Restos de vítimas da Guerra Civil en Carral | A Xunta presenta a revisión do Plan de Normalización | Peche da Praia das Catedrais por unha rodaxe
15/07/2026 00:25:26Familiares de asasinados nos primeiros meses da Guerra Civil asisten á escavación nunha foxa da Igrexa de Santa Marina de Beira, en Carral, onde apareceron restos humanos, que están agora pendentes de identificación. É o resultado da primeira cata arqueolóxica a cargo do grupo de investigación da Universidade de Santiago | A Xunta da a coñecer a sua proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística, para frear o descendo de falantes, sobre todo entre as xeracións máis novas. Nun acto na Cidade da Cultura presentouse o texto no que participaron máis de 130 expertos | Enfrontamento entre o Goberno central e a Xunta pola negociación do novo modelo de finaciamento autonómico. O ministro de Facenda di, na Coruña, que Galicia recibiría case 600 millóns máis coa fórmula pactada con Cataluña. O conselleiro rebaixa a cantidade e dí que sería prexudicial para Galicia | Polémica en Ribadeo polo peche ao público da praia das Catedrais para unha rodaxe de Amazon. A Xunta cedeu o concurrido monumento natural hoxe e mañá e a Asociación de hosteleiros quéixase da perda de reservas que provoca o peche. Esta mañá rodouse unicamente a praia sen presenza de actores. 15-07-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad