Os armadores da provincia traballan xa ó que dita o novo regulamento europeo sobre a pesca de fondo. Prohibido faenar a máis de 400 metros de profundidade de 87 áreas do Atlántico. De momento, todo está a transcorrer sen incidencias, pero o sector xa avisa de que acabará habendo conflito.
As vítimas do Alvia denuncian trato de favor ó ADIF no xuízo que vén de comezar na Cidade da Cultura de Santiago. O proceso retómase o xoves, coa declaración do ex director de Seguridade de ADIF, Andrés Cortabitarte.
En Oleiros, os veciños do Couto volven concentrarse hoxe en demanda dun paso de peóns. Critican que se considere a falta de vivendas coma un argumento válido para non adoptar a medida.
Hoxe comeza en Ferrol a sexta Edición do Festival de Artes Escénicas "Fóra do Mapa". Vaise prolongar ata o sábado
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Galicia amence pendente da pesca ante a primeira semana coa nova normativa europea que veta a actividade de fondo nas áreas protexidas do Atlántico. Vintecatro horas despois da súa entrada en vigor, o temor é que existan conflitos entre as diferentes artes pesqueiras ó ter que compartir zonas de traballo. De momento, o goberno pedirá a nulidade da medida ante o tribunal de xustiza da Unión. En todo caso, pendentes esta tarde da comisión de pesca en Bruxelas.
Hoxe comeza a campaña de vacinación da gripe pros grupos de risco, incluidos os nenos de entre 6 meses e 5 anos.
E a noite deixa un falecemento nas estradas. Unha muller de 90 anos morreu en Melide tras unha colisión frontal.
Nos deportes, derrota do Celta contra o Barça no Camp Nou por un gol a cero
O primeiro día co novo regulamento europeo sobre a pesca de fondo en vigor transcorre de momento sen incidencias, pero os armadores xa advirten de que o conflito entre as distintas artes vai ser inevitable. Ademais, tra-lo éxito da concentración deste sábado en Ribeira, non descartan novas mobilizacións.
A partir das dúas menos vinte imos falar coa secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, que pon o foco no prexuízo que o veto europeo vai supoñer, sobre todo, para o palangre
Xosé Manuel García fala coa secretaria xeral de Pesca, Dña. Alicia Villauriz
Hoxe é o día. O sector pesqueiro galego sae á rúa en Ribeira para protestar contra o veto europeo á pesca de fondo en 87 áreas do Atlántico. A cita, a partir das sete, a só unhas horas de que entre en vigor o novo regulamento.
Protesta tamén este mediodía en Santiago das traballadoras sociosanitarias de axuda a domicilio.
Polo demais, a consellería de Sanidade avisa de que segue a repuntar a pandemia e apela a vacinarse coa dose de reforzo. Anuncia unha suba de máis do 50 por cento no orzamento de vacinación pro vindeiro ano.
E a voltas de novo cos orzamentos estatais, con declaracións de tódolos líderes políticos.
No tempo da entrevista hoxe falamos con Mofa e Befa
Entrevista con Evaristo Calvo e Victor Mosqueira, integrantes do duo humorístico Mofa e Befa.
Realizada por Alejandra López
Os armadores teñen moitas dúbidas sobre a aplicación e o impacto que terá o veto a pesca imposto por Bruxelas, que se aprobará este domingo. Dinalmente son o do sector do palangre os que din se verán máis afectados. Mentres o ministerio de Pesca e a Xunta anuncian que poderían aprobar axudas pras frotas.
E esta mañá deu comezo a vacinación co reforzo da covid nos grandes centros galegos, coicidindo coa celebración en Compostela da Conmisión Interterritorial de Saúde.
- Setecentos expositores de corenta países mostran en Vigo a súa oferta buscando mercados novos
- As empresas galegas seguen apostando por internacionalizarse para mellorar o acceso á materia prima
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O delegado do Goberno en Galicia pídelle á Xunta que recoñeza o forte carácter social dos Orzamentos Xerais do Estado. José Miñones cifre en case 1.200 millóns de euros o diñeiro destinado a Galicia: un 13 por cento máis có ano pasado.
