Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O exconselleiro do Mar Alfonso Villares pide o seu reingreso como afiliado ao Partido Popular e solicita desculpas públicas dos responsables políticos que non respetaron a súa presunción de inocencia, logo de que fose arquivada a denuncia contra él por agresión sexual | Mobilizacións contra as medidas anunciadas pola Xunta para aumentar o control das baixas laborais. A Cig considera un ataque aos dereitos dos traballadores | Xornada de sensibilización sobre a enfermidade renal crónica, unha patoloxía que moitas veces non da síntomas ata que está moi avanzada. A Fundación Renal organizou unha campaña de detección precoz en Lalín e máis dun centenar de veciños achegáronse para saber se os seus riles funcionan ben | O Celta, sen marxe de erro para manter vivo o soño europeo, obrigado a marcar tres goles ao Friburgo, despois da derrota no partido de ida. Preocupa sobre todo a debilidade defensiva, con 12 goles encaixados nos catro últimos partidos. Os xogadores contan co apoio da bancada, para o que se agarda a maior afluencia de público da tempada

Nunha comparencia sen preguntas, o exconselleiro do Mar Alfonso Villares reclama a sua reincoporación á vida política, logo de que fose arquivada a denuncia contra él por agresión sexual, e pola que dimitiu | Mobilizacións nas oito principais cidades galegas contra o plan anunciado pola Xunta para controlar as baixas laborais. A CiG considérao unha xustificación para recortar dereitos e deteriorar a saúde laboral | En Ribeira, descártanse violencia e agresións físicas previas á morte do home encadeado no porto. Colle forza a hipótese de que Amador Mos puido él mesmo acabar coa súa vida | A enfermidade renal crónica afecta a 1 de cada 7 persoas pero os seus síntomas non aparecen ata que está en fase avanzada. En Lalín, máis dun cento de vecinos participaron nunha xornada de sensibilización para comprobar se os seus riles funcionan ben

O exconselleiro Alfonso Villares reclama a sua reincoporación á vida política, logo de que fose arquivada a denuncia contra él por agresión sexual, e pola que dimitiu | Mobilizacións contra as medidas anunciadas pola Xunta para aumentar o control das baixas laborais | En Lalín, máis dun cento de vecinos participaron nunha xornada de sensibilización para comprobar se os seus riles funcionan ben | O Celta, sen marxe de erro para manter vivo o soño europeo, obrigado a marcar tres goles ao Friburgo para igualar a eliminatoria

Situación intermedia entre as altas e as baixas presións pero con tendencia a que se vaia impoñendo o anticiclón con apertura de grandes claros durante a tarde e con máis nubes na metade norte. As temperaturas soben con máximas roldando os 17 graos na fachada atlántica e algo máis altas no interior, con 20 graos en Lugo ou 23 en Ourense

Cun par de preguntas e un pinchazo no dedo pódese detectar se algo falla nos riles. A Fundación Renal organiza campañas de detección precoz para sensibilizar e previr sobre a enfermidade renal crónica, unha patoloxía silenciosa que moitas veces non da sinais ata que está moi avanzada. Máis dun cento de veciños da comarca do Deza achegáronse ata o concello de Lalín para cómo está a súa función renal. Un de cada sete españois padece esta enfermidade.

Viraxe na busca dun ancián desaparecido nunha aldea de Abadín no norte da provincia de Lugo. Un veciño confesou o atropelo de Enrique Bolívar, que falta da súa casa desde hai dous anos e medio. Admitiu tamén que deixou o seu corpo nun monte próximo onde agora a Garda Civil busca os restos

O concello ourensán de Verea, con mil habitantes repartidos en 42 aldeas, conta cun servizo municipal gratuíto de taxi. Os veciños xubilados ou con discapacidade poden usalo para facer xestións ou acudir a citas médicas. O custo de 12.000 euros ao ano, é asumido polas as arcas municipais como medida para frear a perda de poboación

A Garda Civil rastrexa un bosque do concello de Abadín, en busca dos restos de Enrique Bolívar, o octoxenario desaparecido en 2023. Un veciño confesou que o atropelou de xeito accidental e que se desfixo do cadáver nese lugar | O aeroporto de Alvedro prepárase para aumentar o seu tráfico un 70 por cento, con ata 50 voos diarios. Será a partir do próximo día 23, debido ao peche operativo do aeroporto Rosalía de Castro de Santiago | O concello ourensán de Verea, con mil habitantes repartidos en 42 aldeas, conta cun servizo municipal gratuíto de taxi. Os veciños xubilados ou con discapacidade poden usalo para facer xestións ou acudir a citas médicas | Unhas obras no casco histórico de Vigo deixan ao descuberto restos da antiga muralla da cidade. O achado formaría parte do sistema defensivo que se dirixía cara o baluarte da Gamboa

A Garda Civil rastrexa un bosque do concello de Abadín, en busca dos restos de Enrique Bolívar, o octoxenario desaparecido en 2023. Un veciño confesou que o atropelou de xeito accidental e que se desfixo do cadáver nese lugar | O aeroporto de Alvedro prepárase para aumentar o seu tráfico un 70 por cento, con ata 50 voos diarios. Será a partir do próximo día 23, debido ao peche operativo do aeroporto de Santiago | O concello de Verea, con mil habitantes repartidos en 42 aldeas, conta cun servizo municipal gratuíto de taxi. Os veciños xubilados ou con discapacidade poden usalo para facer xestións ou acudir a citas médicas | Unhas obras no casco histórico de Vigo deixan ao descuberto restos da antiga muralla da cidade

A Garda Civil rastrexa un bosque do concello de Abadín, en busca dos restos de Enrique Bolívar, o octoxenario desaparecido en 2023. Un veciño confesou que o atropelou e se desfixo do cadáver | O aeroporto de Alvedro prepárase para aumentar o seu tráfico un 70 por cento, con ata 50 voos diarios | O concello ourensán de Verea, con mil habitantes repartidos en 42 aldeas, conta cun servizo municipal gratuíto de taxi | Unhas obras no casco histórico de Vigo deixan ao descuberto restos da antiga muralla da cidade

Unha fronte achégase a Galicia polo oeste, deixando máis nubes e precipitacións febles na franxa atlántica, que van ser de carácter intermitente pola tarde. Na metade sur e leste os ceos máis abertos. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso, mentres que as máximas ascenden, entre os 16 graos en Pontevedra e os 21 en Ourense.

Diego Xelmírez, o primeiro arcebispo de Santiago de Compostela protagoniza a novela do escritor compostelán Rodrigo Costoya, O século do milagre. Editada en galego e en castelán, foi recoñecida recentemente en Valencia como mellor novela histórica.

Xelmírez converteu a cidade de Santiago nunha das grandes capitais da cristiandade, impulsou as obras da catedral románica e consolidou a ruta xacobea.

En Pontevedra, retoman os traballos na foxa de Soutelo, en Salceda, para tentar recuperar os restos de cinco mozos asasinados nos primeiros meses da Guerra Civil. Na zona xa foron localizados os corpos de dous mozos de Tui. Logo da investigación, os seus restos foron entregados ás súas familias. É a primeira vez que a exhumación é dirixida por un fiscal de memoria democrática.

Atopado o cadáver dun home nas augas do porto de Ribeira atado con cadeas a una escaleira do peirao. A Policía mantén aberta a investigación sobre as circunstancias da morte e non se descarta ningunha hipótese | Os efectos da guerra en Oriente Medio xa se deixa notar no aumento de prezos. O IPC de marzo sobe un 3,8 % en Galicia respecto ao ano pasado, a nosa é a segunda comunidade coa maior inflación | O xuíz imputa ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, un delito continuado de prevaricación, por compaxinar o seu salario público con ingresos privados sen autorización do pleno municipal | Retoman os traballos para recuperar vítimas da guerra civil na foxa de Soutelo, no municipio de Salceda, onde xa foron atopados e entregados ás súas familias os restos de dous mozos

Atopado o cadáver dun home nas augas do porto de Ribeira atado con cadeas a una escaleira do peirao. A Policía mantén aberta a investigación sobre as circunstancias da morte e non se descarta ningunha hipótese | Os efectos da guerra en Oriente Medio xa se deixa notar no aumento de prezos. O IPC de marzo sobe un 3,8 % en Galicia respecto ao ano pasado, a nosa é a segunda comunidade coa maior inflación | O xuíz imputa ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, un delito continuado de prevaricación, por compaxinar o seu salario público con ingresos privados sen autorización do pleno municipal | Retoman os traballos para recuperar vítimas da guerra civil na foxa de Soutelo, no municipio de Salceda, onde xa foron atopados e entregados ás súas familias os restos de dous mozos

Atopado o cadáver dun home nas augas do porto de Ribeira atado con cadeas a una escaleira do peirao. A Policía mantén aberta a investigación sobre as circunstancias da morte | O IPC de marzo sobe un 3,8 % en Galicia respecto ao ano pasado, a nosa é a segunda comunidade coa maior inflación | O xuíz imputa a Gonzalo Pérez Jácome un delito continuado de prevaricación, por compaxinar o seu salario público con ingresos privados sen autorización do pleno municipal | Retoman os traballos para recuperar vítimas da guerra civil na foxa de Soutelo, no municipio de Salceda, onde xa foron atopados e entregados ás súas familias os restos de dous mozos

Seguimos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións. Despois dunha mañá de ceos moi nubrados con algunhas chuvias febles pola tarde agardase que vaian desaparecendo. As temperaturas seguen a subir, con máximas que roldarán os 20 graos. Oscilarán entre os 17 de Santiago ou Lugo aos 20 que agardan na Coruña.