Alfonso Basterra podería sair nas próximas horas da prisión onde cumpre condena polo asasinato da súa filla Asunta. O Xulgado de Vixilancia Penitenciaria estimou o seu recurso contra a denegación do permiso que tiña solicitado | A Xunta aproba un plan anticrise de 157 millóns de euros para paliar os efectos económicos derivados do conflicto de Oriente Medio | Na Coruña, primeiro día dos tres que durarán os traballos de derruba do viaducto que enlaza co hospital clínico, coñecido como o "escalextric", para construir outra de máis capacidade. As obras afectan sobre todo a varias liñas de autobús e á comunicación cos concellos limítrofes | O bó tempo está a acompañar o arranque da Semana Santa, que en Ferrol se vive con especial intensidade. A cidade xa está cheo de turistas e para os próximos días. Calcúlase que a Semana Santa ten un impacto na cidade duns 40 millóns de euros
Alfonso Basterra podería sair nas próximas horas da prisión onde cumpre condena polo asasinato da súa filla Asunta | A Xunta aproba un plan anticrise de 157 millóns de euros para paliar os efectos económicos derivados do conflicto de Oriente Medio | Demolición, na Coruña do coñecido como “escalextric” que da acceso ao Complexo hospitalario universitario. Uns traballos, sen emprego de explosivos | O bó tempo está a acompañar o arranque da Semana Santa, que en Ferrol se vive con especial intensidade. A cidade xa está cheo de turistas e para os próximos días os hoteis e restaurantes xa colgaron o cartel de completo
A semana comeza baixo influencia anticiclónica. Ceos nubrados no norte e, no resto, despexados e con intervalos de nubes. As temperaturas máximas en lixeiro ascenso, entre os 14 graos de Ferrol e os 22 de Ourense.
Comenza a Operación saída da Semana Santa, na que encher o depósito custa ata un 26 por cento máis que hai un ano no caso do diesel, pese á baixada de impostos. A suba dos carburantes fai que o IPC de marzo se dispare ao 3´3 por cento, mentres que a inflación subxacente, sen produtos enerxéticos nin alimentos frescos, queda no 2´7 | Os traballadores dos PAC, os puntos de Atención Continuada, abren unha nova fronte de conflicto na Sanidade. Opóñense a ampliación do seu horario de apertura aos sábados pola mañá. Denuncian que a medida, adoptada para desconxestionar os centros de Saúde, supón un incremento da súa xornada laboral | O cambio de hora, na madrugada do domingo reabre o debate entre os expertos. Mellor aproveitamento das horas de luz. Pero tamén cambio obrigado nas rutinas que provoca trastornos, especialmente aos máis pequenos, para os que se recomenda unha adaptación progresiva | Antía Muíño preséntanos seu novo disco.'Anfibia por veces', un traballo no que Interpreta distintos rexistros dende o jazz ao folk e incluso se atreve coa chacarera arxentina
Comenza a Operación saída da Semana Santa, na que encher o depósito custa ata un 26 por cento máis que hai un ano no caso do diesel, pese á baixada de impostos | Os traballadores dos PAC, os puntos de Atención Continuada, abren unha nova fronte de conflicto na Sanidade. Opóñense a ampliación do seu horario de apertura aos sábados pola mañá. Denuncian que a medida, adoptada para desconxestionar os centros de Saúde, supón un incremento da súa xornada laboral | Esta fin de semana toca cambio de hora. Na madrugada do sábado ó domingo, cando o reloxo marque as dúas haberá que adiantalo ás tres | Antía Muíño presénta o seu novo disco.'Anfibia por veces', un traballo no que Interpreta distintos rexistros dende o jazz ao folk e incluso se atreve coa chacarera arxentina
Comenza a Operación saída da Semana Santa, na que encher o depósito custa ata un 26 por cento máis que hai un ano no caso do diesel | Os traballadores dos PAC, os puntos de Atención Continuada, abren unha nova fronte de conflicto na Sanidade. Opóñense a ampliación do seu horario de apertura aos sábados pola mañá | Os que se acheguen ás praias poden desfrutar dende hoxe dos chiringuitos. A Xunta autoriza un record de 320 instalacions | Cambio de hora na madrugada do sábado cara ó domingo, as dúas serán as tres
Continúa o tempo solleiro, con máis nubes no norte sobre todo mañá por unha fronte pouco activa que pode deixar algúns orballos. Sigue o nordés que fai que a sensación térmica sexa de máis frío. As temperaturas baixarán durante a fin de semana
Protesta dos representantes da CIG, na xornada de folga convocada hoxe para reclamar melloras para todo o persoal de atención primaria. Un conflito que manteñen, á marxe do acordo acadado co sindicato médico OMega que limita as axendas a 30 pacientes por día | Veráns cada vez máis longos e invernos menos fríos. No día mundial do Clima, os expertos advirten da a importancia de adaptarse aos fenómenos meteorolóxicos adversos cada vez máis frecuentes, e reclaman máis vontade por parte dos responsables políticos | O hotel Talaso de Oia, levantado hai máis de 20 anos con licenza municipal, enfróntase a unha orde xudicial de demolición por estar construido en chan non urbanizable, sen que se chegase a formalizar a recalificación do terreo. O concello intenta evitar unha indemización millonaria aos propietarios | En Ferrol xa están cos últimos preparativos da Semana Santa, declarada de interese turístico internacional, ca recollida de hábitos, limpeza e preparación de pezas ornamentais e últimos ensaios
Sentados, á espera a ser chamados a negociar pola consellería de Sanidade. Así protestan os representantes da CIG, nunha xornada de folga para reclamar melloras para todo o persoal de atención primaria | Veráns cada vez máis longos e invernos menos fríos. No día mundial do Clima, os expertos advirten da a importancia de adaptarse aos fenómenos meteorolóxicos adversos cada vez máis frecuentes | Un aparente erro administrativo podería ter consecuencias catastróficas. O Talaso Hotel de Oia levantouse hai máis de 20 anos en chan non urbanizable, ainda que con licenza municipal. Agora despois dun longo periplo xudicial, as autoridades ordenan a sua demolición | A Fundación Barrié acolle unha retrospectiva con 300 obras do francés René Lalique, xoieiro e vidrieiro de excelencia. Foi o mestre do art nouveau e do art déco, que marcou un antes e un despois na historia do deseño europeo no cambio do século do XIX ao XX
Nova xornada de folga convocada pola CIG hoxe para reclamar melloras para todo o persoal de atención primaria | No día mundial do Clima, os expertos advirten da a importancia de adaptarse aos fenómenos meteorolóxicos adversos cada vez máis frecuentes | O hotel Talaso de Oia, levantado hai máis de 20 anos con licenza municipal, enfróntase a unha orde xudicial de demolición por estar construido en chan non urbanizable | Últimos preparativos da Semana Santa de Ferrol, con ensaios e preparación das pezas ornamentais
Aumenta a influencia anticiclónica, con circulación moi marcada do nordés. Con esta situación, temos ceos con máis nubes canto máis ó norte e ceos despexados ou con nubes altas no resto. Temperaturas sen demasiados cambios, máximas entre os 13 graos da Coruña e os 20 de Ourense.
Rueda anuncia no Parlamento un plan de 150 millóns de euros para os sectores máis afectados pola guerra en Irán. Di que incluirá axudas a empresas que comercian en Oriente Medio e a transportistas, sector agrícola e marítimo, xunto cun aumento das pensións non contributivas | Remata a folga de médicos de atención primaria, tralo acordo entre o sindicato O Mega e a Consellería de Sanidade. Entre as medidas acadadas, non superar os 30 pacientes atendidos por día. O conflito supuxo a cancelación de cerca de 80.000 consultas nas últimas tres semanas | Nova marcha de taxis, en caravana, polas rúas da Coruña, en protesta contra o incremento de Vehículos de Transporte con Condutor, que din, seguen a realizar servizos urbanos, pese a que o prohíbe a normativa | Converter os residuos plásticos que acaban nos océanos nun material que axude a loitar contra a contaminación. É o obxectivo do proxecto Polybris, do Instituto de Investigacións mariñas, en Vigo, en colaboración coas confrarías
Rueda anuncia un plan de 150 millóns de euros para os sectores máis afectados pola guerra en Irán. Di que incluirá axudas a empresas que comercian en Oriente Medio e a transportistas, sector agrícola e marítimo | Os médicos de familia poñen fin á súa folga indefinida despois de tres semanas. O sindicato Omega desconvocou a mobilización logo de chegar a un acordo coa Consellería de Sanidade | Converter os residuos plásticos que acaban nos océanos nun material que axude a loitar contra a contaminación. É o obxectivo do proxecto Polybris, do Instituto de Investigacións mariñas, en Vigo | A creación transnacional nas artes escénicas marcará unha nova edición de Escenas do Cambio. O festival de teatro, danza e arte en acción ofrecerá en Santiago do sete ao dez de maio, espectáculos con artistas de dez países de Europa e América
Rueda anuncia un plan de 150 millóns de euros para os sectores máis afectados pola guerra en Irán | Remata a folga de médicos de atención primaria, tralo acordo entre o sindicato O Mega e a Consellería de Sanidade | Nova protesta de taxistas na Coruña, contra o incremento de Vehículos de Transporte con Condutor | Converter os residuos plásticos que acaban nos océanos nun material que axude a loitar contra a contaminación. É o obxectivo do proxecto Polybris, do Instituto de Investigacións mariñas, en Vigo, en colaboración coas confrarías
Unha fronte pouco activa roza o norte da comunidade, deixando alí os ceos con máis nubes e mesmo algunha chuvia feble. Ceos, en cambio, máis abertos na metade sur. As temperaturas mínimas sen cambios, mentres que as máximas sufren un moderado descenso, entre os 12 graos en Santiago e os 19 en Vigo
Morre un veciño no incendio da sua vivenda, no lugar de Taboexa, no concello pontevedrés das Neves. Familiares da vítima que viven ao lado, decatáronse do lume e avisaron aos servizos de emerxencias. A Garda Civil está a investigar as causas | Aprobada, sen votos en contra, a modificacion da lei de Saúde para combater as agresións ao persoal sanitario, cos votos a favor do PP eo PSdeG e a abstención de Democracia ourensana e BNG. A oposición, sen embargo, coicide en criticar á Xunta por considerar que non aborda a raíz do problema | A conselleira do mar presenta aos respresentantes das confrarías as medidas de recuperación dos bancos marisqueiros afectados pola alta mortaldade tralas intensas chuvias que reduciron a salinidade das rías | Afundación lanza unha plataforma de acceso gratuíto para apoiar ás persoas maiores na mellora das súas competencias dixitais. Permite acceder a formación no manexo de teléfonos intelixentes, ciberseguridade ou no uso de Intelixencia artificial
Morre un veciño no incendio da sua vivenda, no lugar de Taboexa, no concello pontevedrés das Neves | O Parlamento aproba, sen votos en contra, a lei de medidas para protexer o persoal sanitario das agresións. Contempla sancións de entre 300 e 15.000 euros para os autores de actos violentos | A Consellería do mar presenta ás confrarías un plan de axudas dotado cuns 23 millóns de euros para a recuperación dos bancos marisqueiros | Os sons antigos de Abraham Cupeiro resoarán na praza de Santa María de Lugo na próxima edición do Arde Lucus, a festa de recreación histórica que cumpre 25 anos en xuño
Continúa a influencia anticiclónica, con ceos despexados e temperaturas que soben. Oscilarán os termómetros entre os 18 graos da Coruña e os 24 en Pontevedra. Os ventos frouxos
Protesta de gandeiros contra a pretensión das industrias de baixar o prezo que lles pagan polo leite. Din que é especialmente grave agora, que aumentan os custos de produción, pola guerra en Oriente Medio | A Xunta cuantifica en 120 millóns de euros a perda de ingresos que lle van supoñer ás medidas aprobadas polo Goberno Central ante a crise en Oriente Medio. O Presidente Rueda criticou que foran adoptadas sen consenso | Lugo contará cunha conexión de tren que permtirá estár en Madrid pouco despois das 10 da mañá, un cambio que se porá en práctica o 20 de maio. Ese tren parará na Gudiña ás 7.44 | O compostelán barrio de San Lázaro celebra a da festa da uña, un plato que se pode degustar estes días en case unha trintena de restaurantes. Hoxe tivo lugar a gran poxa de uñas e doutras pezas do porco ofrecidas ao santo. 23-03-2026
Continúa o tempo seco e solleiro.Temos ceos pouco nubosos ou con algunhas nubes altas, con bancos de néboa matinais en zonas de interior. As temperaturas sen cambios significativos. O vento frouxo do nordés, con intervalos moderados en terra e intervalos fortes no mar, entre Bares e Fisterra. 23-03-2026