Rueda anuncia un plan contra a fraude nas baixas laborais | Empeza a campaña para a declaración da renda | Fillas de Cassandra presentan novo traballo
08/04/2026 00:10:06Combater a fraude nas baixas laborais coa cunha nova unidade especial da Xunta. É un dos anuncios de Alfonso Rueda na sua intervención no debate de política xeral | A réplica por parte dos distintos grupos parlamentario será esta tarde. A oposición adiantou xa a sua crítica o discurso de Rueda, porque ve nel unha repetición de promesas que logo, din, non cumpre | Hoxe comeza a declaración da renda. Máis dun millón de persoas teñen cita con Facenda deica a finais de xuño. Trae novidades nas deducións autonómicas. Os expertos aconsellan non apurarse a facela para comprobar ben os datos | Pontevedra celebra o día internacional do pobo xitano, que se conmemora cada 8 de abril, coa colocación da bandeira romaní no balcón da Casa da Luz |Fillas de Cassandra transforma a portada do seu novo disco nunha instalación escultórica que pode visitarse hoxe na fundación Granell en Santiago. Tertulia, o agardado segundo álbum do dúo vigués, xa pode escoitarse enteiro nesta exposición
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado