As máis de 60 escolas infantís Galiña Azul da provincia comezan a semana con convocatoria de folga do persoal, que pertence ó Consorcio Galego de Benestar.
Máis de 40 mil estudantes regresan ás aulas nas universidades da Coruña e Santiago con novas titulacións coma Relacións Internacionais en Ferrol.
Inaugurada a Vía Verde Cerceda-Oroso con 21 kilómetros de senda peonil e ciclista que pasa por 4 municipios.
Nos deportes, vitoria do Racing de Ferrol 2-1 ante o Real Madrid Castilla no campo da Malata.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Primeiro luns de setembro de estrea da nova programación en Radio Nacional. E tamén o da volta ás aulas dos estudantes universitarios. Hoxe abren tamén as gardarías....
Nunha mañá chuviosa....aínda que non en toda Galicia. Así mentres que en municipios como Mazaricos ou Carnota se acumularon en 12 horas ata 80 litros por metro cadrado... as precipitacións apenas chegaron ás provincias de Ourense e Lugo.
Galicia permanece na influencia das baixas presións, con ventos do suroeste que impulsan o avance da fronte fría cara ao leste. Así agárdanos unha xornada de chuvias máis intensas pola mañá e na metade oeste. O vento causou nas últimas horas algunhas incidencias....Na Coruña, no barrio das Flores, derrubou un olmo de 14 metros. Non provocou danos ainda que caeu ó lado dun mercadiño solidario con motivo das festas no barrio.
Entrevista co Secretario Xeral do PSdeG, Alcalde das Pontes e Presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso realizada por Xosé Manuel García.
A uns días do comezo do curso escolar, a adaptación lexislativa non chegou a tempo. Os sindicatos denuncian que a volta as aulas será sen a programación definitiva.
Neste informativo escoitaremos tamén as peticións da asociación galega de familiares de enfermos de Alzheimer, que buscan un novo modelo de coidados centrado en frear no posible o deterioro cognitivo.
No noso tempo de entrevista, analizamos o comezo de curso político co secretario xeral socialista, Valentín González Formoso.
E a choiva xa fixo a súa aparición en parte da comunidade. Ademais, o festival Barbeira Season de Baiona vén de cancelar a xornada deste domingo pola previsión de vento forte.
Entrevista co músico, compositor, investigador e compilador de música tradicional galego Xabier Díaz realizada por Andrea Oca.
Os encoros galegos seguen á baixa en canto a súa capacidade. Segundo os últimos datos, a media é inferior ó 50 por cento.
É a principal nova dun sábado no que se agarda á choiva das próximas horas, tan necesaria, pero que non será suficiente para solucionar a falta de auga xeralizada.
Da política, os socialistas celebraron en Compostela a súa reunión interparlamentaria. Pedirán no Pazo do Hórreo ampliar o bono social eléctrico para as familias galegas con menos recursos.
E buscamos tamén as reaccións do cluster de turismo á petición do alcalde de Santiago de implementar unha taxa turística.
Na nosa entrevista, falaremos de música con Xabier Díaz.
Cara e cruz nos datos do paro do mes de agosto. Como cada final de verán, o desemprego aumenta, especialmente no sector servizos. Faino en GAlicia en liña coa media nacional. Deixa tras de si máis de 2 mil parados novos. Porén, a Xunta salienta que se trata da mellor cifra de paro dun mes de agosto en 15 anos. Dende UGT sinalan ademáis que aumenta a calidade do emprego grazas á reforma laboral. Algo no que non coincide a CIG; que entende que esta caída do emprego ó termo da temporada demostra que non serve pra loitar contra a estacionalidade e temporalidade
- O sector metal da a benvida á rebaixa do 5% do IVE no gas, pero agarda medidas europeas contra os prezos da luz
Xa supón o 30% dos seus custos, polo que unha de cada tres empresas do sector tivo que parar ou reduci-la súa produción. Pro PP gallego o goberno vai a rebufo das súas propostas
- Santiago quere ser a primeira cidade galega en recadar ingresos a través dunha taxa turística.
O alcalde da capital vén de rescatar a proposta en pleno debate sobre a masificación da cidade. Agarda reunirse proximamente co presidente da Xunta pra analizalo
- A Xunta non abrirá os comedores escolares nas vacacións e períodos non lectivos.
Era unha proposta da oposición, pra que os rapaces manteñan unha dieta saudable durante todo o ano, no marco do Plan Autonómico contra a Obesidade.
- Segue ardendo en Ribadavia, onde un foco que naceu no punto limpo arrasou xa 30 hectáreas
Seguen controlados os focos de Lobeira e CEnlle. En Verín, sindicatos e veciños concentráronse pra pedir máis medios preventivos e de loita contra o lume
Transporte máis barato igual a máis usuarios. É a principal conclusión despois do primeiro día con descontos nos trens e nos autobuses.
Especialmente no caso do ferrocarril, estímase que o número de viaxeiros podería aumentar entre un 15 e un 50 por cento se se manteñen os prezos á baixa.
