Seguimos con sol e temperaturas moita altas para esta época do ano, que nas horas centrais do día volven superar os 30 graos en moitos puntos aínda que serán algo máis baixas ca onte. Polo litoral irán entrando brétemas durante a xornada. 10-10-23
Néstor Rego amosou a súa boa disposición a apoiar a investidura de Sánchez, pero condiciónao a compromisos con Galicia | O Goberno recorre ante o tribunal constitucional a Lei do Litoral galega | O ministro de Industria asegúralle a Rueda o impulso do Goberno ao proxecto de Altri | O concello de Santiago estuda solicitar á Xunta que declare a cidade zona residencial tensionada | Os ópticos galegos saen á rúa para explicar os beneficios das lentes de contacto. 10-10-23
O deputado do BNG Néstor Rego amosa a súa boa disposición a apoiar a investidura de Sánchez, pero condiciónao a compromisos con Galicia | No debate de política xeral, os grupos parlamentarios presentan as propostas de resolución | A Xunta prevé abrir este ano a segunda unidade de hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil de Galicia. Está no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e será de referencia para o sur da comunidade | Os ópticos galegos saen á rúa para explicar os beneficios das lentes de contacto. 10-10-23
Máis calor aínda para empezar a semana neste outubro no que día a día se están a bater récords de temperatura. Hoxe as máximas volverán ser moi altas tanto polo norte coma no sur, con 31 graos en Lugo ou 32 polas rías Baixas e ata 35 en Ourense. 09-10-23
Xosé Ramón Gómez Besteiro anuncia a sua intención de optar a ser elixido como cabeza de lista dos socialistas galegos para as autonómicas, nas primarias que o partido celebrará o próximo día 29. | Primeiro debate de política xeral con Alfonso Rueda como presidente da Xunta. Anunciou a creación dun bono de 5.000 euros ao ano para coidado de dependentes no fogar e medidas para axilizar a implantación de novas empresas. | Dende hoxe pode descargarse o Bono Activa Comercio da Xunta; que permite descontos de 30 euros en compras de máis de 4.500 pequenos establecementos. | A denominación de Orixe Rías Baixas prevé duplicar o valor das súas vendas no ano 2030. Así o recolle o Plan Director presentado hoxe, e que contempla o reto para os próximos sete anos, de chegar a superar os 300 millóns de euros de facturación. 09-10-23
Xosé Ramón Gómez Besteiro anuncia a sua intención de optar a ser elixido como cabeza de lista dos socialistas galegos para as autonómicas. | Primeiro debate de política xeral con Alfonso Rueda como presidente da Xunta. Anunciou a creación dun bono de 5.000 euros ao ano para coidado de dependentes. | Dende hoxe pode descargarse o Bono Activa Comercio da Xunta. | O concello de Santiago asegura que a discoteca desaloxada por un incendio conta cos permisos e a licenza en regra.| A denominación de Orixe Rías Baixas prevé duplicar o valor das súas vendas no ano 2030. 09-10-23
Primeiro debate do estado da autonomía para Alfonso Rueda coma presidente, no que anunciou un bono de 5.000 euros ao ano para dependentes no fogar. | O concello de Santiago asegura que a discoteca desaloxada por un incendio conta cos permisos e a licenza en regra. E anuncia que se van inspeccionar tamén outros locais de lecer nocturno.| Os empates do Celta e do Racing de Ferrol son saboreados de diferente maneira. Namentres aos de Vigo sábelle mal tras un partido frenético co Xetafe , os ferroláns celebran convertir A Malata nun fortín. 09-10-23
O lume declarado de madrugada, deixa completamente calcinado o restaurante e as oficinas do porto deportivo de Moaña. Bombeiros de distintas localidades acudiron a extinguilo, ao estar pechado o parque do Morrazo por falta de efectivos.| O idioma galego supón unha aportación de 1.400 millóns de euros cada ano á economía da nosa comunidade. |A producción de pataca na comarca ourensá da Limia redúcese un 20 por cento, a causa das choivas de finais da primavera. | Zapatos únicos no mundo. Ese é o contido da exposición "Walk this Way" que hoxe inaugura a Fundación Barrié na Coruña. Son máis de 100 pares que forman parte da colección privada do deseñador Stuart Weitzman. 06-10-2023
O lume deixa completamente calcinado o restaurante e as oficinas do porto deportivo de Moaña |O idioma galego supón unha aportación de 1.400 millóns de euros cada ano á economía da nosa comunidade. | A producción de pataca na comarca ourensá da Limia redúcese un 20 por cento, a causa das choivas de finais da primavera. | No Grove esta xa en marcha a Festa do Marisco, nalgúns casos cun notable incremento dos prezos respecto a outros anos. |Zapatos únicos no mundo. Ese é o contido da exposición "Walk This Way" qu a Fundación Barrié trae á Coruña. 06-10-2023
Continuaremos con temperaturas extraordinariamente altas na fin de semana porque os termómetros subirán aínda máis co que de novo se poderían bater récords de temperatura para un mes de outubro. Hoxe notaran esa calor sobre todo en Lugo e Ourense e na costa atlántica. 06-10-2023
