Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia convértese en residencia de portorriqueños e norteamericanos que buscan unha oportunidade no mundo do fútbol. Trece rapaces, cinco deles menores de idade, viven e estudan actualmente en Santiago para poder adestrar en equipos locais. Forman parte do programa deportivo JDB, que leva xa oito anos funcionando.

Placas solares, cepillos rotativos, ventiladores e aspersores para 225 vacas para facer fronte as vagas de calor.

A granxa de Doroña, en Arzúa, incorpora prácticas máis eficientes, innovadoras e respetuosas co medio ambiente e así evitar as emisións de gases de efectos invernadoiro.

É unha das sesenta explotacións galegas que abastecen á fábrica de leite condensada que Nestlé ten en Pontecesures, Pontevedra.

Un grupo de persoas acampan dende a pasada noite en plena praza do Obradoiro, en Santiago, seguindo o exemplo da Porta do Sol, en Madrid, e outras cidades, a raíz do caso Maricarmen, para presionar a favor de medidas para facer máis accesibles os alugueiros.

O proxecto SensoXenoma, cumpre cinco anos. Trátase do experimento para detectar cambios biolóxicos producidos pola música nos individuos que leva a cabo o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago en colaboración coa USC. Un aniversario, celebrado cun concerto a cargo da Real Filharmonía, que servíu tamén para recoller máis mostras de cara á investigación.

David Arcay volve facer historia na pesca deportiva. Vén de proclamarse subcampión do mundo de salmónidos mosca nunha competición celebrada en Idaho Falls, en Estados Unidos, con 140 pescadores da élite internacional. Un fito que converte a este coruñés, que xa foi cinco veces campión, no mellor pescador da historia. Acompañámolo nunha das súas últimas xornadas da tempada de pesca fluvial en Galicia, que remata este mércores.

Nas nosas rías hai máis de 3.300 bateas de mexillón, sendo a de Arousa a raíña dos polígonos bateeiros. Coñecemos a Jorge, un dos poucos carpinteiros de ribeira que quedan en Galicia. Segue construíndo bateas tal e como lle ensinou seu pai.

Continúan os traballos para conter a vertedura de xurro en Tordoia trala rotura dunha foxa nunha granxa. O Concello de Santiago non descarta que poida chegar ao Tambre e afectar ao punto de captación que abastece a cidade. Mentres, a Conselleira de Medio Ambiente lanza unha mensaxe de tranquilidade.

Organizado pola cantante Luz Casal, no pobo onde naceu, o festival cumpre 15 anos.

Luar na Lubre, Nena Daconte ou The Rapants, entre outros, forman parte do cartel.

O "Festival de la Luz" busca poñer en valor a contorna rural e levar a un público familiar unha oferta que abrangue estilos moi diversos.

Os beneficios son destinados a causas benéficas.

Os censados na parroquia apenas son 600 e menos de 7.000 en todo o concello de Valdoviño, poboación que se multiplica estes días pola Pantín Classic.

A xente que chega a localidade é moi dispar e os negocios traballan arreo.

Na Pantín Classic de surf que nesta edición deu un salto para convertirse en internacional participan uns 300 deportistas que proceden de 15 países.

Desde o concello traballan por un turismo sostible.

É un dos grandes eventos deportivos do verán.

Nesta edición pasou de ser competición europea a mudial polo que participan surfistas de tódolos continentes.

A cita deportiva atre até Valdoviño arredor de 100.000 visitantes durante os nove días que dura a competición.

Dous galegos, Daniela Alonso e Manuel Fernández, competirán na proba principal.

O operativo desenvolveuse durante a madrugada deste sábado cando os axentes detectaron o transporte da mercadoría.

Practicáronse rexistros en tres domicilios da Pobra. A maior parte da droga foi localizada nunha vivenda en nun cobertizo anexo.

Foron detidas tres persoas, entre elas a que a Policía identifica como líder do clan dos Fanchos.

Os tres detidos pasaron esta mañá a disposición xudicial.

Volver á vila e emprender. É o que fixo unha parella de Pontedeume, na Coruña, os dous enxeñeiros. Exerceron a profesión polo mundo adiante e nos tempos da covid decidiron o retorno. Montaron un negocio de comercio electrónico co que lles gustaría animar a outros xoves empresarios.

Mirar o ceo sempre espertou a curiosidade da humanidade. Pero moito antes dos telescopios espaciais ou das misións á Lúa, foron instrumentos como astrolabios, globos celestes ou esferas armilares os que permitiron comprender o Universo. O Museo Centro Gaiás percorre esa historia nunha exposición que convida a descubrir como aprendemos astronomía.

Ao principio tiñan poucas pretensións pero, en dous anos, publicaron o seu primeiro disco.

Amosaron a música celta a MIke Oldfield.

Levaron as súas composicións por todo o mundo, especialmente a América onde son moi queridos.

Naceron na cidade da Coruña en 1986.

Dende Ribadeo ata A Guarda, Galicia xa está conectada por unha ruta de máis de 1.300 quilómetros a través da costa. É o Camiño do Litoral, 52 etapas para percorrer a nosa comunidade, a que ten máis quilómetros de costa de España. Hoxe comezaron a instalarse en Soutomaior as primeiras sinais para informar das rutas.

Aprobouse nun consello de ministros presidido polo rei Xoán Carlos e celebrado na Coruña, aproveitando a primeira visita institucional a Galicia dos monarcas.

A medida beneficiou a tódolos presos condenados por delitos políticos ou de opinión excepto integrantes de grupos terroristas.

Outra excepción foi a dos membros da Unión Militar Democrática xa que non puideron reintegrarse no exército.

Os sindicatos UGT, CCOO e CIG denuncian que os salarios están conxelados dende hai ano e medio e os empresarios queren eliminar o complemento do 100% durante as baixas laborais. A patronal acusa ós sindicatos de levantar da mesa de negociación, e aseguran que están abertos ao diálogo. Patricia Liste e Carlos Purriños