Polo demais, primeiro Consello da Xunta tra-las vacacións. Entre os principais acordos, os case 80 millóns de euros para ampliar o Hospital Clínico de Santiago e mercar material contra o cancro
Máis movimento do habitual nesta xornada nas estacións de tren galegas, pero normalidade na entrada en vigor dos abonos que fan gratuitas as viaxes de media distania. Os usuarios frecuentes levaban moito tempo preparándose. Nos autobuses que dependen da Xunta, que hoxe costan a metade, houbo hoxe sorpresas. Moitos enteráronse ó pasa-la súa tarxeta de viaxeiro. Tamén houbo algún desaxuste, pola premura na aplicación da medida, que se publica hoxe mesmo no diario oficial... Pero todos coinciden en que é unha boa nova en tempos de carestía
- O Goberno galego destina 4 millóns de euros a mellora-las dotacións de telecomunicacións en edificios antigos
Inmobles nos que é é difícil acceder a conexións de alta velocidade. Financiará ata o 70 por cento do custo. O obxectivo é beneficiar a setecentas comunidades de propietarios.
- O BNG reclama unha axuda directa ós autonomos pra palia-la crise inflacionista
Pontón acusa ó goberno de mirar cara outro lado, e insiste na necesidade dun plan de choque que mobilice 1.000 millóns de euros das arcas autonómicas
- A vicepresidenta Yolanda Díaz presenta hoxe no courel o seu novo proxecto político
Baixo o lema "Rural Vivo", reúnese con profesionais e expertos que trasladarán as súas preocupacións e propostas sobre o despoboamento ou o envellecemento.
- Galicia disponse a comeza-la vacinación contra a varíola do mono
Recibíronse 315 doses, que se inocularán cos criterios do ministerio, que priorizan a persoas con prácticas sexuais de alto risco e ós seus contactos estreitos
Setembro comeza con descontos no transporte. Do máis novidoso, os buses interurbanos da Xunta, que dende hoxe saen un 50 por cento máis baratos, igual que o transporte na ría de Vigo e o tren de proximidade na área de Ferrol. Tamén inician o mes con rebaixas os autobuses de cidades como A Coruña, Vigo e Santiago. Neste caso, dun 30 por cento e a conta do Ministerio de Transportes.
En canto ó tren, máis de quince mil galegos poden viaxar de balde dende hoxe grazas ós abonos de Renfe. O Goberno avanza ademais que prevé estender eses bonos gratuítos á liña Santiago-Ourense. E completando os anuncios, a propia compañía ferroviaria anunciaba a última hora que vai aumentar a oferta semanal en Galicia con catorce mil prazas máis
Xornada de anuncios pros usuarios do transporte público en Galicia. Os usuarios dos buses que dependen da xunta terán dende mañá un 50% de desconto se teñen abonos ou tarxetas multiviaxes. O goberno galego únese así ás medidas de aforro enerxético aprobadas polo goberno nacional, que no seu caso afectan ó transporte por Ferrocarril. As peticións de abonos triplicáronse, segundo a Ministra portavoz que hai uns minutos anunciaba en VIgo que o traxecto entre SAntigo e Ourense tamén contará con esta vantaxe. Estase tramitando pra que así sexa
- O conselleiro de educación desbota as demandas das anpas de aumenta-lo apoio á diversidade
Román Rodríguez apela ós bos datos galegos no informe PISA, que avala o sistema educativo galego como o máis inclusivo de España. O BNG propón un programa extraordinario de bolsas anticrise para o inicio de curso.
- A conselleira de infraestructuras pon de exemplo ós concellos da marxe dereita da ría de Arousa na súa xestión da auga
Concellos nos que é a Xunta quen asume a xestión de abastecemento en alta desde o Ulla. Unha medida que promove a lei do ciclo da auga. Mentres, o Lérez segue baixando, pero confían na chuvia dos vindeiros días pra palialo.
- A seca provocará unha caída da produción de pataca da Limia
Algo de marta
- A Xunta activa un teléfono pra denunciar fraudes de xeito anónimo na campaña da vendima
Trátase de evita-la entrada de uva foránea, tanto en parcelas como en adegas, ou a falsificación de etiquetas, entroutras irregularidades
O titular da seca escríbese hoxe con "p" de polémica. A protagonizada nas últimas horas polo concello de Vigo e a Xunta. Botan as culpas mutuamente da situación de desabastecemento que pode sufrir a área olívica malia contar con máis reservas de auga ca outras zonas.
En Ourense, non haberá de momento moción de censura contra Jácome, despois de que a dirección socialista desautorizase un pacto co PP.
E nos lumes, tres a esta hora na provincia ourensá, pero de evolución favorable
O titular da seca escríbese hoxe con "p" de polémica. A protagonizada nas últimas horas polo concello de Vigo e a Xunta. Botan as culpas mutuamente da situación de desabastecemento que pode sufrir a área olívica malia contar con máis reservas de auga ca outras zonas.
En Ourense, non haberá de momento moción de censura contra Jácome, despois de que a dirección socialista desautorizase un pacto co PP.
E nos lumes, tres a esta hora na provincia ourensá, pero de evolución favorable.
O presidente da Xunta defende o esforzo realizado pola Xunta pra aumentar nun 50% as axudas pra libros e material escolar ante o inicio do novo curso. Tamén recalca que se manteña, en xeral, o número de docentes do pasado ano. Mentres, as familias salientan que o foco debería estar na redución de ratios e a atención á diversidade, un investimento en futuro que sería rendible en termos sociais e económicos.