O custe do gasóleo impacta no sector agrario | O IPC mantense no 2´2% en febreiro | Iniciativa para evitar o abuso de pantallas polos adolescentes |
13/03/2026 00:25:00O custe do gasóleo agrícola, case o dobre dende que empezou a guerra de Irán, impacta no sector. Preocupación tamén polo aumento dos fertilizantes e outras materias primas que, din, terán que repercutir nos productos que chegan finalmente ao mercado | Polo momento, a inflación mantívose en valores moderados no mes de febreiro, segundo o dato que hoxe publica o INE. En Galicia o IPC interanual situouse no 2´2 por cento, dúas décimas por debaixo da media do conxunto de España, coas maiores subas nos alimentos e a vivenda | Unha rede para axudar a pais, alumnos e profesores a conseguir un mellor uso dos dispositivos móbiles. É unha iniciativa no concello de Meaño para afrontar os efectos derivados do abuso das pantallas por adolescentes, como Illamento, ansiedade, insomnio | O Celta empata a 1 ante o Olympique de Lyon e xogaráse a clasificación a próxima semana en Francia. Os galos dispuxeron das mellores ocasións, nun partido marcado pola expulsión de Borja Iglesias. Na afección celeste, cabreo pola arbitraxe e fe no partido de volta
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado