Desconvocada a folga de traballadores de Renfe, que provocou atrasos e viaxes canceladas | Comenza a reparación do desprendemento na Muralla de Lugo a consecuencia do temporal | A Garda Civil investiga quen pode ser a muller que apareceu morta no encoro de Castrelo de Miño | A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa reclama axudas para paliar as perdas no sector marisqueiro que cifra nuns 60 millóns nos útimos cinco anos | O grupo folk galego Luar na lubre prepara unha viaxe a América no seu 40 aniversario
Soben as temperaturas no inicio dunha semana na que siguen as borrascas. Hoxe chuvias máis intensas na metade oeste, mesmo cunha alerta amarela no interior da provincia de Pontevedra e noroeste de Ourense porque poden acumularse ata 40 litros por metro cadrado en doce horas
Polémica pola suspensión total, por segundo día, do servizo ferroviario en Vigo, que se estende a liña convencional entre Ourense e Santiago, sen transporte alternativo por estrada. A Xunta acusa a Renfe de deixar abandonados a miles de viaxeiros. O BNG cualifica tamén de inaceptable a postura da compañía | Máis de 400 incidencias rexistradas polos servizos de emerxencias nas últimas horas en relación coa meteoroloxía. O principal foco de atención é o Miño, con puntos en nivel vermello ao seu paso por localidades como A Peroxa, Ribadavia ou Salvaterra | Os docentes de ensino secundario poderán ter redución de xornada a partir do próximo curso. Así o contempla o acordo asinado pola Xunta con catro sindicatos, para posibilitar o cambio de 20 a 18 horas lectivas semanais | En Arabia Saudí subíu ao podio como campión do mundo do Dakar na categoría de motos eléctricas. Xa de volta, en Carballo, o piloto Fran Gómez Pallas conta cómo foi a sua preparación na Costa da Morte
Máis de 400 incidencias rexistradas polos servizos de emerxencias nas últimas horas en relación coa meteoroloxía. A Xunta mantén activado o Plan Innugal ante o aumento de caudal dos ríos | Segunda xornada de suspensión ferroviaria con destino ou orixe Vigo, e hoxe ademais súmase a liña convencional entre Ourense e Santiago | A Xunta e o BNG arrementen contra a decisión de Renfe. Acusan á compañía de deixar abandonados a miles de viaxeiros sen alternativa de transporte. O goberno autonómico destaca que, ante a situación, reforzou os servizos de autobús | Un cento de gandeiros irrupen na subdelegación do gobernó de Ourense. Protestan pola multas que lles están comezando a chegar por pola tractorada que manteñen dende hai mes e medio en contra do tratado de mercosur | Os docentes de ensino secundario poderán ter redución de xornada a partir do próximo curso
Máis de 400 incidencias nas últimas horas en relación coa meteoroloxía. O principal foco de atención é o Miño | Un grupo de gandeiros irrupe na subdelegación do gobernó de Ourense, en protesta polas multas pola tractorada contra Mercosur | A Xunta e o BNG arrementen contra a decisión de Renfe de suspender o servizo de trens en Vigo, sen alternativa de transporte por estrada | Os docentes de ensino secundario poderán ter redución de xornada a partir do próximo curso | Comenza en Pontevedra o Invernia Fest, un certame concibido polo triatleta Javier Gómez Noya para ofrecer alternativas musicais fóra da temporada estival
Esta tarde teremos algún chuvasco. Baixan as temperaturas e tamén a cota de neve ata os 900 metros. No mar seguimos con alerta laranxa. Os pronósticos falan de menos chuvia mañá pola mañá e o domingo ata a noite cando se agarda a chegada dunha nova fronte
Vigo, sen conexión por tren. Renfe decreta a suspensión total e indefinida das viaxes con orixe e destino na cidade, por considerar imposible prestar os servizos, tanto de Alta velocidade como de Media e Longa distancia, a causa do temporal. Non establece, tampouco, medios alternativos por estrada | A Xunta asina coa Federación de Municipios o convenio para aumentar a financiación do Servizo de Axuda no Fogar. Subirá a sua aportación de 12 a 18 euros por hora | O rexeitamento dos traballadores ao preacordo dos sindicatos coa patronal reactiva o conflicto do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña. A CIG, única central que se opuxo ao pacto, mantén a ameaza de folga indefinida | O debate entre os límites da realidade física e a virtual. É o que plantexa a exposición Mundo Expandido, no Museo Gaiás en Santiago. Unha mostra inmersiva con videoxogos e simulacións que poñen a proba os nosa capacidade para identificar o mundo real
Renfe suspende total e indefinidamente as viaxes con orixe e destino a Vigo, por considerar imposible prestar os servizos, a causa do temporal | A torre de Torés nas Nogais, unha fortaleza do século catorce, tras as intensas choivas das últimas semanas sofre un derrubamento nunha das súas paredes. A súa precaria situación preocupa aos vecinos | Os condutores de autobús da provincia da Coruña rexeitan o preacordo asinado pola patronal e os sindicatos UGT e Comisións Obreiras. A CIG, que estaba en contra de ese pacto, ameaza con reactivar a folga se non hai un novo acordo antes do luns | | Visitamos 'Mundo expandido', a innovadora exposición que acaba de abrir no museo Gaiás en Santiago. Plantexa un debate entre os límites da realidade física e da virtual. É a primeira itinerancia en España desta mostra inmersiva, que xa visitaron case cen mil persoas en Madrid, e que estará en Santiago ata finais de agosto
Renfe suspende total e indefinidamente as viaxes con orixe e destino a Vigo | As alertas meteorolóxicas levan á Xunta a suspender as actividades no exterior dos centros educativos | O rexeitamento dos traballadores ao preacordo dos sindicatos coa patronal reactiva o conflicto do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña | Convenio da Xunta coa Federación de Municipios para aumentar a financiación do Servizo de Axuda no Fogar | O debate entre os límites da realidade física e a virtual. É o que plantexa a exposición Mundo Expandido, no Museo Gaiás en Santiago
Alerta por chuvias persistentes durante a mañá, treboadas, sarabia e con chuvascos pola tarde. Hai aviso amarelo por ventos en zonas altas e no litoral onde un día máis e xa van varias semanas, segue o temporal costeiro con alerta laranxa por ondas de ata 7 metros
Destrozos no paseo marítimo de Nigrán, e noutros puntos da provincia de Pontevedra, ao paso da borrasca Leonardo. As intensas chuvias recollidas nas últimas semanas deixan tamén anegada a comarca ourensá da Limia. Os agricultores dan por perdida a colleita de cereal de inverno | A Coruña acolle un cumio mundial sobre Intelixencia Artificial no ámbito militar. Responsables de Defensa de 50 países debaten sobre o uso desa tecnoloxía para que sexa baixo control humano e respectando o dereito internacional | Reducir as listas de agarda, mellorar os cribados de cancro e reducir a temporalidade dos médicos. Son os obxectivos da Consellería de Sanidade asinados cos responsables das sete áreas sanitarias | O escritor David Uclés, que hoxe publica a sua novela gañadora do Premio Nadal, destaca a inspiración que recibiu da cidade de Santiago, onde escribíu boa parte de La península de las Casas Vacías, o fenómeno literiario que leva vendidos máis de 300.000 exemplares
Destrozos no paseo marítimo de Nigrán, e noutros puntos da provincia de Pontevedra, ao paso da borrasca Leonardo. As intensas chuvias das últimas semanas deixan tamén anegada a comarca ourensá da Limia | A Coruña convértese dende hoxe en escenario de debate internacional sobre o futuro do uso responsable da Intelixencia Artificial no ámbito militar| O ministro de economía participa nunha charla na facultade de económicas en Santiago ante máis de cincocentos alumnos | Hoxe publícase a novela de David Uclés gañadora do Premio Nadal. O escritor destaca a inspiración que recibiu da cidade de Santiago, onde escribíu boa parte da sua obra anterior, La península de las Casas Vacías | A Cidade da cultura inaugura a exposición 'Mundo expandido'. Explora os límites entre a realidade e a simulación dixital
Destrozos no paseo marítimo de Nigrán, e noutros puntos da provincia de Pontevedra, ao paso da borrasca Leonardo | Os agricultores da comarca da Limia dan por perdida a colleita de cereal de inverno | A Coruña convértese dende hoxe en escenario de debate internacional sobre o futuro do uso responsable da Intelixencia Artificial no ámbito militar | | O ministro de economía participa nunha charla na facultade de económicas en Santiago ante máis de cincocentos alumnos | A Cidade da cultura inaugura a exposición 'Mundo expandido'. Explora os límites entre a realidade e a simulación dixital
Quedamos baixo o dominio da borrasca Leonardo. Ceo parcialmente nubrado con chuvascos, máis intensos no interior das provincias atlánticas, localmente fortes, mesmo acompañados de aparato eléctrico. Vento forte no litoral. As temperaturas en moderado ascenso, especialmente os valores máximos
O Río Miño volve a situación de preemerxencia ao seu paso pola cidade de Ourense, co asolagamento das termas da Chavasqueira. O encoro de Velle libera máis de mil metros cúbicos por segundo. As intensas chuvias das últimas horas causan desprendementos que obrigan a pechar unha rúa no casco vello | Malos datos do paro en xaneiro. En Máis de 3.000 persoas aumentaron as listas de desemprego na nosa comunidade. Una suba do 2´7 por cento que se centra sobre todo no sector servizos, polo remate da campaña de Nadal | As familias monoparentais ascenden en Galicia a unhas 100 mil, nas que no 85 por cento dos casos o proxenitor ao cargo é unha muller. Reclaman máis visibilidade e medidas especiais sobre todo para favorecer a conciliación | A violinista de Tui Raquel Areal convértese, aos 26 anos, na primeira galega en obter unha praza na prestixiosa Orquestra Filharmónica de Berlín. Sen tradición musical na sua familia, Fálanos do seu empeño en cambiar o estereotipo que asocia a música clásica cun público elitista
Nova xornada de chuvascos persistentes, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra. No mar toda a costa atlántica está en alerta laranxa por ondas de ata 6 metros As temperaturas baixan. e está activo un aviso por nevaradas nas montañas de Ourense e Lugo | As listas do paro aumentaron en máis de 3.000 persoas no mes de xaneiro en Galicia. E unha suba do 2´7 por cento que se centra sobre todo no sector servizos, polo remate da campaña de Nadal | Sanidade confirma un brote de varíola do mono, con nove casos detectados en Galicia, sete deles na provincia da Coruña | "Antes de nós", "Sirât" e "As liñas descontinuas", son as producións que lideran as candidaturas dos Premios Mestre Mateo deste ano | Con 6 anos comezou a tocar as súas primeiras notas co violín. Vinte anos despois conseguiu unha praza na Orquestra Filharmónica de Berlín. Falamos da tudense Raquel Areal, a primeira intérprete galega en acadar un oco na prestixiosa orquestra alemá
O río Miño volve a situación de preemerxencia ao seu paso pola cidade de Ourense | As listas do paro aumentaron en máis de 3.000 persoas no mes de xaneiro en Galicia | Sanidade confirma un brote de varíola do mono, con nove casos detectados en Galicia | Antes de nós", "Sirât" e "As liñas descontinuas", son as producións que lideran as candidaturas dos Premios Mestre Mateo deste ano | A violinista de Tui Raquel Areal convértese, aos 26 anos, na primeira galega en obter unha praza na prestixiosa Orquestra Filharmónica de Berlín
Seguimos con tempo borrascoso que deixa chuvascos máis persistentes nas provincias da Coruña e Pontevedra, menos frecuentes en Lugo. As temperaturas baixan. A cota de neve está nos 900 a 1.000 metros con tendencia a subir. No mar toda a costa atlántica está en alerta laranxa por ondas de ata 6 metros
Nunha casa do Porriño mantívose agochado durante horas, e finalmente quitouse a vida, o home de 67 anos que acababa de asasinar en Mos á que fora a súa parella, María Belén, de 53 | O Ministerio de Igualdade confirmou que se trata dun caso de violencia contra a muller, o sexto no que vai de ano en España, e asegurou tamén que non existían denuncias previas | As autoridades descartan contaminación das augas pola rotura dunha das balsas da antiga mina do Monte Neme, entre Malpica e Carballo. Provocou a vertedura de miles de toneladas de auga, pedra e lama que se desprazou varios quilómetros ata o mar. Ecoloxistas en acción presenta unha denuncia penal | Sorpresa no Celta pola marcha de Bryan Zaragoza, que interrompeu a súa cesión no equipo vigués para asinar pola Roma a pouco máis de 24 horas do peche do mercado de inverno. O equipo move ficha para asinar un reforzo de última hora. Será o centrocampista uruguaio Matías Vecino
Minutos de silencio polo crime machista de Mos. O Presidente da Xunta, conselleiros e traballadores concentrábanse á porta do edificio administrativo de San Caetano Tamén En Pontevedra ante a Subdelegación do Goberno, ou no concello de Nigrán onde hoxe estaba o Delegado do Goberno, secundaron minutos de silencio | A sucesión de borrascas non para e xa está aquí Leonardo, un novo temporal que xa deixou refachos de 125 quilómetros por hora. O peor está no mar, onde os mariscadores e boa parte da frota, levan prácticamente un mes sen poder faenar polo mal tempo. Din que está a ser un dos invernos máis duros que lembran | Bryan Zaragoza abandona o Celta tan só seis meses despois da sua chegada para asinar polo conxunto da capital italiana. Atopábase en Vigo cedido polo Bayern de Munich, disputou na sua breve etapa como celeste 26 partidos, sumando 2 goles e 4 asistencias|