Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Voto dos residentes ausentes: Aumenta a abstención polo voto rogado. En torno ó 97% en Pontevedra e Ourense. // Morre o ex conselleiro do partido popular José Antonio Orza. Foi Conselleiro de Economía en todos os gobernos de Fraga dende 1989 ata 2005. // No deportivo, a fin de semana deixounos un empate en Balaídos entre o Celta e o Depor, e unha nova vitoria do Obradoiro de baloncesto. // Asistimos ao pase de páxina dos códices que se expoñen na Cidade da Cultura, en Santiago. // Campaña e cogomelos: Este outono vai ser moi boa en Galicia, en variedade, calidade e cantidade. (29/10/12)

Residentes ausentes: Aumenta a abstención polo voto rogado. // Morre o ex conselleiro José Antonio Orza. // Empate en Balaídos entre o Celta e o Depor, e nova vitoria do Obradoiro de baloncesto. // Pase de páxina dos códices que se expoñen na Cidade da Cultura. // Campaña e cogomelos. (29/10/12)

Ceos pouco anubrados, pero co avance do día irán entrando nubes polo norte que deixarán algún chuvasco na provincia de A Coruña. Temperaturas sen cambios significativos, con ascensos puntuais das mínimas. Ventos frouxos de compoñente sur, aumentando a moderados pola tarde no litoral. (29/10/12)

O PSOE analiza os malos resultados electorais de Galicia e o País Vasco. Usuarios da AP-9 piden que mañá non se use esta vía en protesta polos incrementos de prezos. Nova campaña de tráfico para reduci-los atropelos.

Las urnas han hablado en Galicia y Euskadi. El popular Nuñez Feijóo amplió su mayoría absoluta en Galicia, mientras que en el País Vasco triunfó con mayoría simple el nacionalismo del PNV de Íñigo Urkullu. A la espera de lo que suceda en Cataluña, estas elecciones autonómicas también han certificado el desplome del socialismo. Informe Semanal se ha acercado a las figuras políticas y humanas de los vencedores electorales en Euskadi y Galicia.

O paro descendeu en 11.900 persoas en Galicia durante o último trimestre. // Abre ao tráfico un novo treito da vía de alta capacidade Monforte-Lugo, entre O Incio e Sarria. // Máis de 400 especialistas de todo o mundo analizan en Santiago as técnicas máis novas en implantes dentais. // Mañá volve o derbi galego a Primeira. // Esta fin de semana celébrase en Sarria, en Lugo, o I Congreso Internacional de Observadores de Nubes. 26/10/12

O paro descendeu en 11.900 persoas en Galicia durante o último trimestre, mentres no conxunto do estado segue medrando, e xa está por riba do 25 por cento da poboación activa. // Abre ao tráfico un novo treito da vía de alta capacidade Monforte-Lugo, entre os concellos de O Incio e Sarria. O novo tramo ten sete quilómetros e reduce nun dez por cento a lonxitude do trazado da estrada vella. // Máis de 400 especialistas de todo o mundo analizan en Santiago as técnicas máis novas en implantes dentais. // Mañá volve o derbi galego a Primeira, e nin Celta nin Deportivo se fían do rival. Desde a Coruña ven ó equipo de Vigo nun bo momento de forma. O Celta mira ó Depor con prudencia, e pensa que en encontros coma este non hai favoritos. // Esta fin de semana celébrase en Sarria, en Lugo, o I Congreso Internacional de Observadores de Nubes. 26/10/12

O paro descendeu en 11.900 persoas en Galicia durante o último trimestre. // Abre ao tráfico un novo treito da vía de alta capacidade Monforte-Lugo, entre O Incio e Sarria. // Máis de 400 especialistas de todo o mundo analizan en Santiago as técnicas máis novas en implantes dentais. // Mañá volve o derbi galego a Primeira. // Esta fin de semana celébrase en Sarria, en Lugo, o I Congreso Internacional de Observadores de Nubes. 26/10/12

Chuvascos, máis probables no sueste de Galicia, e ceos anubrados con precipitacións na costa norte. Vento de compoñente norte, frouxo pola mañá, aumentando a moderado no litoral pola tarde. Temperaturas mínimas sen cambios e descensos das máximas na zona norte. 26/10/12

O paro baixou en 11.200 persoas no terceiro trimestres. Os sindicatos considera que é un dato enganoso, porque o emprego só aumentou no sector servizos e é de carácter temporal.O PSdeG pídelle explicacións á Xunta polo traslado de gastos dun ano a outro. Os mariscadores ameazan con paraliza-la actividade pola escasa rendabilidade. Celta e Deportivo ultiman a preparación do partido que os enfronta mañá en Balaídos. Entrevistamos a Gervasio Sánchez, foto peridodista.

Os galegos poderemos elixir médico, pediatra, enfermeiros e mesmo hospital. É unha das novidades do borrador da Lei de Garantías de prestacións sanitarias públicas. // O concello de Cerdedo recupera os 200.000 euros que os piratas informáticos roubaran da súa conta de banca electrónica. // Técnicas básicas para a reanimación de bebés. // Tereixa Navaza recibe unha homenaxe organizada polo Consello da Cultura Galega. // A dous días do derbi aumenta, a modo, o ritmo de venda das entrada en Balaídos. 25/10/12

Os galegos poderemos elixir médico, pediatra, enfermeiros e mesmo hospital. É unha das novidades do borrador da Lei de Garantías de prestacións sanitarias públicas estudado hoxe no Consello da Xunta. // O concello de Cerdedo recupera os 200.000 euros que os piratas informáticos roubaran da súa conta de banca electrónica. A maioría das transaccións foron rastrexadas e anuladas, e o resto adiantoullo Novagalicia Banco. // Técnicas básicas para a reanimación de bebés. Nais e avoas de Ourense aprenden cómo actuar se o pequeno entra en parada cardiorrespiratoria. // Foi a imaxe de Televisión Española en Galicia. Tereixa Navaza recibe hoxe unha homenaxe organizada polo Consello da Cultura Galega. // A dous días do derbi aumenta, a modo, o ritmo de venda das entrada en Balaídos, e tamén medran as queixas polo seu elevado prezo. 25/10/12

Os galegos poderemos elixir médico, pediatra, enfermeiros e mesmo hospital. É unha das novidades do borrador da Lei de Garantías de prestacións sanitarias públicas. // O concello de Cerdedo recupera os 200.000 euros que os piratas informáticos roubaran da súa conta de banca electrónica. // Técnicas básicas para a reanimación de bebés. // Tereixa Navaza recibe unha homenaxe organizada polo Consello da Cultura Galega. // A dous días do derbi aumenta, a modo, o ritmo de venda das entrada en Balaídos. 25/10/12

Intervalos de ceos anubrados con chuvascos, máis probables na metade Sur.

Vento frouxo de compoñente Sur pola mañá, con algúns intervalos moderados no Sur, cambiando a compoñente Norte pola tarde. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso, e máximas en lixeiro ascenso. 25/10/12

López Orozco defende ó secretario xeral do PSdeG-PSOE. Descontento entre os armadores galegos pola proposta de capturas e cotas para 2013 feita pola Comisión europea. A dirección de ENCE mantén que o traslado da fábrica de Pontevedra é técnicamente imposible.