Telexornal Galicia 23-06-2026 | Vexa
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 23-06-2026

Preparativos para a noite de San Xoán | Incendio nas Fragas do Eume | Chega a hora dos campamentos urbanos | As fotos de Paolo Roversi, na Coruña

23/06/2026 00:24:39
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 23-06-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 23-06-2026
Telexornal Galicia 23-06-2026 00:24:39 23/06/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Preparativos para as grandes cacharelas en toda Galicia para a noite de San Xoán. En Nigrán son dúas as únicas permitidas no areal de Panxón, e na praia do Orzán, na Coruña xa están delimitadas as parcelas para congregar a grupos de amigos e familias | Un incendio forestal activo afecta ao corazón do Parque Natural das Fragas do Eume, no concello coruñés da Capela. O lume leva calcinadas unhas 20 hectáreas, e obrigou a evacuar por precaución a contorna do Mosteiro de Caaveiro | Rematado o curso escolar, chega a hora dos campamentos urbanos. Unha variada oferta que combina alternativas públicas e privadas, enfocadas no ocio educativo e a creatividade e para facilitar a conciliación familiar | Rostros famosos do panorama internacional, capturados por Paolo Roversi, o célebre fotógrafo de moda italiano, que se expoñen na Coruña, a cargo da Fundación Marta Ortega. A mostra inclúe fotos completamente inéditas que exploran o seu xogo ca luz e as sombras e o seu característico uso da película Polaroid. 23-06-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado