Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba


A Casa Cornide da Coruña volve estar á venda. A familia Franco púxoa de novo na web dun portal inmboliario. BNG e Marea Atlántica urxen ó equipo de Inés Rey a recuperar a titularidade deste inmoble, que nos anos 60 pasou de mans de Pedro Barrié de la Maza a Carmen Polo.

É un dos asuntos centrais da xornada.

O rexedor de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirma que volverá presentarse ás eleccións municipais. Será a sexta vez que encabece a lista socialista á alcaldía.

A Universidade da Coruña triplicou a súa factura enerxética pola suba do gas e a electricidade. A de Santiago busca aprobar hoxe novas medidas de aforro.

A plataforma por un transporte digno pra Ferrolterra anuncia novas protestas. O día 24 colasarán a autopista AP-9.

A Xunta estima que non van quedar en catro a persoas encarceradas por provocar incendios. O conselleiro de Medio Rural sinala que hai outras investigacións avanzadas. José González valora a colaboración cidadá e agrda que os detidos teñan que responder co seu patrimonio polos danos e o custe da extinción.
Agora estamos pendentes de que as fortes chuvias destes dís non agravaran os danos provocados polo lume
Porque continuamos na influencia da borrasca, van continuar os chuvas, aínda que ao final da xornada debilitarase rápidamente.
 

As investigacións da policia comezan a amosar resultados tralos devastadores incendios que asolaron a nosa comunidade. Xa hai catro detidos acusados de provocar lume os nosos montes. Pese a todo, dende a Xunta insisten na importancia da participación cidadá pra investigación.

No sanitario, continúan as protestas pola falta de médicos. Esta vez, na mariña lucense onde veremos a situación que están a vivir na localidade de Viveiro.

E no sector da pesca, una boa nova. O líder socialista, Valentin Gonzalez Formoso, anuncia que o comisario europeo de pesca e medioambiente comprómetese a evaluar de forma inmediata as restriccións para a pesca de arrastre.

Continúan as queixas pola falta de médicos.... agora na Mariña lucense.

Os usuarios do Centro de Saúde de Viveiro denuncian que estes días só teñen tres dos sete médicos de medicina xeral previstos, e só un pediatra.

Preocupación nos sectores mexilloeiro e marisqueiros polas perdas que está a ocasionar a persistencia da marea vermella.

O Itecmar espera comezar a abrir algunhas zonas para o marisqueo pero as bateas terán que agardar máis tempo.

Greenpeace critica o gasto que realizan as administracións en subvencionar
conexións aéreas que non son rendibles.

A organización ecoloxista di que non se xustiican nin desde o punto de vista económico nin ambiental. Cita os 10 millóns que o concello da Coruña gastou dende 2019.

A xenómica e a música, xuntos por vez primeira pra loitar contra a enfermidade.

Os asistentes a un concerto da Real Filharmonía vaiselles recoller unha mostra de saliva, antes e despois do evento, que permitirá indagar na reacción ó estimulo musical.

No tempo, segue a inestabilidade e hai aviso amarelo por fenómenos costeiros nas Rías Baixas e na zona do Miño en Pontevedra.


Hoxe remata o prazo para enviar ó Goberno Central os plans estratéxicos da Axenda Urbana 2030. Concellos como o de Santiago aprobaron o documento en pleno, pero outros, como o da Coruña, non o someteron a debate e déronlle o visto bo en xunta de goberno. Un procedemento que foi moi criticado pola oposición na corporación herculina.
 

A investigacion relacionada cos incendios da os seus froitos: unha veciña de verín ingresa en prisión como presunta autora dos incendiso que se produciron nesta localidade ourensá a primeiros de agosto. A semana pasada outros tres homes foron tamén ó cárcere acusados tamén de poñer lume ó monte.
E, desde hoxe viaxar a Benidorn, por exemplo, é máis doado. Renfe pon en marcha un servizo directo de alta velocidade desde Ourense...

O tempo. Galicia continuará baixo a influencia dunha borrasca localizada ao oeste. Van continuar os chuvascos puntualmente fortes.
 


Viaxar de Galicia a alicante en menos de 5 horas, será posible dende mañá.
A Alta Velocidade unirá Ourense coa cidade alicantina. Trátase dunha liña directa que se suma á oferta de Renfe e que preve ter unha gran acollida.

e mentres...Os problemasaa cos trens do eixo atlántico continuan. Os usuarios denuncian saturación e numerosos fallos técnicos que causan retrasos.

Todo nun día no que a CIG volve convocar pra mañá outra xornada de folga nos centros de chamadas de toda Galicia pra reclamar un novo convenio digno pro sector que afecta na nosa comunidade a 8000 traballadores .
 

Galicia quedará a partir de mañá conectada con Alicante a través dunha liña directa de Alta Velocidade.

Os usuarios temen que esta nova conexión xere problemas para atopar billetes que conecten con Madrid

o BNG propón modificar a lei de costas e a de cambio climático para protexer as empresas do sector mar-industria.

A portavoz nacinal, Ana Ponton, que se reuniu co presidente de Anfaco, Juan Manuel Vieites, anunciou que van presentar dous proxectos lexislativos para non poñer en perigo a actividade das depuradoras.

A Xunta leva a Bruxelas a súa queixa polo tratamento do lobo por parte do goberno central.

Consideran excesivo o proteccionismo a esta especie, e así llo expuxo hoxe ó comisario europeo de Medio Ambiente.

Expertos de todo o mundo buscan, dende hoxe, en Pontevedra, solucións ás pragas que afectan ás masas forestais.

Este mes haberá outro sobre o desenvolvemento de cultivos resistentes que permitan convatir os problemas derivados, por exemplo, do cambio climático.


No tempo, por diante unha tarde con aviso amarelo por choivas fortes no sur e suroeste da Coruña, Rías Baixas e zona do Miño en Pontevedra. Son as consecuencias de Daniela.

Iniciamos semana con chuvias, pero os concellos non as teñen todas consigo. Agora A Coruña e outros dez da comarca están tamén en prealerta por seca. Algúns, como Arteixo, abordan xa hoxe posibles limitacións ou recomendacións para un consumo de auga máis responsable. Outros, como Cambre, prefiren agardar.

En Ferrol, a CIG-Saúde denuncia o desvío de cartos públicos a empresas privadas. Quéixase de que o SERGAS contrate compañías externas para o mantemento dos hospitais da cidade.

O ministro de Presidencia, Félix Bolaños, reitera na Coruña o compromiso do Goberno co porto herculino.

A Coruña tamén despide a Saleta Goy. A viúva de Manuel María pasou os últimos anos da súa vida na cidade.

Xa nos Deportes, segunda victoria da temporada pro Deportivo. Gañou en Mérida por un gol a cero.