Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ossie é o primeiro vehículo espacial español capaz de mover e manobrar satélites en órbita. Foi creado por unha empresa de Nigrán. Porá rumbo a California, onde se preparará para o seu lanzamento, previsto para outono. Realizarase a bordo dun cohete Falcon 9 de SpaceX | As Rías Baixas encaran a segunda quincena de xullo con boas perspectivas, situadas xa entre os cinco enclaves turísticos mellor valorados a nivel nacional. | As condicións laborais no comercio galego volven ao centro da protesta. A CIG convocou mobilizacións nas sete cidades para reclamar salarios dignos e denunciar a precariedade no sector | A Garda Civil detivo a un home por agredir sexualmente a unha muller no autobus de liña entre Viveiro e a Coruña. Os axentes indentificarono tras a denuncia presentada pola vítima | Galicia prepárase para seguir este domingo o España-Arxentina. Ducias de concellos instalarán pantallas xigantes, tamén a hostalería prevé unha xornada intensa de traballo. 17-07-2026

Continúa certa inestabilidade atmosférica, que aínda se manterá na fin de semana, pese á influencia anticiclónica. Ceo parcialmente nubrado, con máis claros co avance do día na metade sur. E chuvascos illados e ocasionais na metade norte pola tarde. Temperaturas sen cambios, subirán algo a partir de mañá. 17-07-2026

Primeiro vehículo espacial español, creado por una empresa de Nigrán. En outubro será posto en órbita por Space X | As Rías Baixas sitúanse entre os cinco destinos mellor valorados a nivel nacional | A Garda Civil detén a un home por agredir sexualmente a unha muller no autobus de liña entre Viveiro e a Coruña | O Partido Popular fai públicos os candidatos nas capitais galegas para as próximas eleccións municipais | | Máxima expectación para a final, o domingo, do Mundial. Moitos establecementos prepáranse para o seguemento masivo, con pantallas xigantes en numersos puntos. 17-07-2026

Pesa 200 quilos e mide un metro cúbico e foi Fabricado por unha compañía de NIgrán. Bautizado co nome de Ossie, é o primeiro vehículo espacial de factura española. En outubro será lanzado ao espazo | A temporada de verán avanza con boas perspectivas de ocupación, cun aumento de turistas internacionais. As Rías Baixas sitúanse entre os cinco destinos mellor valorados a nivel nacional | Protesta convocada pola CIG diante de grandes superficies para reclamar un cambio no modelo laboral no sector do comercio. Din que segue marcado pola precariedade, con baixos salarios e dificultades para conciliar pola apertura en domingos e festivos | Máxima expectación para a final, o domingo, do Mundial. Moitos establecementos prepáranse para o seguemento masivo, con pantallas xigantes en numersos puntos. A afección conta tamén coa posibilidade de que Borja Iglesias teña protagonismo no terreo de xogo. 17-07-2026

Despois de catro anos sen publicar disco, a cantante Wöyza volve con ‘Valiosa’, o seu cuarto álbum en solitario. Un traballo no que a artista de Moaña abre as portas da súa vida para falar de maternidade ou bullying. Un disco íntimo, pero tamén reivindicativo, que abriu o IKFEM Festival Tui-Valença.

Celebración do Día do Carme na Escola Naval de Marín, coa entrega de despachos por parte do Rei Filipe VI aos novos oficiais da Armada | A Xunta abre a posibilidade de que se impartan en galego asinaturas científicas. É unha das medidas que se incorporan ao novo plan de normalización, para reverter a perda de falantes | Os enfermos de silicose de Valdeorras fixeron hoxe unha protesta porque precisan un servizo de neumoloxía no hospital da comarca. Teñen que trasladarse ata Ourense para seren atendidos | Despois de catro anos sen publicar disco, a cantante Wöyza volve con Valiosa. A artista de Moaña abrirá esta noite o IKFEM Festival Tui-Valença. 16-07-2026

Mantense a inestabilidade, con influencia das baixas presións ao noroeste. Ceos nubrados, e risco de chuvascos treboentos, mesmo acompañados de sarabia, máis intensos e frecuentes na provincia de Lugo. As temperaturas máximas, en lixeiro descenso, entre os 22 graos da Coruña e os 32 de Ourense. 16-07-2026

