Máis de 750 hectáreas queimadas en dous incendios forestais | Tiran o leite polo baixo prezo | Josefina Blanco, mérito propio e apoio a Valle-Inclán
07/04/2026 00:24:59Máis de 750 hectáreas queimadas en dous incendios nas últimas horas, favorecidos polas temperaturas que superaron os 30 graos. O lume máis importante, en Ponteareas | A baixada do prezo que ofertan as industrias polo leite está deixar notar os seus efectos. Na Mariña de Lugo dúas granxas din que teñen que desfacerse do leite ao non ter quen llo recolla | Campaña da Policía Nacional en centros educativos e para a prevención da delincuencia nas redes, din que representa xa o 27 por cento de toda a actividade delituosa que se rexistra en Galicia | A actriz Josefina Blanco, aínda que apenas coñecida na actualidade, foi unha das persoas máis importantes na vida e na obra de Ramón de Valle-Inclán. Avanzada ao seu tempo a figura é recuperada polo seu neto que destaca os seus méritos profesionais
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado