Buscan os restos dun desaparecido en Abadín | Alvedro refórzase para aumentar o seu tráfico un 70 % | Taxi gratis contra o despoboamento en Verea
15/04/2026 00:25:00A Garda Civil rastrexa un bosque do concello de Abadín, en busca dos restos de Enrique Bolívar, o octoxenario desaparecido en 2023. Un veciño confesou que o atropelou de xeito accidental e que se desfixo do cadáver nese lugar | O aeroporto de Alvedro prepárase para aumentar o seu tráfico un 70 por cento, con ata 50 voos diarios. Será a partir do próximo día 23, debido ao peche operativo do aeroporto Rosalía de Castro de Santiago | O concello ourensán de Verea, con mil habitantes repartidos en 42 aldeas, conta cun servizo municipal gratuíto de taxi. Os veciños xubilados ou con discapacidade poden usalo para facer xestións ou acudir a citas médicas | Unhas obras no casco histórico de Vigo deixan ao descuberto restos da antiga muralla da cidade. O achado formaría parte do sistema defensivo que se dirixía cara o baluarte da Gamboa
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado