O marisqueo a flote da Illa de Arousa volve á actividade tras catro meses de paro biolóxico. As perspectivas non son boas, porque a zona sufriu as consecuencias das chuvias do inverno
O Sergas amplía a vacinación dos menores ante a meninxite de tipo B. Os de menos de doce anos recibirán unha dose a maiores. A medida coincide coa posible morte por meninxite dunha nena de Ourense
- La decisión responde tanto a la evolución epidemiológica de la enfermedad como a las recomendaciones de los expertos
- Coincide con el fallecimiento de una niña de 11 años en Ourense con "sospecha de infección meningocócica"
Intento de rescate dunha ducia de vacas que quedaron atrapadas nun barranco de moi difícil acceso en Taboada, preto do encoro de Portomarín. Os veciños cren que se precipitaron a ese lugar asustadas polo lobo.
Ainda que as condicións meteorolóxicas non parecen as mellores, estes son os mellores días para comprobar onde ver a eclipse do 12 de agosto. Son “días espello", nos que o sol se situará nunha posición semellante á desa data.
A artista viguesa Menchu Lamas expón en Vilagarcía parte da obra que a converteu nunha das figuras máis relevantes da pintura contemporánea española. Cadros de gran formato nos que mandan as cores vibrantes e os símbolos como siluetas, espirais e mans.
Dende hai máis de corenta anos, as persoas cegas poden acceder por lei a calquera establecemento público cos seus cans guía. Aínda así, seguen sendo necesarias as campañas de conciención para lembrarllo aos cidadáns
- A previsión para o 2026 é de instalar só 118 MW de repotenciación en tres parques, pero sen novos proxectos
- O bloqueo actual impide xerar uns 14.000 empregos e a implantación de 32 novas empresas vinculadas ao sector
Galicia pasou de ser a locomotora eólica de España a sufrir un "parón dramático" no seu desenvolvemento. Mentres que nas últimas dúas décadas o conxunto do país logrou duplicar a súa potencia instalada, a comunidade galega apenas medrou un 25%, unha evolución que a Asociación Eólica de Galicia (EGA) cualifica de "penosa",.
Idoia Cuesta e Soledad Penalta asinan as dúas obras que acaban de incorporarse á Illa das Esculturas, o proxecto de arte na paisaxe creado en Pontevedra hai máis dun cuarto de século
Tatiana, una moza de 33 anos de Taboada, en Lugo, depende da electricidade para vivir. Un ano despois do apagamento, tanto Tatiana como a Asociación Galega de Enfermos de ELA reclaman protocolos claros e un plan de actuación ante estas situacións.
- O Concello de Santiago agarda que a declaración de zona residencial tensionada entre en vigor antes de xullo
- Serán grandes propietarios os que teñan cinco ou máis vivendas, pero non afectará aos contratos de temporada
- ESPECIAL | 'Para entrar a vivir': retrato do acceso á vivienda en España
O concello de Santiago agarda que a declaración de zona residencial tensionada entre en vigor antes de xullo. Contempla como grandes propietarios os que teñan cinco ou máis vivendas, pero non afectará aos contratos de temporada, os que asinan moitos estudantes
Hai case ano e medio foi diagnosticado de glioblastoma, o tumor cerebral máis agresivo e con peor prognóstico. Esta fin de semana, Alejandro Porto completou o Camiño de Santiago en bicicleta con tres amigos para promover a investigación oncolóxica
Nova xornada radiovisual da asociación cultural Ponte nas Ondas para tecer pontes entre Galicia e Portugal. Alumnos de 86 colexios e de 50 concellos distintos participaron na programación, que se retransmitiu en directo nalgunhas radios municipais
A regularización extraordinaria de migrantes supón máis traballo para as entidades e servizos municipais que asesoran a estas persoas. En Vigo, un deses centros de axuda á inclusión atende diariamente a centos de solicitantes.
Nos hospitais de Ourense sorprenderon aos pacientes regalándolles marcapáxinas, montando recunchos de lectura e agasallando aos menores con libros. Todo para humanizar o seu proceso de curación
En Lugo, el PP quiere arrebatar la alcaldía al socialista Miguel Fernández. Los populares han registrado una moción de censura en el ayuntamiento con el apoyo de una concejala tránsfuga del PSOE, a la que sus excompañeros de partido acusan de hacerlo a cambio de un empleo público en la Xunta. Una moción de censura, dicen, motivada por la debilidad del gobierno local, por el interés de la ciudad y no por el suyo propio.
La iniciativa cuenta con el apoyo decisivo de una edil que abandonó recientemente el PSOE y pasó a ser no adscrita, lo que permite a los populares alcanzar la mayoría necesaria junto a sus 12 ediles para intentar un cambio de gobierno en el Ayuntamiento, actualmente en manos de PSOE y BNG.
FOTO: Carlos Castro / Europa Press
Continúa a polémica pola intervención das gárgolas do Hostal dos Reis Católicos. Os técnicos de patrimonio da Xunta vanse reunir esta semana co arquitecto responsable para buscar alternativas porque recoñecen que a solución escollida para protexer a fachada da chuvia non é a máis axeitada. Vanlle pedir que retire os tubos metálicos e faga unha intervención con menor impacto visual.
- El gobierno está en manos del PSOE y el BNG y de prosperar la moción se pondría fin a 27 años de alcaldía socialista
- Los socios de gobierno consideran indecente la moción y acusan a los 'populares' de mercadear con intereses personales