Primeiro vehículo espacial de España, feito en Nigrán | Mellora a valoración turística das R��as Baixas | Preparativos para seguir a final do mundial
17/07/2026 00:10:01Ossie é o primeiro vehículo espacial español capaz de mover e manobrar satélites en órbita. Foi creado por unha empresa de Nigrán. Porá rumbo a California, onde se preparará para o seu lanzamento, previsto para outono. Realizarase a bordo dun cohete Falcon 9 de SpaceX | As Rías Baixas encaran a segunda quincena de xullo con boas perspectivas, situadas xa entre os cinco enclaves turísticos mellor valorados a nivel nacional. | As condicións laborais no comercio galego volven ao centro da protesta. A CIG convocou mobilizacións nas sete cidades para reclamar salarios dignos e denunciar a precariedade no sector | A Garda Civil detivo a un home por agredir sexualmente a unha muller no autobus de liña entre Viveiro e a Coruña. Os axentes indentificarono tras a denuncia presentada pola vítima | Galicia prepárase para seguir este domingo o España-Arxentina. Ducias de concellos instalarán pantallas xigantes, tamén a hostalería prevé unha xornada intensa de traballo. 17-07-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado