Empeza a demolición do “escalextric” do Chuac na Coruña | Cheo turístico en Ferrol pola Semana Santa | Bonecas de artesanía nunha aldea de Gomesende
30/03/2026 00:24:59Demolición, na Coruña do coñecido como “escalextric” que da acceso ao Complexo hospitalario universitario. Uns traballos, sen emprego de explosivos, que comenzaron á primeira hora da mañá e obrigan a cortar durante tres días unha vía pola que a diario entran e saen milleiros de coches na cidade | O Consello da Xunta aproba o catálogo de bens do litoral. Son cerca de 2.000 construcións que destacan polo seu valor arquitectónico ou cultural e merecen especial protección | Rúas, hoteis e restaurantes ateigados. Así está Ferrol estes días de Semana Santa. Milleiros de turistas se achegan a esta cidade coruñesa para ver as procesións dunha celebración declarada de interese turístico internacional e que deixa un impacto económico na cidade de 40 millóns de euros | E neste telexornal imos coñecer unha historia de emprendemento. Dúas mulleres migrantes montaron un obradoiro de artesanía para elaborar unhas bonecas diferentes ás que hai no mercado. Elas coñecéronse de casualidade ao trasladarse a vivir ao mesmo lugar: unha aldea abandonada do concello ourensán de Gomesende
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado