Comeza a nova lexislatura autonómica. Nesta sesión especial, encabezada polo parlamentario de máis idade, o histórico Xosé Manuel Beiras, e polos máis novos, o Parlamento galego reelixiu pouco despois do mediodía a Pilar Rojo como presidenta da institución. // Varios colectivos manifestáronse diante do Parlamento, mentres se celebraba a sesión constitutiva. // O alcalde de Lugo, o socialista José López Orozco, terá que declarar como imputado polos delictos de suborno e tráfico de influencias no sumario da Operación Pokemon. Orozco defende a súa inocencia e asegura que non pensa dimitir. // O mar e os deportes náuticos, ao alcance de todos... Sanxenxo acolle xa o Centro Nacional de Vela adaptada, onde se imparten cursos gratuítos, teóricos e prácticos. // Deportivo e Celta xogan o domingo. O Dépor, fronte ao Levante e o Celta recibe ao Mallorca en Balaídos. 16/11/12
Comeza a IX lexislatura autonómica. // Varios colectivos manifestáronse diante do Parlamento, mentres se celebraba a sesión constitutiva. // O alcalde de Lugo, José López Orozco, terá que declarar como imputado na Operación Pokemon. Orozco asegura que non pensa dimitir. // Centro Nacional de Vela Adaptada, en Sanxenxo. // Deportivo - Levante e Celta - Mallorca, o domingo. 16/11/12
Intervalos nubrados con chuvascos ocasionalmente tormentosos, máis probables na madrugada. Durante a tarde de novo irán empezando polo Sur e Sueste de Galicia. Vento do Sur moderado, con intervalos fortes no litoral atlántico. Temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. 16/11/12
Sesión constitutiva do Parlamento galego: Xosé Manuel Beiras, presidente da mesa de idade, di que tivo a tentación de disolver a Cámara. O alcalde de Lugo non pensa dimitir pola imputación no caso Pokemon. Incautados 16 quilos e medio de cocaína en dúas operacións en Galicia.
- López Orozco ya pidió comparecer voluntariamente ante la jueza
- Dice recibir la noticia de su imputación con "entera tranquilidad"
- Esta trama investiga supuestas subvenciones públicas fraudulentas
Segundo día de interrogatorio o capitán do Prestige. O avogado do Estado tentou demostrar que Mangouras desobedeceu as ordes das autoridades españolas. // A infanta Elena inaugura oficialmente en Sanxenxo o Centro Nacional de Vela Adaptada. Unha escola que achega a navegación ás persoas con discapacidade física ou psíquica. // As protestas dos gandeiros logran que un supermercado que acaba de inaugurar en Santiago retire o leite de oferta que usaban como produto reclamo. // En Galicia máis de 40.000 persoas padecen unha enfermidade mental. Asociacións de familiares e enfermos, en colaboración coa fundación Solidarios Anónimos, presentaron hoxe unha campaña de concienciación na que participan famosos do cine e a televisión. (15/11/12)
Néboas matinais no interior e nos litorais de Lugo e da Coruña durante a mañá, quedando os ceos pouco anubrados no resto, salvo o sueste, onde haberá máis nubes e posibilidade dalgunha precipitación débil e illada. Temperaturas en ascenso entre lixeiro e moderado, quedando as máximas en valores altos para a época do ano. Ventos frouxos do leste e o sueste, moderados nas zonas de montaña. (15/11/12)
Segundo día de interrogatorio o capitán do Prestige. // A Xunta busca contratos con Petrobrass para o naval galego. // Folga xeral: O día despois. // Chega a Ourense a exposición do concurso de fotografía Purificación García. // Abre en Santiago un novo centro comercial cun espazo dunhas cinco hectáreas e 140 locais. (15/11/12)
Segundo día de interrogatorio o capitán do Prestige. O avogado do Estado tentou demostrar que Apostolos Mangouras desobedeceu as ordes das autoridades españolas no momento do accidente. // O Goberno galego pediralle ao de Mariano Rajoy que as relacións comerciais entre Galicia e a empresa Brasileira Petrobrass sexan prioritarias. // Folga xeral: A nosa comunidade liderou o seguimento do paro a nivel nacional, xunto a Asturias e Cataluña. // Chega a Ourense a exposición das obras seleccionadas na novena edición do concurso de fotografía que a deseñadora Purificación García convoca cada dous anos. // Esta mañá abriu en Santiago un novo centro comercial cun espazo dunhas cinco hectáreas e 140 locais. Para moitos este tipo de establecementos supoñen unha competencia que dificilmente pode soportar o comercio tradicional. (15/11/12)
Pilar Rojo será reelexida mañá presidenta do Parlamento galego. O capitán do Prestige declara que a Administración non lle permitiu levar o buque a unha enseada. Os gandieros obrigan a Carrefour a retirar da venda o leite que tiñan a venda por menos de 30 céntimos.