Filipe VI preside a entrega de despachos aos novos oficiais da Armada na Escola Naval de Marín | A Xunta abre a posibilidade de que se impartan en galego asinaturas científicas no plan de Normalización, presentado hoxe a Real Academia Galega | Nova protesta de enfermos de silicose en Valdeorras para reclamar un servizo de neumoloxía no hospital da Comarca | Iniciativa para Darlle una segunda vida aos milleiros de bordóns que os peregrinos deixan en Santiago | Wöyza volve con Valiosa. A artista de Moaña Wöyza volve cun novo álbum e abre esta noite o IKFEM Festival Tui-Valença. 16-07-2026

Celebración do Día do Carme, coa entrega de despachos por parte do Rei Filipe VI aos novos oficiais da Armada... e xura de bandeira dos alumnos na Escola Naval de Marín, pola que o propio Monarca pasou hai 40 anos | A Xunta abre a posibilidade de que se impartan en galego asinaturas científicas, a diferenza do que establecía o decreto de bilinguismo. é unha das medidas que se incorporan ao novo plan de normalización, presentado hoxe polo conselleiro de Lingua á Real Academia Galega | Nova protesta de enfermos de silicose en Valdeorras para reclamar un servizo de neumoloxía no hospital da Comarca, que lles evite ter que trasladarse a Ourense para ser atendidos | Darlle una segunda vida aos milleiros de bordóns que os peregrinos deixan en Santiago á súa chegada. É unha iniciativa da Federación de amigos do Camiño para permitir que un dos símbolos máis recoñecidos do fenómeno Xacobeo poida acompañar a viaxe doutros camiñantes. 16-07-2026

Familiares de persoas asasinadas na Guerra Civil asisten á escavación nunha foxa da igrexa de Santa Marina de Beira, en Carral. Apareceron restos de catro persoas, pendentes de identificación. Buscan 18 persoas máis nos arredores da igrexa. É una cata arqueolóxica do grupo de investigación Histagra da Universidade de Santiago.

Galicia segue, un día máis, na influencia dunha baixa que achega aire atlántico e inestabilidade. Ceos con máis claros que nubes, con algún chuvasco tormentoso pola tarde na provincia de Lugo. As temperaturas sen cambios. As máximas preto dos 25 graos no litoral e entre 25 e trinta no interior. 15-07-2026

Aparecen os restos óseos de catro persoas na intervención dunha foxa en Beira, Carral. Son vítimas da represión franquista | A Xunta ábrese a cambios no Plan de Normalización da Lingua, aprobado en 2004 | O Goberno reclama á Xunta que sente a negociar o novo modelo de financiamento autonómico | A inflación sitúase en Galicia sitúase no 3,3 por cento no mes de xuño. A vivenda, os alimentos e as bebidas son máis caros que o ano pasado por estas datas | A gravación dunha superproducción mantén pechada a Praia das Catedrais durante os días de hoxe e mañá. 15-07-2026

Familiares de asasinados nos primeiros meses da Guerra Civil asisten á escavación nunha foxa da Igrexa de Santa Marina de Beira, en Carral, onde apareceron restos humanos, que están agora pendentes de identificación. É o resultado da primeira cata arqueolóxica a cargo do grupo de investigación da Universidade de Santiago | A Xunta da a coñecer a sua proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística, para frear o descendo de falantes, sobre todo entre as xeracións máis novas. Nun acto na Cidade da Cultura presentouse o texto no que participaron máis de 130 expertos | Enfrontamento entre o Goberno central e a Xunta pola negociación do novo modelo de finaciamento autonómico. O ministro de Facenda di, na Coruña, que Galicia recibiría case 600 millóns máis coa fórmula pactada con Cataluña. O conselleiro rebaixa a cantidade e dí que sería prexudicial para Galicia | Polémica en Ribadeo polo peche ao público da praia das Catedrais para unha rodaxe de Amazon. A Xunta cedeu o concurrido monumento natural hoxe e mañá e a Asociación de hosteleiros quéixase da perda de reservas que provoca o peche. Esta mañá rodouse unicamente a praia sen presenza de actores. 15-07-2026

Durante dous días está pechado o acceso a este recoñecido areal da Mariña de Lugo.

O motivo é a rodaxe audiovisual que ten este escenario como protagonista.

Os hostaleiros quéixanse de que se están a producir cancelacións.

Desde as administracións apuntan á repercusión mediática que terá a produción audiovisual.

Cada día poden acceder unhas 4.800 persoas, baixo reserva, a este espazo natutal de extraordinario valor.