O ex conselleiro Villares pide o reingreso no PP | Probas para a detección de enfermidade renal en Lalín | O Celta, sen marxe de erro ante o Friburgo
16/04/2026 00:25:02O exconselleiro do Mar Alfonso Villares pide o seu reingreso como afiliado ao Partido Popular e solicita desculpas públicas dos responsables políticos que non respetaron a súa presunción de inocencia, logo de que fose arquivada a denuncia contra él por agresión sexual | Mobilizacións contra as medidas anunciadas pola Xunta para aumentar o control das baixas laborais. A Cig considera un ataque aos dereitos dos traballadores | Xornada de sensibilización sobre a enfermidade renal crónica, unha patoloxía que moitas veces non da síntomas ata que está moi avanzada. A Fundación Renal organizou unha campaña de detección precoz en Lalín e máis dun centenar de veciños achegáronse para saber se os seus riles funcionan ben | O Celta, sen marxe de erro para manter vivo o soño europeo, obrigado a marcar tres goles ao Friburgo, despois da derrota no partido de ida. Preocupa sobre todo a debilidade defensiva, con 12 goles encaixados nos catro últimos partidos. Os xogadores contan co apoio da bancada, para o que se agarda a maior afluencia de público da tempada
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado