Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O estadio de Riazor non será sede do Mundial de Fútbol 2030. O concello da Coruña renuncia á candidatura, ao considerar inviables as condicións establecidas pola FIFA | Nova semana de folga de médicos para reclamar ao Ministerio de Sanidade un Estatuto propio para a sua profesión | Empeza a temporada de pesca fluvial, na que máis de 48.000 persoas contan con licencia. Por primeira vez, o salmón, queda vedado | Oliver Laxe, orgulloso de representar a Galicia nos Oscar, que deixaron, finalmente, de lado a Sirat, tanto na categoría de mellor película internacional como a de mellor Son

Tempo seco e solleiro neste inicio de semana no que soben as temperaturas que chegarán aos 20 graos. Ascenso notable dos termómetros que se notará aínda máis mañá con máximas roldando os 25. No mar segue a alerta en todo o litoral por mar de fondo

O custe do gasóleo agrícola, case o dobre dende que empezou a guerra de Irán, impacta no sector. Preocupación tamén polo aumento dos fertilizantes e outras materias primas que, din, terán que repercutir nos productos que chegan finalmente ao mercado | Polo momento, a inflación mantívose en valores moderados no mes de febreiro, segundo o dato que hoxe publica o INE. En Galicia o IPC interanual situouse no 2´2 por cento, dúas décimas por debaixo da media do conxunto de España, coas maiores subas nos alimentos e a vivenda | Unha rede para axudar a pais, alumnos e profesores a conseguir un mellor uso dos dispositivos móbiles. É unha iniciativa no concello de Meaño para afrontar os efectos derivados do abuso das pantallas por adolescentes, como Illamento, ansiedade, insomnio | O Celta empata a 1 ante o Olympique de Lyon e xogaráse a clasificación a próxima semana en Francia. Os galos dispuxeron das mellores ocasións, nun partido marcado pola expulsión de Borja Iglesias. Na afección celeste, cabreo pola arbitraxe e fe no partido de volta

O conflicto en Oriente Medio provoca preocupación no sector agrario polo aumento dos prezos dos combustibles, os fertilizantes e outras materias primas que, din, terán que repercutir nos alimentos que chegan finalmente ao mercado | Os prezos incrementáronse en febreiro medio punto con respecto a xaneiro. O que máis subiu foron restaurantes e aloxamentos | A mellor hamburguesa de España pódese comer nun gastro bar de Ourense. O cociñeiro Martín Fernández apostou pola sinxeleza e a calidade dos produtos para aportarlle un sabor xenuino de Galicia | Primeira detención polo ataque violento a siareiros do Olympic de Lyon en Vigo | O Kiosko Alfonso da Coruña acolle a exposición eMigrantas. Recupera historias de mulleres galegas da emigración a través de arquivos, foografías e testemuñas

Preocupación no sector agrario polo aumento do prezo do gasóleo, que xa e case o dobre dende que empezou ao ataque de Estados Unidos e Israel a Irán | Os prezos incrementáronse en febreiro medio punto con respecto a xaneiro. O que máis subiu foron restaurantes e aloxamentos | Primeira detención polo ataque violento, en Vigo, a siareiros do Olympic de Lyon | A mellor hamburguesa de España pódese comer nun gastro bar de Ourense | Mostra na Coruña adicada a recupear istorias de mulleres galegas da emigración

Chega unha fronte fría con chuvias dende primeiras horas polo oeste, nunha xornada na que as temperturas volven baixar. Alerta laranxa na costa da Coruña por ondas que poden chegar aos 6 metros. Os chuvascos tenden a desaparecer mañá pola tarde e o domingo subirán as temperaturas

O Tribunal Supremo confirma que o Pazo de Meirás é patrimonio do Estado. A Sentenza, coñecida hoxe, ratifica a decisión anterior da Audiencia da Coruña que ordenou á Familia Franco a devolver o inmoble, empregado polo ditador como residencia de Verán. Tamén considera que os herdeiros deberán ser indemnizados polos gastos de mantemento | Nova xornada de folga na Sanidade, hoxe convocada pola CIG para todo o persoal de Atención Primaria| O Sergas di que superou durante o ano pasado o récord de 200.000 ciruxías. A espera media para operarse sitúase en 73 días | Rosa Crujeiras, nova reitora da Universidade de Santiago. A primeira muller en ocupar o cargo. Entre as suas prioridades atender as necesidades dos estudantes vulnerables e abordar a renovación xeracional do profesorado. Tamén Reclama un maior finanzamento para o ensino universitario | A primavera que chega vai ser máis seca e cálida do habitual. É a previsión da AEMET despois dun inverno cálido e especialmente húmido, o máis chuvioso dende 1961, que nos deixa os encoros cheos

