.

  • Os científicos cren que podería axudar no tratamento de enfermidades como o cancro ou o alzheimer
  • Toman mostras do público voluntario nun concerto experimental da Real Filharmonía de Galicia

Cita clave para a pesca en Vigo. Hoxe abre no recinto feiral unha nova edición de Conxemar... Un certame no que está moi presente o veto á pesca de fondo en case un cento de áreas mariñas atlánticas... unha medida que entra en vigor o domingo.

N inauguracion estará o presidente da Xunta... alí atoparase co alcalde de vigo... pero Alfonso Rueda e Abel Caballero non mantiveron a reunión prevista para este luns.

Accidente mortal en Ponteareas na A-52. Un atropelo... descoñécense as circunstncias do suceso. Unha nova víctima mortal nas estradas que xa nos deixan un balance moi negtivo en setembro. Faleceron dez persoas en accidente fronte ás seis do mesmo periodo do anos pasado


Nove anos despois do accidente do Alvia, en Santiago está todo preparado para o comezo do xuizo, este mércorés...

Pero os familiares das vítimas creen que non están depuradas todalas responsabilidades. Esta mañá pedíron a dimisión de Ana Pastor a que acusaron de ocultar información.

O Regulamento que veta a pesca de fondo contén erros de vulto. Así o explicou a secretaria xeral de pesca, Alicia Villauriz, quen reiterou en Vigo que o Goberno precisa tempo para armar un recurso ante a xustiza europea.
 

O regulamento que veta a pesca de fondo en case un cento de áreas mariñas do atlántico contén erros de vulto. A secretaria xeral de pesca, Alicia Villauriz, reiterou en Vigo que se precisa tempo para armar un recurso ante a xustiza europea.

Sen reunión entre Alfonso Rueda e Abel Caballero en Vigo porque o alcalde rexeita o formato imposto pola Xunta. O executivo cita ós alcaldes nas respectivas sedes da Xunta e coa presencia dos delegados territoriais nas reunións.

María Rozas é a nova portavoz municipal de Compostela Aberta e cabeza de cartel na candidatura pra as eleccións locais de maio. Substitúe a Marta Lois que desvincula a saída coa súa proximidade ó proxecto "Sumar" de Yolanda Díaz.

O SERGAS ofreceralles aos maiores de 80 anos vacinarse contra a COVID no seu domicilio ou no centro de saúde. Adiantouno hoxe o conselleiro de Sanidade ante críticas que chegaban desde o rural polos desprazamentos ós grandes espezos de vacinación.

O tempo, seco e soleado. Volvemos a ter temperaturas propias do verán.

O ERE da consultora informática Coremain afectará finalmente a 90 empregados do centro de traballo de Costa Vella, en Santiago.

Marta Lois deixa de se-la portavoz de Compostela Aberta, pero seguirá como concelleira

Aumenta un 20 por cento a demanda na cociña económica da Coruña con respecto ó ano pasado.

Nos deportes, primeira derrota do Deportivo nesta tempada ligueira: 0-1 co San Fernando.
 

Nove anos despois do accidente do tren Alvia en Santiago, no que morreron 80 persoas, esta semana comeza o xuizo con dous acusados....o maquinista e o director de seguridade na circulación de Adif.... Iso será o mércores... hoxe a asociación de víctimas reclama que se diriman tamén responsabiliddes políticas e vai pedir ás portas do congreso a dimisión da vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Partor, ministra cando ocorriu o accidente.

Hoxe cita en Vigo coa pescana víspera de Conxemar...a que non está prevista é a reunión fixada para hoxe entre Alfonso Rueda e Abel Caballero