Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O alumnado da escola de Donramiro, en Lalín, participou nun proxecto educativo que combina arte, tradición e patrimonio cultural arredor do pan de millo. A iniciativa, promovida polo Centro de Arte Fundación María Jove, permitiu aos nenos e nenas coñecer todo o proceso de elaboración, desde o cultivo e secado do millo corvo, típico de Galicia, ata a cocción do pan, ao tempo que descubriron historias, lendas e saberes populares vinculados a este alimento tan presente na cultura galega.

Último día da vaga de calor, con descenso notable de temperaturas na costa de Pontevedra e sur da Coruña. Na Mariña despois de bater récord de temperatura con máis de 35 graos, hoxe aínda poden chegar aos 34, igual que no interior de Lugo. Pola tarde posibilidade de treboadas sobre todo no interior con chuvascos localmente fortes e por momentos acompañados de saraiba. 24-06-2026

Xornada de limpeza de praias na Coruña logo da multitudinaria celebración da noite de San Xoán. Segundo o Concello, recolléronse case 23 toneladas de lixo nos areais | Oito de cada cen menores teñen unha dependencia das Redes Sociais. Así o indican os datos manexados pola Organización Mundial da Saúde | A vaga de calor ten as horas contadas pero ata mañá apenas se notará o descenso das temperaturas | Na Escola de Educación Infantil de Donramiro, en Lalín, os cativos fixeron pan co millo corvo que eles mesmos sementaron | A música clásica volve a Vilagarcía co Festival Clas Clas. 24-06-2026

As praias de Riazor e Orzán, na Coruña, en perfecto estado e listas para gozar do sol e o mar, xa dende media mañá, tralo intenso traballo dos equipos de limpeza que recolleron unhas 23 toneladas de residuos. Foi tras unha noite de festa na que os servizos de emerxencias rexistraron en toda Galicia unhas 370 incidencias | Celebración, por todo o alto, e de xeito máis multitudinario que nunca, da noite de San Xoan. Una festa marcada polas altas temperaturas e os chamamentos a manter un comportamento cívico | Oito de cada cen menores teñen unha dependencia das Redes Sociais. Así o indican os datos manexados pola Organización Mundial da Saúde. Os expertos advirten das consecuencias na saúde mental dos nenos da chegada temperá das pantallas ás súas vida | Volve Clas Clas, O Festival de Música Clasica de Vilagarcía. Concertos de intérpretes destacados, en escenarios de luxo, e a prezos accesibles para espertar o interese do gran público. 24-06-2026

Os grandes areais urbanos foron un dos escenarios principais da celebración, por todo o alto e de xeito máis multitudinario que nunca, da noite de San Xoán. Nas praias da Coruña déronse cita 200.000 persoas. Lume, música, sardiñas e tradición na noite máis curta e máxica do ano. Una festa marcada polas altas temperaturas e os chamamentos a manter un comportamento cívico. Rexistráronse máis de 370 incidencias.

Segundo o Concello, recolléronse case 23 toneladas de lixo nos areais da Coruña. Falta por facer o reconto das cantidades acumuladas no resto da cidade. Os primeiros datos indican un descenso do 50% na cantidade de lixo acumulado, en comparanza co ano pasado. Os servizos retiraron das praias 22,76 toneladas de lixo, fronte ás 44 de 2025. Ás seis da mañá os últimos festeiros eran desaloxados dos areais e ás sete empezaba a funcionar o servizo de limpeza. Desde media mañá xa se podía acceder a tomar o sol e a desfrutar do baño.

As dúbidas adoitan asociarse a incerteza. Para Paolo Roversi, en cambio, son a orixe da creatividade. Esa é a idea que dá forma a Doubts, a nova exposición que alberga o Centro MOP da Coruña dedicada a un dos fotógrafos máis influentes das últimas décadas.

Preparativos, en toda Galicia, para festexar a noite de San Xoán. En Nigrán están prohibidas as fogueiras nas praias e contarán cun amplo dispositivo de seguridade | Incendio forestal activo no corazón das Fragas do Eume que levou a evacuar por precaución a contorna do Mosteiro de Caaveiro | Chega a hora dos campamentos urbanos, enfocados ao ocio educativo e a creatividade, para facilitar a conciliación familiar | A obra de Paolo Roversi, o célebre fotógrafo de moda italiano, exposta na Coruña, a cargo da Fundación Marta Ortega. 23-06-2026

Hoxe será o día de máis calor desta semana, con máximas que poden chegar aos 33 graos na Coruña, Vigo e Pontevedra, en torno aos 37 en Ferrol, Santiago e Lugo e ata 41 en Ourense, despois dunha noite tórrida que en moitos puntos non baixou dos 30 graos. Posibilidade de treboadas pola tarde e algún chuvasco illado. 23-06-2026