O Tribunal Supremo confirma que o Pazo de Meirás é patrimonio do Estado. Tamén considera que os Franco deberán ser indemnizados polos gastos de mantemento | A folga indefinida de médicos de atención primaria chega ao seu noveno día, con máis de 40.000 consultas canceladas. Hoxe súmanse o resto de profesionais cunha xornada de folga convocada pola CIG | A Universidade de Santiago ten nova reitora, a primeira muller que chega a este cargo en 531 anos de historia. Rosa Crujeiras, que gañou na segunda volta, concedeu unha entrevista a RTVE no seu primeiro día tras ser elexida | Ultras do Celta increpan a seareiros do Lyon nun céntrico local de Vigo a pasada noite. A liorta rematou sen danos persoais de consideración segundo fontes policiais | A primavera que chega vai ser máis seca e cálida do habitual. É a previsión da AEMET despois dun inverno cálido e especialmente húmido, o máis chuvioso dende 1961, que nos deixa os encoros cheos

O Tribunal Supremo confirma que o Pazo de Meirás é patrimonio do Estado e que os Franco deberán ser indemnizados | Nova xornada de folga na Sanidade, hoxe convocada pola CIG para todo o persoal de Atención Primaria | O Sergas di que superou durante o ano pasado o récord de 200.000 ciruxías. A espera media para operarse sitúase en 73 días | Rosa Crujeiras, nova reitora da Universidade de Santiago, di que entre as suas prioridades ae abordar a renovación xeracional do profesorado | Ultras do Celta increpan a seareiros do Lyon nun céntrico local de Vigo

Recuperamos de xeito transitorio a influencia anticiclónica, antes da chegada, mañá, dunha fronte con chuvias e descenso de temperaturas. De momento, ceos máis despexados polo interior e máis cubertos nas provincias atlánticas. As temperaturas sen cambios

O grupo Inditex dispara a súa cotización na bolsa ao declarar uns beneficios que superan os 6.000 millóns de euros en 2025. As vendas acadan nese período os 40.000 millóns e melloran as espectativas do mercado. É o cuarto ano consecutivo de resultados récord para a compañía, cun divivendo que devolve ao fundador Amancio Ortega á lista dos 10 máis ricos do mundo | A guerra en Oriente Medio segue a impactar na nosa economía. Entre os sectores máis afectados, as empresas do metal, que advirten do encarecemento dos prezos da enerxía que están a experimentar e dificultades para o cobro de encargos por parte dos países en conflicto | Adiantar os cribados de cancro de mama a partir dos 40 anos. É unha iniciativa promovida por mulleres que foron diagnosticadas antes de cumplir os 50, que é a idade a que se fan esas probas actualmente en Galicia | A restauración do baldaquino da capela maior, un dos tesouros da Catedral de Santiago, é unha das intervencións en madeira polas que Manuel Touza foi galardoado co premio do colexio de arquitectos

Inditex dispara a súa cotización na bolsa ao declarar uns beneficios que superan os 6.000 millóns de euros en 2025 | Os efectos do conflicto bélico están a deixarse notar en moitos sectores. Empresas do metal advirten de encarecemento da enerxía e dificultades para cobrar encargos dos países involucrados | A sesión de control no Parlamento estivo marcada polo mínuto de silenciop en recordo das vitimas do 11 M e o debate sobre a paz internacional | Catro mulleres ás que lles diagnosticaron cancro de mama moito antes dos 50 anos entregaron hoxe no Ministerio de Sanidade máis de 65.000 sinaturas pedindo que se adianten os cribados aos 40 anos. A impulsora da iniciativa é María Varela, veciña do concello coruñés da Baña | A catedral de Santiago garda tesouros en madeira que é preciso restaurar. Sábeo ben o enxeñeiro Manuel Touza, que recibiu polas súas intervencións o premio "Arquitectura para un Mundo Mellor"

O grupo Inditex dispara a súa cotización na bolsa ao declarar uns beneficios que superan os 6.000 millóns de euros en 2025 | Empresas do metal advirten de encarecemento da enerxía e dificultades para cobrar encargos pola guerra en Irán | Adiantar os cribados de cancro de mama a partir dos 40 anos. É unha iniciativa promovida por mulleres que foron diagnosticadas antes de cumplir os 50, que é a idade a que se fan esas probas actualmente en Galicia | Premio pola restauración do baldaquino da capela maior da Catedral de Santiago |

Mañá de ceos grises polo restos dunha fronte fría pouco activa, pola tarde apertura de claros sen descartar chuvascos illados e ocasionais en zonas do interior. As temperaturas en lixeiro ascenso con máximas previstas de 14 graos en Santiago e 19 en Ourense

