Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

En Novembro aumentou o desemprego en Galicia en 8.700 persoas. // Preocupación en Ferrol e Verín pola intención de Paradores de Turismo de pechar os seus establecementos nestas cidades. // Peche de afectados por participacións preferentes nun caixeiro automático na localidade pontevedresa de Gondomar. // Os administradores concursais pretenden recadar case sete millóns de euros poxando bens dos laboratorios Nupel. // As organizacións en defensa do galego rexeitan o proxecto de reforma educativa proposta polo Goberno. // Belén familiar de Conxo. 04/12/12

Ceos parcialmente cubertos e chuvascos, máis probables e frecuentes na metade Norte de Galicia. A cota de neve está en torno aos 1.100 metros de altura. Ventos frouxos do noroeste, tendendo a rolar a oeste pola tarde, con intervalos de intensidade moderada no litoral e momentos fortes ao final do día en torno a Bares. Temperaturas sen cambios significativos. 04/12/12

O paro subiu en Galicia máis do dobre que a media. Encerro nunha sucursal do Banco de Santander en Santiago para evitar catro desafiuzamentos. Afectados polas preferentes bloquearon o traballo en dúas sucursais de NGB en Vigo.

Toma posesión o novo Goberno da Xunta, elexido para dirixir Galicia os próximos catro anos. Un periodo no que, asegura o presidente Alberto Núñez Feijóo, os axustes darán paso ao crecemento económico. Só se estrea o titular de Economía e Industria, Francisco Conde. // Comeza en Vigo unha folga indefinida no transporte urbano que reduce ao corenta por cento os autobuses que circulan nas horas punta e suprime once liñas. O paro dos traballadores da empresa concesionaria, Vitrasa, é unha protesta polo atranco nas negociacións do convenio, que tentan desbloquear coa axuda dun mediador. // Varias asociacións de persoas con discapacidade e os seus familiares denuncian en Vigo as dificultades que atravesan para facer o seu traballo. Pídenlle aos gobernos que respecten os dereitos adquiridos nos últimos anos para que a crise non complique aínda máis a integración. 03/12/12

Toma posesión o novo Goberno da Xunta, elixido polo presidente Alberto Núñez Feijóo para dirixir Galicia os próximos catro anos. Un período no que, asegura Feijóo, os axustes darán paso ao crecemento económico. // Asociacións de persoas con discapacidade e os seus familiares denuncian en Vigo a situación de emerxencia pola que atravesan para facer o seu traballo. // Comezou unha folga indefinida nos autobuses urbanos de Vigo que reduce ao corenta por cento o servizo nas horas punta e suprime doce liñas. O paro dos traballadores da empresa concesionaria, Vitrasa, é unha protesta polo atranco nas negociacións do convenio. // O Deportivo afúndese nos postos de descenso tras caer en Riazor ante o Betis logo de remontar inicialmente un cero dous en contra. Fora deses postos de perigo está o Celta que así e todo deixou fuxir no último instante dous puntos de Balaídos ante o Levante. // "Calcetíns", unha curtametraxe na que os actores e actrices son persoas con discapacidade. 03/12/12

Toma posesión o novo Goberno da Xunta. // Asociacións de persoas con discapacidade e os seus familiares denuncian en Vigo a situación de emerxencia pola que atravesan. // Comezou unha folga indefinida nos autobuses urbanos de Vigo. // O Deportivo afúndese nos postos de descenso. O Celta deixou fuxir no último instante dous puntos de Balaídos ante o Levante. // "Calcetíns", unha curtametraxe na que os actores e actrices son persoas con discapacidade. 03/12/12

Ceos anubrados, sobre todo nas provincias atlánticas, con precipitacións débiles, moderadas ao longo da noite. Néboas matinais en zonas do interior. Ventos do suroeste moderados, con intervalos fortes no litoral norte. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso, e máximas sen cambios. 03/12/12

Núñez Feijóo presidiu a toma de posesión do seu goberno no que só hai unha cara nova. A oposición considdera un desacerto a renovación do Goberno. Os sindicatos convocatan tres días de folga nas ambulancias.

Inquedanza en Galicia polo futuro dos investimentos en Novagalicia banco. O plan contra a seca da Xunta permitirá cobrar máis pola auga cando escasee. Comezou en Pontevedra Culturgal.

Peche de oficinas bancarias, debido á reestruturación de Novagalicia Banco obrigada polo rescate da Unión Europea. Coa súa desaparición, quedan sen servizos bancarios moitos concellos, sobre todo no interior de Ourense e Lugo. // Fin de semana de feira para a cultura galega. Toda a oferta está desde hoxe en Pontevedra, en Culturgal, un encontro de referencia para o sector. A pesar de que os recortes rebaixan cada ano o seu orzamento, a feira ten organizadas nesta edición máis de 200 actividades gratuítas para nenos e adultos. // O son da arpa céltica dun músico que leva trinta anos recuperando e renovando a música popular galega. Rodrigo Romaní presenta novo disco, "As arpas de Breogán". É o seu terceiro traballo en solitario, folk contemporáneo en homenaxe a un instrumento con moita historia. 30/11/12

Peche de oficinas bancarias, debido á reestruturación de Novagalicia Banco obrigada polo rescate da Unión Europea. Coa súa desaparición, quedan sen servizos bancarios moitos concellos, sobre todo no interior de Ourense e Lugo. // Alberto Núñez Feijóo xa é Presidente da Xunta, por segunda lexislatura consecutiva, logo de ser elixido polo Parlamento cos 41 votos do Partido Popular. // Música, libros, teatro, cine, monicreques... Toda a oferta cultural galega ten cita en Pontevedra na feira Culturgal. // O Celta medirase Real Madrid na seguinte rolda da Copa do Rei tras eliminar ó Almería. Pola contra o Deportivo di adeus a Copa tras empatar a cero en Mallorca. // O novo disco de Rodrigo Romaní, "As arpas de Breogán". 30/11/12

Peche de oficinas bancarias, debido á reestruturación de Novagalicia Banco, sobre todo no interior de Ourense e Lugo. // Alberto Núñez Feijóo xa é Presidente da Xunta. // Toda a oferta cultural galega en Pontevedra, na feira Culturgal. // O Celta medirase Real Madrid na seguinte rolda da Copa do Rei. O Deportivo di adeus a Copa. // O novo disco de Rodrigo Romaní, "As arpas de Breogán". 30/11/12

Ceos nubrados con precipitacións máis cuantiosas na metade Oeste, de intensidade moderada, que poden ir localmente acompañadas de sarabia e aparato eléctrico, especialmente durante a primeira metade do día, e serán de neve por enriba dos 800-900 metros. Vento de compoñente Norte, moderado en xeral, forte no litoral atlántico e nas zonas altas, con tendencia a amainar a partir de media tarde. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas en zonas do interior. 30/11/12

Pleno de investidura do Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta. // Finalmente serán uns 2.500 traballadores os que terá que despedir Novacaixagalicia. // Os gandeiros dan por suspendida a folga e volven, na súa maioría, entregarlle o leite ás industrias. // Menús de primeira, con produto conxelado como base. // Volve a Copa. 29/11/12

Intervalos de nubes e chuvascos, máis xeneralizados durante a mañá, máis illados e ocasionais durante a tarde. Cota de neve sobre os 900-1.000 metros. Xa pola noite as choivas volven á metade Oeste de Galicia. Vento de compoñente Norte entre frouxo e moderado. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas débiles en zonas do interior de madrugada. 29/11/12