Combater a fraude nas baixas laborais coa cunha nova unidade especial da Xunta. É un dos anuncios de Alfonso Rueda na sua intervención no debate de política xeral | A réplica por parte dos distintos grupos parlamentario será esta tarde. A oposición adiantou xa a sua crítica o discurso de Rueda, porque ve nel unha repetición de promesas que logo, din, non cumpre | Hoxe comeza a declaración da renda. Máis dun millón de persoas teñen cita con Facenda deica a finais de xuño. Trae novidades nas deducións autonómicas. Os expertos aconsellan non apurarse a facela para comprobar ben os datos | Pontevedra celebra o día internacional do pobo xitano, que se conmemora cada 8 de abril, coa colocación da bandeira romaní no balcón da Casa da Luz |Fillas de Cassandra transforma a portada do seu novo disco nunha instalación escultórica que pode visitarse hoxe na fundación Granell en Santiago. Tertulia, o agardado segundo álbum do dúo vigués, xa pode escoitarse enteiro nesta exposición
Rueda anuncia a creación dunha unidade especial para combater a fraude nas baixas laborais | Empeza a declaración da renda con novidades na desgravación por alugueiro de vivenda | A Consellería de Sanidade amplía o peche de centros de Saúde os sábados pola mañá, para ser substuidos polos PAC con persoal voluntario | Pontevedra celebra o día internacional do pobo xitano | Fillas de Cassandra presentan un novo traballo musical, cunha intervención artística na Fundación Granell
A borrasca desprazase cara o suroeste de Lisboa pero seguimos aínda baixo o seu radio de influencia, con aire frío en altura. Xornada de nubes e claros, con chuvascos máis probables na metade leste e interior da Comunidade, localmente treboentos. Treboadas polas que a aemet activa un aviso amarelo por chuvascos localmente fortes
Máis de 750 hectáreas queimadas en dous incendios nas últimas horas, favorecidos polas temperaturas que superaron os 30 graos. O lume máis importante, en Ponteareas | A baixada do prezo que ofertan as industrias polo leite está deixar notar os seus efectos. Na Mariña de Lugo dúas granxas din que teñen que desfacerse do leite ao non ter quen llo recolla | Campaña da Policía Nacional en centros educativos e para a prevención da delincuencia nas redes, din que representa xa o 27 por cento de toda a actividade delituosa que se rexistra en Galicia | A actriz Josefina Blanco, aínda que apenas coñecida na actualidade, foi unha das persoas máis importantes na vida e na obra de Ramón de Valle-Inclán. Avanzada ao seu tempo a figura é recuperada polo seu neto que destaca os seus méritos profesionais
A Audiencia da Coruña confirma o arquivo da denuncia por agresión sexual contra o exconselleiro do Mar, Alfonso Villares. Os maxistrados din que, tras unha minuciosa investigación, non aprecian indicios suficientes para o procesamento | Máis de 750 hectáreas queimadas en dous incendios nas últimas horas, favorecidos polas temperaturas que superaron os 30 graos. O lume máis importante, en Ponteareas | A baixada do prezo que ofertan as industrias polo leite está deixar notar os seus efectos. Na Mariña de Lugo dúas granxas din que teñen que desfacerse do leite ao non ter quen llo recolla
Máis de 750 hectáreas queimadas en dous incendios nas últimas horas. O lume máis importante, en Ponteareas | Na Mariña de Lugo, dúas granxas din que teñen que desfacerse do leite ao non ter quen llo recolla | Campaña da Policía Nacional en centros educativos e para a prevención da delincuencia nas redes | A actriz Josefina Blanco, aínda que apenas coñecida na actualidade, foi unha das persoas máis importantes na vida e na obra de Ramón de Valle-Inclán
Despois dun luns de Pascua moi caloroso, con récord de temperatura na Coruña onde superaron os 31 graos, hoxe as temperaturas descenderon de xeito notable, con máximas que non han pasar dos 22 graos. Valores máis propios da época nun día no que volve a chuvia, con ceos nubrados e chuvascos que poden vir acompañados de aparato eléctrico e sarabia, polo que a Aemet activou unha alerta en todo o sur da comunidade.
Ringleiras de cidadáns senegaleses ante a Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña, cedida polo concello para servir de embaixada temporal. Acoden a facer trámites que requiren presencia física, como a renovación do pasaporte, e evitar así ter que desprazarse a Madrid | Os datos do paro rexistran en Galicia o mellor mes de marzo da serie histórica, cunha baixada do 3,76 por cento respecto a hai un ano. O número total de desempregados na nosa comunidade cae ata 114.000 | O Celta queda a un punto da quinta posición que permitiría disputar a Champions, tras remontar en Mestalla fronte ao Valencia. No Deportivo, o equipo masculino deixa boas sensacións e o feminino certificou a permanencia | Comezan as primeiras romarías populares da primavera en Galicia. Hoxe celebran a da Virxe de Chamorro en Ferrol e da Virxe das Cabezas no Mosteiro da Armenteira, nas Rías Baixas
Os datos do paro rexistran en Galicia o mellor mes de marzo da serie histórica, cunha baixada do 3,76 por cento respecto a hai un ano. O número total de desempregados na nosa comunidade cae ata 114.000 | Ringleiras de cidadáns senegaleses ante a Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña, cedida polo concello para servir de embaixada temporal. Acoden a facer trámites que requiren presencia física, como a renovación do pasaporte, e evitar así ter que desprazarse a Madrid | Comezan as primeiras romarías populares da primavera en Galicia. Hoxe celebran a da Virxe das Cabezas no Mosteiro da Armenteira, nas Rías Baixas
Ringleiras de cidadáns senegaleses ante a Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña, cedida polo concello para servir de embaixada temporal | Os datos do paro rexistran en Galicia o mellor mes de marzo da serie histórica, cunha baixada do 3,76 por cento respecto a hai un ano | O Celta queda a un punto da quinta posición que permitiría disputar a Champions. No Deportivo, o equipo masculino deixa boas sensacións e o feminino certificou a permanencia | Comezan as primeiras romarías populares da primavera en Galicia
Despois dunha semana de tempo seco e solleiro, os prognósticos anuncian cambios a partir desta tarde por que se está a aproximar unha borrasca atlántica. De momento durante a mañá ceos moi abertos nun día no que espertamos con suba de temperaturas. Conforme pasen as horas medrarán nubes de evolución que poden deixar chuvascos localmente treboentos nas últimas horas da tarde, máis probables no oeste da Comunidade.
As antenas da Universidade de Vigo, listas para encargarse do seguimento da cápsula Orión. O grupo de Tecnoloxía aeroespacial vigués formará parte así da misión Artemis 2, a primeira expedición lunar tripulada da Nasa en máis de medio século, que ten previsto o lanzamento esta madugada dende Cabo Caña-veral | Chega a segunda fase da operación saída Semana Santa, na se agardan uns 800.000 desprazamentos nas estradas galegas. O bo tempo anima a gozar das praias e nas Rías baixas aumentan a reservas de última hora, cos hoteis de Sanxenxo cunha ocupación do 80 por cento | O Ministerio de Agricultura levanta o confinamento das aves de curral ao confirmarse a mellora da situación de risco de contaxio da gripe aviaria. A restrición continuará en 40 concellos galegos | Un grupo de mozos que veñen de Alacant, de entre quince e dezaoito anos cunha gran dependencia ás redes sociais, participan nun programa no que se comprometen a deixar os teléfonos na casa ata rematar o Camiño. Hoxe afrontan a última etapa
As antenas controladas polo grupo de Tecnoloxía Aeroespacial da Universidade de Vigo, listas para encargarse do seguimento da cápsula Orión, da misión Artemis 2 da Nasa | comeza a segunda fase da operación saída de tráfico desta semana santa. A Dirección Xeral de Tráfico fai un chamamento a precaución sen baixar a garda nos pequenos desprazamentos. Esta operación especial estará operativa ata o 6 de abril | O Presidente da Xunta promove, en Carnota, a Senda do Litoral. Un itinenario de 1.300 quilómentros dende Ribadeo ata a Garda ,todo pola veira do mar que se pode percorrer tanto a pe como en bicileta | Facer o camiño de Santiago sen móbil engade dificultade cando os peregrinos son adolescentes que están enganchados ás redes sociais. Hoxe chegan á praza do Obradoiro os participantes no programa 'Desconecta no camiño' e nós acompañámolos durante a última etapa
Un grupo de investigación da Universidade de Vigo realizará un seguimento misión lunar tripulada da Nasa que comeza esta madrugada dende Cabo Cañaveral | Uns 800.000 desprazamentos previstos nas estradas galegas na Semana Santa. Nas Rías baixas aumentan a reservas de última hora | O Ministerio de Agricultura levanta o confinamento das aves de curral ao confirmarse a mellora da situación de risco de contaxio da gripe aviaria | A Fiscalía de Salamanca recorre o permiso penitenciario a Alfonso Basterra, condenado polo asasinato da súa filla Asunta
Sigue a influencia do anticiclón. As temperaturas mínimas en lixeiro descenso mentres que as máximas sen cambios significativos, chegan aos 20 graos en Pontevedra, Vigo, Ourense e Santiago. Ventos do nordés moderados no litoral, con refachos fortes en Fisterra. Un tempo anticilónico que nos acompañará no resto da semana santa
Preocupación na hostalaría de Santiago polas cifras de ocupación turística na Semana Santa. A espera das reservas de última hora, no sector, Algunhas voces falan xa de crise, logo de rexistrar unha caída de visitantes á cidade de máis do 10% dende comenzo do ano | A Xunta únese ás organizacións agrarias para reclamar medidas ao goberno central contra a baixada do prezo que as industrias ofrecen aos produtores de leite. Din que non poden asumir una redución de oito céntimos por litro xusto no momento en que se encarecen os custos dos combustibles pola guerra en Irán | Sete meses despois do lume que arrasou 10.000 hectáreas en Viana do Bolo, comenzan a verse os efectos das medidas aplicadas para protexer o solo da erosión. Unha das técnicas máis eficientes é o acolchamento con palla | A conciliación familiar é un reto nas vacacións de Semana Santa. Moitos optan por espazos como esta ludoteca, en Santiago, que ofrece actividades de robótica básica, e, ademais, combinan a creatividade coa ciencia e a tecnoloxía
A Policía Nacional atopa en Ceuta un narcotúnel nunha operación que permitiu desmantelar unha das maiores bandas de tráfico de hachís de toda España. Entre os detidos hai catro galegos | A Xunta únese ás organizacións agrarias para reclamar ao goberno central medidas contra a baixada do prezo que as industrias ofrecen aos produtores de leite nos contratos que deben asinar a partir de mañá | A Semana Santa chega con malos datos turísticos na capital galega, cunha ocupación prevista entre o 50 e o 70 por cento. Dende o sector, algunhas voces falan xa de crise | Nestes días de vacacións escolares, moitas familias enfróntanse ao reto de conciliar o traballo cos fillos sen colexio. Unha das opcións son as ludotecas que ofertan actividades coas que os máis pequenos aprenden xogando
Catro galegos, entre os detidos na operación da Policía Nacional en Ceuta na que foi atopado un narcotúnel, e permitiu desmantelar unha das maiores bandas de tráfico de hachís de España | Preocupación na hostalaría de Santiago polas cifras de ocupación turística na Semana Santa logo de rexistrar unha caída de máis do 10% dende comenzo do ano | A Xunta únese ás organizacións agrarias para reclamar medidas ao goberno central contra a baixada do prezo que as industrias ofrecen aos produtores de leite | Sete meses despois do lume que arrasou 10.000 hectáreas en Viana do Bolo, comenzan a verse os efectos das medidas aplicadas para protexer o solo da erosión |
Seguimos baixo influencia anticiclónica e con ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, e néboas matinais. As temperaturas mínimas e máximas experimentan un lixeiro ascenso, cos termómetros chegando ata os 16 graos no norte, e ata os 20 no sur.
Demolición, na Coruña do coñecido como “escalextric” que da acceso ao Complexo hospitalario universitario. Uns traballos, sen emprego de explosivos, que comenzaron á primeira hora da mañá e obrigan a cortar durante tres días unha vía pola que a diario entran e saen milleiros de coches na cidade | O Consello da Xunta aproba o catálogo de bens do litoral. Son cerca de 2.000 construcións que destacan polo seu valor arquitectónico ou cultural e merecen especial protección | Rúas, hoteis e restaurantes ateigados. Así está Ferrol estes días de Semana Santa. Milleiros de turistas se achegan a esta cidade coruñesa para ver as procesións dunha celebración declarada de interese turístico internacional e que deixa un impacto económico na cidade de 40 millóns de euros | E neste telexornal imos coñecer unha historia de emprendemento. Dúas mulleres migrantes montaron un obradoiro de artesanía para elaborar unhas bonecas diferentes ás que hai no mercado. Elas coñecéronse de casualidade ao trasladarse a vivir ao mesmo lugar: unha aldea abandonada do concello ourensán de Gomesende