Preparativos para as grandes cacharelas en toda Galicia para a noite de San Xoán. En Nigrán son dúas as únicas permitidas no areal de Panxón, e na praia do Orzán, na Coruña xa están delimitadas as parcelas para congregar a grupos de amigos e familias | Un incendio forestal activo afecta ao corazón do Parque Natural das Fragas do Eume, no concello coruñés da Capela. O lume leva calcinadas unhas 20 hectáreas, e obrigou a evacuar por precaución a contorna do Mosteiro de Caaveiro | Rematado o curso escolar, chega a hora dos campamentos urbanos. Unha variada oferta que combina alternativas públicas e privadas, enfocadas no ocio educativo e a creatividade e para facilitar a conciliación familiar | Rostros famosos do panorama internacional, capturados por Paolo Roversi, o célebre fotógrafo de moda italiano, que se expoñen na Coruña, a cargo da Fundación Marta Ortega. A mostra inclúe fotos completamente inéditas que exploran o seu xogo ca luz e as sombras e o seu característico uso da película Polaroid. 23-06-2026

Preparativos para dúas das principais festas de San Xoán que se agardan esta noite en toda Galicia. En Nigrán, apuran a montaxe de dúas grandes cacharelas na Praia de Panxón, un dos puntos emblemáticos de celebración multitudinaria da noite de San Xoán, como tamén o son as praias de Riazor e do Orzán, na Coruña. Alí xa están delimitadas as parcelas para congregar a grupos de amigos e familias. O Concello coruñés repartirá 120 toneladas de madeira. Por toda Galicia as fogueiras iluminarán a noite máis curta do ano, que se prevé especialmente cálida.

Ameixa de Carril só hai unha. Con esa idea, a confraría de pescadores traballa nun novo selo de calidade para identificar a que sae da lonxa e reforzar a súa identidade. Poucos produtos do mar teñen un nome tan recoñecido como a ameixa de Carril. A súa calidade e o seu prestixio fixeron deste molusco un símbolo da gastronomía galega. O distintivo permitirá identificar a ameixa que procede dos parques de Carril. O obxetivo é ofrecer unha garantía ao consumidor e diferenciar o produto fronte a outras ameixas que se comercializan baixo o mesmo nome. Máis de 600 familias viven desta actividade.

As altas temperaturas afectan especialmente aos profesionais que traballan ao aire libre. A normativa laboral esixe a súa protección ante a calor extrema, pero os sindicatos denuncian que non todas as empresas aplican as medidas necesarias. Esta mañá CCOO presentou en Ourense unha campaña de prevención. O recomendable é facer descansos á sombra, hidratarse e reducir a xornada. Os sectores máis afectados son o da construcción, xardinería ou recollida de residuos.

A primeira vaga de calor do verán mantén en alerta a media Galicia por temperaturas que poden superar os 36 graos no interior da Coruña, en case toda a provincia de Lugo e no val do Miño en Ourense, onde os termómetros poden acadar os 39 graos. A entrada dunha masa de aire cálido africano é a responsable deste episodio de altas temperaturas, que vai seguir mañá, aínda con máis calor.

Rematou o curso escolar. Coa rapazada xa de vacacións, as familias teñen que buscar alternativas para conciliar vida laboral e familiar. Unha boa opción son os campamentos de verán, coma o que hoxe comezou na praia da Lanzada, organizado pola Deputación de Pontevedra. Desde hoxe e ata o 5 de setembro pasarán por aquí máis de 1.500 rapaces de 8 a 12 anos, distribuídos en once quendas. Foron afortunados no sorteo, porque o número de solicitudes superou as 4.000.

Mañá pola noite é o San Xoán e nas lonxas e mercados a atención está posta na sardiña. As embarcacións teñen un tope de captura de 7.500 quilos á semana. Os prezos nestas xornadas previas están en torno ós 2 euros o quilo na lonxa e 8 nas prazas de abastos, aínda que esas cifras irán subindo nas próximas horas, conforme aumente a demanda. Na lonxa, a venda máis importante vaise facer esta noite. Agárdase moita cantidade. Fresca e puntual, para cumprir coa tradición.

O artista galego presenta o seu último traballo, once anos despois do anterior. ‘Permita Deus’ é o seu disco máis persoal, producido todo por el. Letras poéticas sobre sonoridades contemporáneas e tradicionais, creadas desde o seu universo rural en Palas de Rei (Lugo). Trala estrea en Vigo inicia agora percorrido por outros escenarios. Davide Salvado ofrece con ‘Permita Deus’ un espectáculo íntimo, creado para a escoita e os sentidos.

No primeiro día de vacacións escolares, comenzan os campamentos de verán, coma o da praia da Lanzada, organizado pola Deputación de Pontevedra | A científica Mar Capeáns e o deportista Adrián Ben, medallas Castelao 2026 | Aumenta a demanda de sardiña nos mercados, cara a mañá, a noite de San Xoán | O Celta Fortuna, xa ascendido á Segunda División, celebra o fito histórico como primeiro filial dun equipo galego que chega á categoría profesional. 22-06-2026