Morre nun incendio na sua vivenda en As Neves | Aprobada a lei contra as agresións a persoal santario | Plataforma para axudar aos maiores coa IA
24/03/2026 00:10:05Morre un veciño no incendio da sua vivenda, no lugar de Taboexa, no concello pontevedrés das Neves. Familiares da vítima que viven ao lado, decatáronse do lume e avisaron aos servizos de emerxencias. A Garda Civil está a investigar as causas | Aprobada, sen votos en contra, a modificacion da lei de Saúde para combater as agresións ao persoal sanitario, cos votos a favor do PP eo PSdeG e a abstención de Democracia ourensana e BNG. A oposición, sen embargo, coicide en criticar á Xunta por considerar que non aborda a raíz do problema | A conselleira do mar presenta aos respresentantes das confrarías as medidas de recuperación dos bancos marisqueiros afectados pola alta mortaldade tralas intensas chuvias que reduciron a salinidade das rías | Afundación lanza unha plataforma de acceso gratuíto para apoiar ás persoas maiores na mellora das súas competencias dixitais. Permite acceder a formación no manexo de teléfonos intelixentes, ciberseguridade ou no uso de Intelixencia artificial
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesibilidad
- Subtitulado