Completamente calcinado. Así quedou o restaurante do porto deportivo de Moaña a causa do lume declarado de madrugada por causas que aínda se descoñecen, e que afectou tamén ás oficinas do club. |No Grove esta xa en marcha a Festa do Marisco, que chega a sua edición número 60, nalgúns casos cun notable incremento dos prezos respecto a outros anos. | Co sesenta por cento da pataca recollida, os pataqueiros da comarca da Limia, en Ourense, estiman que a produción reducirase un 20 por cento polas choivas de finais da primavera. 06-10-2023
É a primeira vez que vemos imaxes do pesqueiro Villa de Pitanxo nas profundidades do mar en Terranova. Captounas un robot para tentar de esclarecer por que naufragou. No naufraxio, o máis letal dos últimos 50 anos, morreron 21 tripulantes | A xuíza de Santiago decreta prisión provisional sen fianza para o condutor acusado de atropelar mortalmente un peón no barrio de Conxo | Familias galegas de afectados por enfermidades neurodexenerativas e profesionais puideron coñecer na Coruña o funcionamento do primeiro exoesqueleto infantil do mundo | O Centro Dramático Galego presenta a que será a súa nova estrea: Run Baby Run, unha obra da escritora valdeorresa Fátima Delgado que trata sobre discriminación de xénero no deporte. 05-10-2023
Despois dunha mañá de brétemas na costa e bancos de néboa no interior, os ceos quedan despexados ata a noite, cando se poden volver repetir as néboas. As temperaturas seguirán en valores altos polo aire cálido que nos chega do sur e que continuará nos próximos días. 05-10-2023
É a primeira vez que vemos imaxes do pesqueiro Villa de Pitanxo nas profundidades do mar en Terranova. No naufraxio morreron 21 tripulantes | Prisión provisional sen fianza para o condutor acusado de atropelar mortalmente un peón en Santiago | Presentan na Coruña o primeiro exoesqueleto infantil do mundo | O Centro Dramático Galego presenta a ‘Run Baby Run’, que trata sobre discriminación de xénero no deporte. 05-10-2023
Familias galegas de afectados por enfermidades neurodexenerativas e profesionais puideron coñecer na Coruña o funcionamento do primeiro exoesqueleto infantil do mundo | Conxemar, a feira viguesa do conxelado, remata hoxe a súa edición máis internacional coa industria buscando solucións á contención do consumo provocada pola inflación| É a primeira vez que vemos imaxes do pesqueiro Villa de Pitanxo nas profundidades do mar en Terranova. No naufraxio morreron 21 tripulantes. 05-10-2023
A central térmica das Pontes queima a estas horas as suas últimas existencias de carbón. Despois de case medio século en funcionamento, a actividade das instalacións chega así ao seu remate definitivo. | O ministro de Pesca comprometeuse hoxe en Vigo a que o sector pesqueiro sexa incluído nos fondos europeos de recuperación. Nunha visita á Feira Conxemar, asegurou que debe ser considerado sector estratéxico. | O concello da Coruña solicita á Xunta que declare a cidade zona residencial tensionada, unha figura incluída na nova lei de vivenda que permite establecer límites á suba dos prezos do alugueiro, actualmente os máis altos de Galicia. | Empeza en Lugo a celebración do San Froilán, con milleiros de visitantes previstos e máis de 200 actividades programadas ata o próximo día 12. 04-10-2023
A central térmica das Pontes queima a estas horas as suas últimas existencias de carbón. | O concello da Coruña solicita á Xunta que declare a cidade zona residencial tensionada | O ministro de Pesca comprometeuse hoxe en Vigo a que o sector pesqueiro sexa incluído nos fondos europeos de recuperación. . | A policia investiga se un atropelo mortal ocurrido no barrio de Conxo, en Santiago, foi intencionado. Os dous detidos, escaparon do lugar do acccidente e chamaron a garda civil horas despois. | Empeza en Lugo a celebración do San Froilán, con milleiros de visitantes previstos e máis de 200 actividades programadas ata o próximo día 12. 04-10-2023
Empezan a subir as temperaturas, con máximas entre 7 e 9 graos por riba do que sería habitual nestas datas, entre os 26 graos polo norte e os 31 de Ourense. O día de máis calor será o venres. 04-10-2023
Coas casetas de polbo a feira na rúa, como un dos reclamos principais, empeza en Lugo a celebración do San Froilán. | O Ministro Luís Planas confirma, na sua visita a Conxemar, que a industria dos productos pesqueiros e as conservas non quedarán excluídos dos fondos europeos de recuperación. | A policia investiga se un atropelo mortal ocurrido no barrio de Conxo, en Santiago, foi intencionado. Os dous detidos, escaparon do lugar do acccidente e chamaron a garda civil horas despois. | Ocupación simbólica de oficinas bancarias por parte da CIG, para protestar contra a carestía da vida. 04-10-2023
Arranca en Vigo Conxemar, a gran feira de produtos do mar conxelados, con novo récord de participantes. Máis de 750 expositores de 45 países | O paro aumenta en Galicia en preto de 3.000 persoas no mes de setembro. Un aumento superior á media do conxunto de España nun mes no que a Seguridade Social rexistrou a perda de case 7.000 afiliados na nosa comunidade| A Xunta anuncia unha rebaixa do 8 ao 3 por cento do imposto de transmisións patrimoniais na compravenda de vehículos de segunda man. A partir de xaneiro será o máis baixo de España | A estrea en Galicia de 'O Corno', a película gañadora da Cuncha de Ouro en San Sebastián, inaugura o festival Curtocircuíto, en Santiago. 03-10-2023