Comeza en Vigo o xuizo pola operación Simione, o pesqueiro interceptado en alta mar pola garda civil, en 2022, cun alixo de case 3.000 cocaína. Os acusados son o armador e tres tripulantes que iban a bordo, xunto a un veciño de Ponte Caldelas que se considera colaborador da rede de narcotráfico. A fiscalía pide para eles un total de 56 anos de prisión | A inmigración está a ter efectos positivos no mercado laboral, como un incremento no número de autónomos. Así o indica o informe do Consello Económico e Social. A Xunta reclama as competencias en materia de permisos de traballo para axilizar os procesos de contratación | Entra en vigor a lei que prohibe a venda e consumo de bebidas enerxéticas a menores en Galicia. Unha normativa que equipara estes produtos ás bebidas alcólicas e contempla sancións de ata 15.000 euros para os infractores | Actividades para fomentar entre os máis pequenos o hábito da lectura no Salón do Libro Infantil e Xuvenil en Pontevedra. Un certame dominado nesta edición polos instrumentos musicais

Comeza en Vigo o xuizo pola operación Simione, o pesqueiro interceptado en alta mar pola garda civil, en 2022, cun alixo de case 3.000 cocaína | O consello da Xunta aproba un novo decreto para a Formación Profesional que busca unha maior flexibilidade e introduce a investigación. Profundiza no que os responsables educativos denominan revolución silenciosa, ao duplicarse o número de alumnos nos útlimos dez anos | Os grupos parlamentarios negocian una declaración institucional sobre a guerra en Irán. O PP enfatiza o rexeitamento, pero exise coherencia ao goberno central. Os socialistas defenden o dereito internacional e a vía diplomática e o BNG esixe a saída da OTAN | A chegada de inmigrantes está a ter efectos positivos no mercado laboral, como un incremento no número de autónomos. Así o indica o informe do Consello Económico e Social, presentado hoxe. A Xunta reclama as competencias en materia de permisos de traballo para axilizar os procesos de contratación | no Día do Naturalismo galego, O Consello da Cultura presenta dúas obras de Frei Martín Sarmiento: O Discurso crítico-botánico sobre o vexetal galego seixebra e o Catálogo da súa biblioteca

Comeza en Vigo o xuizo pola operación Simione, o pesqueiro interceptado en alta mar pola garda civil, en 2022, cun alixo de case 3.000 cocaína | A inmigración está a ter efectos positivos no mercado laboral, como un incremento no número de autónomos. Así o indica o informe do Consello Económico e Social | Entra en vigor a lei que prohibe a venda e consumo de bebidas enerxéticas a menores en Galicia | Xunta aproba un novo decreto para a Formación Profesional que busca unha maior flexibilidade e introduce a investigación |

Aumenta a inestabilidade con ceos parcialmente cubertos e con chuvascos, por momentos acompañados de sarabia e treboadas. A cota de neve en progresivo descenso ata quedar nos 800-900 metros. Moderado descenso das temperaturas máximas, entre os 9 graos en Lugo aos 13 de Ourense ou Pontevedra

O gasoleo, por riba dos dous euros o litro. Unha escalada de prezos que non se vía dende a invasión rusa de Ucraína, e que volve agora coa intervención de Estados Unidos e Israel en Irán. Os armadores reclaman medidas urxentes, ante o aumento de máis dun 50 por cento no custe dos combustibles na última semana | Sen acordo para a creación dunha comisión de investigación sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei. O PP opúxose á iniciativa do BNG, apoiada polos socialistas, ante o que consideran irregularidades no acordo entre a Xunta e a multinacional portuguesa | O Sergas estima en máis de 30.000 as consultas que se levan suspendido pola folga indefinida de médicos de atención primaria. Facultativos de diferentes áreas néganse a facer horas extra para desconxestionar as listas de agarda, como medida de presión | Unha aldea no parque do Xurés, é o escenario de 'As Augas', primeira película dirixida pola actriz, Ledicia Sola. É a historia dunha muller que se retira coas suas mellores amigas para superar unha crise existencial

O diésel xa se vende nalgunhas gasolineiras galegas a máis de dous euros o litro. A 2,49 céntimos atopamolo hoxe nunha do polígono do Tambre en Santiago | No Parlamento non sae adiante a proposta do Psdeg e o Bng dunha declaración institucional de rexeitamento á guerra de Irán. A oposición insistiu aos populares que se posicionen no lado correcto da historia e que non repitan a foto das Azores | Médicos das diferentes áreas sanitarias comunican ao Sergas que van deixar de facer horas extra para desconxestionar as listas de agarda. A folga indefinida de médicos de atención primaria suspendeu xa máis de 30.000 consultas | O Goberno Central aproba unha Declaración de recoñecemento ás vítimas dos sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol. Un día no que morreron Amador Rey e Daniel Niebla, abatidos por disparos da policía franquista durante unha movilización | Unha aldea no parque do Xurés, é o escenario de 'As Augas', primeira película dirixida pola actriz, Ledicia Sola