Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ceos parcialmente cubertos, con chuvias máis frecuentes e intensas no litoral norte. Temperaturas mínimas sen cambios significativos e máximas en descenso entre lixeiro e moderado. Ventos do noroeste, moderados na costa, con refachos fortes no litoral norte e frouxos no interior. 26/11/12

A protesta dos xuices provoca a suspensión de 400 vistas na provincia de Ourense. Os controladores de lavacolla volven a declarar no xulgado. Os sindicatos agrarios piden que Núñez Feijóo se implique na crise do sector lácteo. Falamos co promotor do centro de recuperación de fauna Félix Rodríguez de la Fuente.

Cumio internacional na Coruña para darlle pulo á acuicultura en Europa. // O alcalde de Lugo, aliviado trala súa declaración ante a xuiza Pilar de Lara. López Orozco anunciou que vai solicitar o arquivo da súa imputación por suborno e tráfico de influencias. // En Vigo uns dos mil escolares participaron neste tapiz humano para denunciar a violencia contra a muller. No que vai de ano 40 foron asasinadas en toda España, tres en Galicia. 23/11/12

Cumio europeo na Coruña para darlle pulo á acuicultura. // Os gandeiros comezarán o martes unha folga indefinida de entrega de leite. // A Presidenta do Parlamento galego comunícalle oficialmente a Nuñez Feijóo, que ten o apoio maioritario dos deputados para ser presidente da Xunta. // Orozco considera reforzada a súa inocencia tras responder ás preguntas da xuíza Pilar de Lara. // Un tapiz humano para condenar a violencia de xénero. // Pre estrea de `Invasor¿. 23/11/12

Ceos estarán moi nubrados, con chuvias no litoral da provincia da Coruña. Vento forte de compoñente Sur no litoral e zonas altas, que pola tarde alcanzará intervalos moi fortes e moderados con intervalos fortes no resto. Temperaturas mínimas en ascenso entre moderado e notable, e máximas sen cambios significativos. 23/11/12

Cumio europeo na Coruña para darlle pulo á acuicultura, na que Galicia é líder. // Os gandeiros comezarán o martes unha folga indefinida de entrega de leite ás industrias. Todos os sindicatos chaman aos 20 mil gandeiros galegos a que tiren o leite a partir do día 27 en protesta polos baixos prezos. // A Presidenta do Parlamento galego comunícalle oficialmente a Nuñez Feijóo, que ten o apoio maioritario dos deputados para ser presidente da Xunta. Hoxe foi a rolda de consultas cos portavoces parlamentarios. // O socialista José López Orozco considera reforzada a súa inocencia tras responder a todas as preguntas da xuíza Pilar de Lara. Dixo sentirse aliviado e vai solicitar o arquivo da súa imputación por suborno e tráfico de influencias. // Un tapiz humano formado por dous mil nenos para condenar a violencia de xénero. Foi este mediodía nunha das rúas máis céntricas de Vigo. // Pre estrea de `Invasor¿, a película de Daniel Calparsoro, na Coruña. 23/11/12

Só o Grupo Popular apoiará a candidatura de Núñez Feijóo para un novo mandato na Xunta. A oposición satisfeita coa sentencia do Tribunal Superior de Galicia sobre o Galego. O alcalde de Lugo espera que o BNG volva ó goberno local.

O presidente da Xunta tomará posesión do seu cargo o sábado 1 de decembro. Antes, o martes e o xoves da semana que vén terá lugar o seu debate de investidura. // Cada vez son máis as mulleres que chaman o teléfono de atención ao maltrato, sen embargo as denuncias diminuíron. É o que denuncia un informe de Comisións Obreiras. // Galiciencia, unha feira que pretende espertar o interese dos escolares pola investigación. (22/11/12)

La generosidad de un desconocido ha evitado el desahucio de una familia con tres hijos en Vigo. Un donante anómimo les ha dado los 8.500 euros que necesitaban para liquidar varios recibos. Era la condición que el banco les impuso para concederles la dación en pago y un alquiler social de su casa.

O único responsable político que senta no banco dos acusados polo sinistro do Prestige, José Luis López Sors, daquela director xeral da Mariña Mercante, defendeu hoxe no xuízo a súa decisión de afastar o petroleiro da costa. // A Xunta vai colocar nas próximas horas oitenta millóns de euros de débeda no Banco Europeo de Investimentos, para pagar infraestruturas que se están executando na comunidade neste 2012. // A crise económica, a falta de recursos, frea as denuncias por violencia de xénero. É o que conclúe un estudo presentado hoxe por Comisión Obreiras. // Unha doazón anónima de 8.500 euros evita o desafiuzamento unha familia de Vigo con tres fillos. Agora seguirá vivindo no mesmo piso, pagando un alugueiro social. // Galiciencia, unha feira que pretende espertar o interese dos escolares pola investigación e demostrar que a ciencia se pode estudar de maneira divertida. Mostra medio cento de inventos e proxectos de investigación realizados por estudantes de FP e ESO de toda Galicia. (22/11/12)

En el juicio por los daños que provocó el hundimiento del Prestige, el exdirector de la Marina Mercante, José Luis López Sors , ha dicho que fue él quien decidió alejar el carguero a 30 millas de la costa.

Nubes de tipo medio e alto, e máis abundantes no litoral Oeste da provincia da Coruña, onde haberá algunhas precipitacións débiles. Vento de compoñente Sur, pola mañá frouxo no interior e moderado no litoral, con intervalos fortes no litoral da Coruña. Pola tarde, forte en todo o litoral e moderado no resto. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso, e máximas sen cambios significativos. (22/11/12)

José Luis López Sors, ex director xeral da Mariña Mercante, defendeu hoxe no xuízo a súa decisión de afastar o Prestige da costa. // A Xunta vai colocar nas próximas horas oitenta millóns de euros de débeda. // A crise económica, a falta de recursos, frea as denuncias por violencia de xénero. // Unha doazón anónima de 8.500 euros evita o desafiuzamento unha familia de Vigo. // Galiciencia, unha feira que pretende espertar o interese dos escolares pola investigación. (22/11/12)

O ex-director xeral da Mariña Mercante asegurou no xuizo do Prestige que non consultaba ós seus superiores as decisións tra-lo naufraxio. O debate de investitudra de Núñez Feijóo como presidente da Xunta iniciarase o día 27. Protesta de familiares dos discapacitados ante a Delegación do Goberno polos recortes sociais.

El exdirector general de la Marina Mercante, José Luis López Sors, ha argumentado que desde el buque 'Prestige' se les transmitió, en las primeras horas del accidente, que había "serio peligro de hundimiento" y que, por ello, le pareció "mejor" que el barco se hundiera "lejos de la costa" para minimizar los daños para el medioambiente. Ha justificado así su orden de alejar el barco: "Esa decisión se adopta pensando en el peor de los escenarios y en evitar riesgos mayores". La declaración del exdirector general de la Marina Mercante José Luis López Sors en el juicio por la catástrofe marítima del 'Prestige' se ha realizado este jueves a petición su letrada, la abogada del Estado Consuelo Castro, según ha decidido el tribunal.