- Asegura que la dimensión del petrolero hacía imposible fondearlo en un abrigo
- Continúa el juicio por los daños causados por el vertido de fuel en 2002
Milleiros de persoas saíron á rúa para protestar contra as políticas de recortes e austeridade do Goberno e pedir un cambio de rumbo. As centrais convocantes estiman que o seguimento da folga está a ser do noventa por cento. // Empresas emblemáticas como a Citroen de Vigo manteñen parada a produción a causa da folga, nesta xornada que se está a caracterizar pola ausencia de incidentes de importancia. // Trens parados e os aeroportos da Coruña e Vigo baleiros. No comercio o seguimento da folga está a ser irregular, segundo a patronal, e de case o cen por cen, segundo os sindicatos. // Aprazado por folga: O Tribunal do xuízo do Prestige suspende ata mañá a vista pola ausencia de boa parte dos avogados persoados na causa. 14/11/12
Milleiros de persoas saíron á rúa para protestar contra as políticas de recortes e austeridade do Goberno. // Empresas emblemáticas como a Citroen de Vigo manteñen parada a produción a causa da folga. // Trens parados e os aeroportos da Coruña e Vigo baleiros. // O Tribunal do xuízo do Prestige suspende ata mañá a vista pola ausencia de boa parte dos avogados. 14/11/12
Ceos con intervalos de nubes, principalmente de tipo medio e alto. Vento frouxo do Leste e Sueste, con intervalos moderados nas zonas de montaña. Bancos de néboas matinais. Temperaturas en lixeiro ou moderado ascenso. 14/11/12
Descatado segumento do paro e ausencia de incidentes na folga xeral en Galicia. Suspendido o xuizo do prestige pola folga. Un mariñeiro peruano morre ó caer do barco no que faenaba cerca deBurela.
Diez años después este mariscador mira la costa da Morte con menos peso a su espalda. Estuvieron casi un año parados, algo menos los pescadores como Nacho, gerente de la cofradía de Muxía. Consciente de que por delante de sus barcos pasa unos de los mayores corredores marítimos del mundo, ha seguido de cerca las medidas que se tomaron para evitar que accidentes del Prestige acabaran en catástrofe. El Estado compró buques anticontaminantes y alejó una milla el tráfico marítimo.
Comezan a declarar os imputados no xuízo do Prestige. // Ambiente atípico nos mercados nas semanas previas ó Nadal, con mínima demanda pese ós baixos prezos. // O IPC medrou en outubro en Galicia o 1,1 por cento. // Os aeroportos galegos perderon no que vai de ano medio millón de pasaxeiros, con respecto a 2011. // Case 200 soldados da Brilat parten cara Afganistán. // X Aniversario do MARCO. (13/11/12)
Ceos pouco nubrados ou despexados durante toda a xornada, unicamente con algunhas nubes de tipo alto. Vento frouxo de compoñente Leste, con intervalos moderados no litoral Norte. Temperaturas mínimas sen cambios significativos, de novo con algunha xeada matutina en zonas do interior, e máximas en lixeiro ascenso. (13/11/12)
Comezan a declarar os imputados no xuízo do Prestige. // Ambiente atípico nos mercados nas semanas previas ó Nadal, con mínima demanda pese ós baixos prezos. // O IPC medrou en outubro en Galicia o 1,1 por cento. // Os aeroportos galegos perderon no que vai de ano medio millón de pasaxeiros, con respecto a 2011. // Case 200 soldados da Brilat parten cara Afganistán. // X Aniversario do MARCO. (13/11/12)
Comezouo xuizo do Prestige coa declaración do capitán Apostolos Mangouras. Greenpeace lembra ós políticos que tiveron responsabilidade na catástrofe. Aparece con silicona as portas dunha ducia de Gadis pola protesta dos productores de leite.