Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O ERE da consultora informática Coremain afectará finalmente a 90 empregados do centro de traballo de Costa Vella, en Santiago.

Marta Lois deixa de se-la portavoz de Compostela Aberta, pero seguirá como concelleira

Aumenta un 20 por cento a demanda na cociña económica da Coruña con respecto ó ano pasado.

Nos deportes, primeira derrota do Deportivo nesta tempada ligueira: 0-1 co San Fernando.

Nove anos despois do accidente do tren Alvia en Santiago, no que morreron 80 persoas, esta semana comeza o xuizo con dous acusados....o maquinista e o director de seguridade na circulación de Adif.... Iso será o mércores... hoxe a asociación de víctimas reclama que se diriman tamén responsabiliddes políticas e vai pedir ás portas do congreso a dimisión da vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Partor, ministra cando ocorriu o accidente.

Hoxe cita en Vigo coa pescana víspera de Conxemar...a que non está prevista é a reunión fixada para hoxe entre Alfonso Rueda e Abel Caballero

Ás portas da campaña da gripe e coa vacinación da cuarta dose da covid en marcha, as enfermeiras galegas alzan a voz: non hai persoal suficiente, mais tendo en conta que a semana que vén reabren os centros de vacinación masiva.

Tamén as organizacións de consumidores piden máis medidas políticas ante a crise de prezos, teñen que ter un efecto rápido para a poboación máis vulnerable.

E pendentes na Xunta da resposta de Abel Caballero. A reunión de Alfonso Rueda co alcalde de Vigo está prevista para mañá pero desde Presidencia informan: aínda non teñen confirmación do rexedor.

Mañá de actos políticos en Galicia, arestora en Oroso undécima festa socialista na Área Recreativa de Penateixa. Nuns minutos contará coa presenza da portavoz do partido e ministra Pilar Alegría. Antes, asistimos á clausura do Foro que se celebra na Toxa con intervención por videoconferencia de Pedro Sánchez. Defendeu a reforma fiscal anunciada polo executivo, reforma criticada polo presidente da Xunta presente na Toxa. Alfonso Rueda teme que o goberno invada competencias autonómicas.

Mentres, en Vigo, acto da vicepresidenta segunda Yolanda Díaz co sector das conserveiras. Deu cifras sobre as irregularidades que afrontan as empregadas.

E chegou a autorización da Xunta para o selado de vertedoiro de Miramontes, que sempre estivo baixo as críticas da veciñanza de Grixoa, en Compostela, polos problemas ocasionados, entre eles varios incendios.

5 comunidaeds autónomas fixeron hoxe visible a fronte comíun pra apoiar con documentción o recurso do Ministerio Español contra o regulamento de areas mariñas protxidasque veta a pesca de fondo en 87 caladoiros do Atlántico.

Nuns minutos concentraranse en Pontevedra os Traballadores da Pasteira Ence. Os comités de empresa piden ao Tribunal Supremo que reconsidere a supresión da prórroga da celulosa ante a falta de localizacións alternativas pro complexo.

Unanimidade política, sindical e empresarial na demanda ó goberno central pra que recurra o regulamento de areas mariñas protxidas, que veta a pesca de fondo nun cento de áras. 5 comunidaeds autónomas fixeron hoxe visible a fronte comíun pra apoiar con documentción con un recurso que a Minsitra de Traballo tamén considera necesario pra defender ó sector. E na Coruña, os afectados advertían do desastre que causará no sector pesqueiro, no abastecemento a poboación e o tecido productivo da cidade.

O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de lei reguladora do Xogo. Unha nova norma pra sustituir a unha de 1985 que, pola súa antigüidade, non recolle moitas das formas que adopta esta actividade na actualidade. Tampouco os problemas que está a provoca-lo xogo entre os menores, que cada vez se inician antes na actividade. Algo no que se poñerá énfase neste proxecto, que limitará os establecementos, a súa distancia ós colexios e a centros de rehabilitación. Tamén se limitará a entrada dos menores e o seu acceso ás máquinas de xogo.

A Xunta sinala que o veto á pesca de fondo nun cento de áreas atlanticas terá un impacto de 800 millóns en Galicia. No Parlmento, a conselleira Rosa Quintana pediu que se aprace dous meses a entrada en vigor da medida.

Portugal da prioridade ó AVe con Galicia fronte ó de Madrid. Agora, o eixo atlántico pide que o goberno español lle dea prioridade tamén á saída sur desde Vigo.

E o sindicalista ferrolán, Rafael Pillado, terá que ser indemnizado pola exposición ó amianto na antig Bazán, aínda que o xulgado rebaixa cantidade que pedía a súa defensa.

O tempo

Durante o xoves teremos a chegada dunha nova fronte desde o norte, que deixará ceos nubrados e chuvascos xeneralizados