Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As chuvias da pasada noite deixan boas novas. Todos os lumes forestais de Ourense con actividade están estabilizados. Malia que deixan tras de sí máis de 3000 hectáreas arrasadas.. pese a todo, non hai que baixar a garda e recordamos que boa aprte de Galicia segue a sufri-los efectos da seca e das altas temperaturas.

Todo nunha xornada onde o turismo nesta ponte non se viu afectado. Galicia mantivo os bos pronósticos en canto ao número de visitantes ainda que se nota os efectos da inflacción no relativo ó gasto que fixeron na nosa comunidade....hoxe ainda é festivo en vigo e santiago...
 

Son moitos os que hoxe miran ó ceo con esperanza, a de que a choiva poña fin a unha racha de incendios que se está cebando especialmente coa provincia de Ourense. E coas súas pequenas vilas. HOxe, en oÍMBRA lamentan raves danos na ermida da localidade... E OS de Castrelo do val un cento de hectáreas de monte.

Outros miran ás autoridades... Son os familiares dos náufragos do Villa de Pitanxo, que 6 meses despois da traxedia seguen reclamando unha investigación rigurosa, que se achegue ó pecio na busca de respostas ás versións contrapostas dos sobreviventes
 

Nesta xornada festiva en Malpica seguen sen poder usar auga da traída. Está contaminada porque a seca baixou moito o caudal do río e hai demasiada materia orgánica. Mañá faranse novas análises pero mentras hai que usar garrafas de auga embotellada.
Tampouco están mellor as cousas en Rivadavia malia que por fin teñen un camión cisterna para trasladar auga do río Avia á depuradora.

Xa no político, os socialistas piden á Xunta que asuma as súas competencias e adopte medidas para paliar a situación e non faga caer as responsabilidades nos concellos.

Todo nun día no que se cumpren seis meses do afundimento do pesqueiro Villa de Pitanxo en augas de Terranova.

No tempo, as chuvias chegarán ao final desta xornada, antes un día con sol e nubes...
 


En Malpica o concello xa está a repartir garrafas aos establecementos de hostelería despois de que se declarara non potable a auga da traída. A causa é a seca porque o caudal do río que fornece ao concello baixou e hai concentración de materia orgánica.

Tampouco melloran as cousas en Rivadavia malia que xa transvasan en camión auga do río á depuradora.

O conselleiro de Medio Rural insiste na intencionalidade dos lumes forestais, nun día en que mellora a situación nos montes. José González di nos micrófonos de Radio Nacional en Galicia que non hai ningunha dúbida ao respecto.
 

Por primeira vez desde hai un mes nunha fin de semana, os grandes incendios forestais que castigan Galicia semellan dar un tregua... Con todo hai ainda cinco lumes sen extinguir pero as perspectivas son boas. O peor é o de Laza e Chandrexa de Queixa que leva queimadas 2.100 hectáreas pero que a Consellería de Medio Rural considera que evoluciona cara a súa estabilización.

Polo demáis nesta fin de semana, a máis festiva do ano, regresa trala pandemia, entre moitas outras, a Maruxaina. Increméntanse as medidas de seguridade para evitar sucesos como o ocorrido na última de 2019, na que se gravaron a mulleres ouriñando e esas imxes acabaron en páxinas webs pornográficas. As afectadas recoñecen que nada será como antes.
 

A CIG denuncia un novo recorte de aulas e profesores en educacion infantil e primaria.

O Diario oficial publica hoxe unha modificación da orde de postos de traballo, que implica o peche de 59 unidades en total. Iso supón prescindir de arredor de cen docentes

Galicia rexistra a inflación máis alta dende setembro de 1984

Tras coñece-los datos de xullo, a nosa comunidade sitúase un punto por riba da media nacional, no 11,5% anual. Ainda non recolle a baixada dos combustibles, máis acusada en agosto

Un decreto da xunta forzará a presenza de farmacias de garda a 15 minutos dos PAC

Pros farmacéuticos será unha mellora na atenci´no os doentes, especialmente no rural. É unha das principais novidades dun proxecto que tamén unificará os horarios das boticas

No tempo agardamos un tarde solleira despois de que levantara brétemas e néboas.

Pechamos a segunda semana de agosto, nun mes no que xa arderon 7.000 hectáreas en lumes forestais. Unha cifra que non vai quedar así porque en Ourense seguen ardendo catro incendios o que aumentará a superficie.

Todo isto se produce cunha seca que lonxe de remitir vai estendéndose por case toda a nosa xeografía. Xa hai 325 mil galegos que residen en concellos que xa están en alerta pola seca. A cifra pode duplicarse se se contan os turistas que visitan estas zonas.

No tempo, non se agaradan chuvias e o día amence con néboas e nubes baixas densas que irán despexando co avance da xornada...
 

Un hombre ha sido detenido en A Coruña por disponer de un taller clandestino de impresión en 3D de armas en su domicilio. La Policía Nacional le ha intervenido un subfusil AR9 casi acabado, tres impresoras 3D, piezas de armas cortas, así como ballestas y una catana, cuya tenencia está prohibida. Era el usuario más activo en un canal internacional donde compartían información sobre cómo fabricar armas.


As treboadas de onte á tarde evitaron unha noite crítica na serra de queixa e na comarca do Ribeiro Arenteiro, onde as vivendsa comezaban a estar en perigo, pero non foron abondas pra atallar uns lumes que nas últimas 48h queimaron máis de 2 mil hectáreas en Ourense. Hoxe seguimos atentos á súa evolución, mentres ducias de medios se drespregan pra tratar de evitar que os fortes refachos de vento muden o seu camiño cara lugares indesexados. Malia ás apelacións a intencionalidade da meirande parte dos lumes, só hai un detido, en Coristanco, acusado dun pequeno conato.
 

Noite complicada a pasada na provincia de Ourense onde os lumes forestais volveron a queimar centos de hectáreas de monte e a poñer en perigo a núcleos de poboación. De feito declarouse a alerta dúas no distrito forestal de Ribeiro-Arenteiro e antes xa estiveran nesta situación no Carballiño e Boborás. Entre todos os da provincia superan as 1.400 hectáreas .

Hoxe o Sergas inicia un protocolo de actuación ante casos sospeitosos de submisión química en Galicia. O protocolo define as substancias máis habituais e os indicadores de sospeita que o persoal sanitario deberá ter en conta.

No tempo agardamos ceos con máis nubes e mesmo con chuvascos e treboadas dispersas.