En Santiago, reuniuse o Consello interterritorial do Sistema nacional de saúde. Non tiña previsto abordar a retirada das máscaras onde aínda é obrigatoria. Arestora comparecen a ministra de Sanidade e o conselleiro da Xunta.
Galicia puxo en marcha a vacinación dos maiores de 80 anos pra o que reabre os chamados vacinodromos. Os casos activos de coronavirus aumentaron esta semana todo-los días. Agora xa pasan dos 1.600.
Un atlas reconstrúe a paisaxe de Galicia ó longo dos séculos co Camiño de Santiago como fío condutor. A obra componse de 700 páxinas de máis dun metro de ancho. Inclúe cartografías, textos e fotografías.
O tempo. Hoxe, predominan as nubes.
El presidente de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ha dicho al ser preguntado por los Presupuestos Generales del Estado que aunque el Gobierno habla de que son "expansivos" para Galicia y los ha calificado de "ficticios" porque luego, en el caso de esta comunidad autónoma, "no se ejecutan". "Esos presupuestos ficticios donde se ponen cantidades que luego no se ejecutan a Galicia no le pueden valer", ha dicho Rueda, en La Hora de La 1. Preguntado por la orden de la Fiscalía de escuchar a las familias de las personas que murieron en residencias durante la pandemia, ha asegurado que en el caso de Galicia "como en todas las comuniades autónomas" hubo "mometos de tensión", pero cree que en las residencias lograron solventarlos "bastante satisfactoriamente" poreu hicieron "un modelo de residencias medicalizadas que se convirtieron en sociosanitarias durante esos meses". Rueda ha recordado que hubo investigaciones de la Fisalia "que fueron cerradas sin ningún cargo para la comunidad autónoma" porque lo que cree que las cosas se hicieron bien. En cualquier caso, preguntado por las palabras del vicepresidente madrileño, Enrique Ossorio, en las que aseguraba que no había que investigar las muertes en las residencias porque las familias "ya lo han superado", Rueda no ha entrado a valorarlas, pero ha dicho que "en general es bueno que se compruebe que en todas partes las cosas se hicieron bien". En relación con otor asunto, la prohibición de la UE a la pesca de arrastre, Rueda ha dicho que a Galicia le afecta "muy de lleno" y que la estimación inicial es que entre 200 y 300 barcos se van a tener que retirar de donde estaban pescando.
Foto: EFE/Xoán Rey.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A comisión aclara qe a pesca estará prohibida en 87 áareas mariñas pero a máis de catrocentos metros. O ministerio sinala qe deste xeito 41 zonas quedan fora da veda... A dous días da entrada en vigor do regulamento a confusión aínda é importante.
E hoxe non hai cita co xuizo do Alvia, coa protesta dos avogdos da platforma de víctimas e do maquinista... presidenta do tribunal permitiu aprazar declaración do segundo acusado, Andrés Cortabitarte.
No concello do Pino, quedou extinguido o incendio que se declarou de madrugada no sanitorio La Robleda.
O lume obrigou a evacuar 60 usuarios que tiveron que ser reubicados noutros centros. Seis persoas, tres usuarios e tres empregados do centro, tiveron que recibir atención hospitalaria por inhalación de fume.
E temos que dar conta dun novo accidente mortal cun tractor. Outra vez a vícitma é unha persoa maior. Un home de 80 anos morreu aplastado polo tractor na Veiga. Baixouse del diante da casa, non quedou ben freado e pasoulle por enriba.
O tempo
Galicia continuará na influencia das altas presións, con réxime de ventos do nordés. Haberá máis nubes no norte, incluso algunha orballada na mariña de Lugo.
Segunda xornada do xuizo polo Accidente do Alvia en Angrois no 2013. Hoxe coas decalracións do maquisita do tren, Francisco Garzón que recoñeceu que se despistou por estar obrigado a atender unha chamada do seu interventor.
Bruxelas ratificou as Plabras do Ministro Planas, e aclara que a veta de pesca en 87 caladoiros comunitarios non é aplicable a quelas prácticas que non pasan dos 400 metros de profundidade.