Despois do paso dunha fronte pouco activa durante a madrugada, Galicia queda hoxe baixo a influencia das altas presións. A partir do mediodía foron abrindo grandes claros, persistindo as nubes baixas no norte e leste de Lugo. As temperaturas descenden lixeiramente, con máximas entre os 21 graos de Lugo e os 26 de Ourense. 03-10-2023
Arranca en Vigo Conxemar, con máis de 750 expositores de 45 países | O paro aumenta en Galicia en preto de 3.000 persoas no mes de setembro | A Xunta anuncia unha rebaixa do 8 ao 3 por cento do imposto na compravenda de vehículos de segunda man | A estrea en Galicia de 'O Corno', a película gañadora da Cuncha de Ouro en San Sebastián, inaugura o festival Curtocircuíto, en Santiago. 03-10-2023
Longas retencións na AP-9 á altura do aeroporto de Vigo pola afluencia de vehículos a Conxemar, a feira de produtos do mar conxelados | A feira comeza hoxe con máis de 750 expositores de 45 países | A Xunta anuncia unha rebaixa do 8 ao 3 por cento do imposto na compravenda de vehículos de segunda man. 03-10-2023
Xoán Carlos I saíu xa, camiño de Abu Dabi, con escala na cidade francesa de Niza, despois de dicir adeus a unha estadía de sete días en Sanxenxo. | O supercomputador cuántico máis potente do Sur de Europa está xa funcionando en Santiago, bautizado co nome de "Cumio" |Vigo é esta semana epicentro internacional do sector do conxelado. Vigo é esta semana epicentro internacional do sector do conxelado. |Xunta e sindicatos aprazan a unha nova xuntanza o mércores para negociar a rebaixa do número de alumnos por aula en Infantil e Primaria. | Concha de ouro do Festival de cine de San Sebastián para a película galega 'O Corno'. 02-10-2023
O supercomputador cuántico máis potente do Sur de Europa está xa funcionando en Santiago, bautizado co nome de "Cumio". |Xoán Carlos I saíu xa, camiño de Abu Dabi, con escala na cidade francesa de Niza, despois de dicir adeus a unha estadía de sete días en Sanxenxo, onde participou na Regata que leva o seu nome, e recibiu visitas de varios membros da sua famila. | Vigo é esta semana epicentro internacional do sector do conxelado. Profesionais da pesca de todo o mundo danse cita, hoxe no congreso da FAO. Mañá arranca a feira Conxemar . | A aventura dunha mariscadora da ría de Arousa nos anos 70, relatada na película O Corno, conquista a máxima distinción do xurado no festival de cine de San Sebastián. É a primeira cuncha de Ouro para unha producción feita en Galicia, e en Galego. 02-10-2023
Durante a mañá, nubes baixas polo oeste da provincia da Coruña con algúns orballos. As temperaturas mínimas, bastante altas en puntos da Mariña e Ourense. Durante o día as máximas oscilarán entre os 23 graos previstos en Santiago aos 28 de Ourense. 02-10-2023
Xoán Carlos I saíu xa cara Francia, camiño de Abu Dabi, despois de dicir adeus a unha estadía de sete días en Sanxenxo. | Xunta e sindicatos aprazan a unha nova xuntanza o mércores para negociar a rebaixa do número de alumnos por aula en Infantil e Primaria. | Un equipo de alumnos da universidade de Vigo presentan o primeiro prototipo de barco propulsado por enerxía solar. | Concha de ouro do Festival de cine de San Sebastián para a película galega 'O Corno'. Jaione Camborda, afincada en Santiago, fai historia ao ser a primeira directora española en conseguir este galardón. 02-10-2023
Embarque de don Xoan Carlos e os demáis participantes na regata da clase seis metros, en augas da ría de Pontevedra, en Sanxenxo. Un espectáculo, a partir das catro da tarde, ao que asisten As suas fillas e outros membros da familia real. | A situación política española e internacional, a debate no foro que se celebra na Illa da Toxa, con críticas parte do ex presidente Mariano Rajoy a negociación dunha amnistía. | Entra en vigor a lei de benestar animal que contempla un aumento de sancións polo seu abandono. En Galicia o número de cans rexistrados supera ao de habitantes menores de 15 anos. | Arranca en Ourense o Festival de Cine, Una das principais citas para os afeccionados a septima arte de Galicia. Entre as novidades, unha sección competitiva para escoller a mellor película galega do ano, con once longametraxes aspirantes.29-09-2023
Xoan Carlos e os demáis participantes na regata da clase seis metros, embarcan en en augas da ría de Pontevedra, en Sanxenxo. | Críticas parte do ex presidente Mariano Rajoy a negociación dunha amnistía no Foro que se celebra na illa da Toxa. | Entra en vigor a lei de benestar animal que contempla un aumento de sancións polo seu abandono. En Galicia o número de cans rexistrados supera ao de habitantes menores de 15 anos. | Arranca en Ourense o Festival de Cine, cunha sección competitiva para escoller a mellor película galega do ano, con once longametraxes aspirantes. | Remata o mes dedicado a enfermidade do Alzheirmer cuha plantación de árbores na cidade da cultura. 29/09/2023
As temperaturas empezan a subir e poden roldar os 28 graos en Vigo, Lugo e Santiago e superar os 31 en Pontevedra e Ourense. Ascensos térmicos que continuarán sábado e domingo cando é posible que se supere o récord de temperatura máxima en Lugo, Ourense e Pontevedra. 29-09-23
O rei Filipe VI está na illa da Toxa, para inaugurar, o foro Vínculo Atlántico, no que personalidades e expertos debaterán sobre temas como a globalización, a revolución tecnolóxica ou a situación política| Don Xoán Carlos permanece en Sanxenxo, acompañado por varios membros da familia, entre eles, a súa irmá a infanta Margarida. O rei emérito non descartaba, ante as cámaras, un encontro co seu fillo| Os prezos da electricidade e os combustibles impulsan unha nova suba do IPC en setembro, que se sitúa no 3,5 por cento | Alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento á Coruña e outros seis concellos da zona. 28-09-23
O vento do sur deixa tempo seco e con calor no interior de Galicia mentres na costa atlántica predominan as nubes baixas e os orballos cun día moi húmido nas provincias da Coruña e Pontevedra. As temperaturas, con poucos cambios. 28-09-23
O rei Filipe VI está na illa da Toxa, para inaugurar, o foro Vínculo Atlántico | Don Xoán Carlos segue en Sanxenxo e non descartaba, ante as cámaras, un encontro co seu fillo| Os prezos da electricidade e os combustibles impulsan unha nova suba do IPC en setembro, que se sitúa no 3,5 por cento | Alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento á Coruña e outros seis concellos da zona. 28-09-23
Don Xoán Carlos volve navegar pola ría de Pontevedra, pero hoxe non o fixo no Bribón nin para adestrar, senón a bordo dunha embarcación de recreo e acompañado por varios membros da familia. O rei emérito non descartaba, ante as cámaras, un encontro co seu fillo| O Rei Filipe VI intervén esta tarde na inauguración do Foro que se celebra na illa da Toxa | Os prezos da electricidade e os combustibles impulsan unha nova suba do IPC en setembro, que se sitúa no 3,5 por cento | Arranca en Santiago o concurso escolar 'Os Salvacomidas', que pretende reducir o desperdicio de alimentos a través da educación. 28-09-23
Don Xoán Carlos navega xa pola ría de Pontevedra. O ex monarca logrou acceder ao Bribón, aínda que con problemas de mobilidade, e comezou os adestramentos cara as regatas desta fin de semana. | O debate de investidura de Alberto Núñez Feijóo, presente na sesión de control hoxe ao presidente da Xunta. | As bolsas escolares deixan fora ao 60 por cento das familias máis pobres. É a principal conclusión dun informe que advirte da disparidade entre comunidades. | Denuncia de Ecoloxistas en acción ante o Tribunal Superior de Xustiza contra a Xunta pola declaración de proxecto de interese autonómico da cidade deportiva do Celta. 28-09-23
Moitas referencias a Galicia no debate de investidura de Núñez Feijóo. Un debate que se converteu tamén en protagonista na sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento galego. | Espazos emblemáticos, como O Cebreiro, coa sua actividade completamente centrada nos últimos anos no turismo, do que hoxe se celebra o Día Internacional cunha aposta polos investimentos verdes e a sostibilidade. | Abre en Rianxo unha nova fábrica de conservas coa máis moderna tecnoloxía medioambiental e capacidade de producir ata un millón de latas diarias. | Cómo reaccionar ante un ataque terrorista con perigo para a vida de refens. É unha das situacións límite para as que os axentes das forzas de seguridade adestran, en competicións como a organizada pola Garda Civil a Pontevedra 28-09-23
O debate de investidura de Alberto Núñez Feijóo, presente na sesión de control hoxe ao presidente da Xunta. | As bolsas escolares deixan fora ao 60 por cento das familias máis pobres. É a principal conclusión dun informe que advirte da disparidade entre comunidades. | Denuncia de Ecoloxistas en acción ante o Tribunal Superior de Xustiza contra a Xunta por prevaricación, pola declaración como proxecto de interese autonómico da cidade deportiva do Celta. | Abre en Rianxo unha nova fábrica de conservas coa máis moderna tecnoloxía medioambiental e capacidade de producir ata un millón de latas diarias. 28-09-23
Fondeado na ría Corcubión un mercante noruegués cargado con dous hoteis flotantes, de preto de cen metros de eslora, que serán utilizados para aloxar solicitantes de asilo. | O parlamento rexeita unha iniciativa lexislativa popular, avalada por case 16.000 sinaturas, que pedía cambios na letra do himno galego para corrixir erros respecto do poema orixinal, obra de Eduardo Pondal. | A plataforma "Enfermeiras a por todas" organiza concentracións para demandar mellores condicións laborais. | En Galicia son preto de un centenar os centros de traballo que non cumpren, segundo a CIG, coa obriga de presentar os rexistros retributivos que permiten detectar se hai discriminación salarial coas mulleres. 26-09-23
E despois dunha maña con algunhas néboas no interior e brétemas costeiras, os ceos foron quedando despexados. Entrarán algunhas nubes altas polo o oeste. As temperaturas en lixeiro descenso. Con todo as máximas quedarán no arredor dos 25 graos. 26-09-23
Primeiros recén nacidos que reciben a vacina contra o virus sincitial. O mesmo día en que comenza a campaña da vacinación conxunta da Covid e a gripe nas Residencias de Maiores. | o Rei Xoan Carlos I está, de novo, en Sanxenxo, tras aterrar esta mañá, No aeorporto de Peinador acaba de aterrar o avión procedente de Abu Dabi. |A Garda Civil investiga a aparición de nove cabalos abatidos a tiros na serra do BArbanza. | A continuidade da Louseira IROSA de Valdeoras, en perigo pola falla de acordo coa comunidade de montes propietaria dos terreos onde se ubica. A xuiza fixa para dentro de dous meses o desafiuzamento da explotación. 25-09-23