Enlaces accesibilidad
Fotografía

Revolución Polaroid

  • Houbo unha época na que facer unha fotografía e poder vela en menos dun minuto era sorprendente
  • Chamábase Polaroid e agora podemos achegarnos á súa historia na Fundación Barrié da Coruña

Por
Revolución Polaroid

Coa pregunta dunha nena —Por que non podo ver agora a foto, papá?— comezou a revolución.

Edwin Land inventou avanzados os anos 40 do século pasado a impresión instantánea de fotos. Saían primeiro en sepia, en branco e negro... Pulindo detalles da man de Ansel Adams.

Barbara Hitchcock, comisaria da exposición aberta na Fundación Barrié da Coruña, explica que “Se pode ver unha transición desde a fotografía de paisaxes, documental, a xente pensando, como podo eu expresar "in film" o que sinto?

Como contribuíu a mudar a historia da fotografía?

Todo estoupou nos anos 70. Lucas Samaras foi dos primeiros en explorar, recortar, pegar ou manipular as fotografías antes de que concluíse o tempo de revelado.

Barbara Hitchcock, a comisaria de 'Polaroid Project', apunta que, con esa manipulación, Samaras “maltrata a súa cara de tal maneira que semella moi macabra, horrible”.

Outros seguiron despois o seu camiño, aproveitando as posibilidades de intervir no proceso da fotografía.

As probas de Formiguera, Vallhonrat e Fontcuberta

Tamén fotógrafos españois xogaron con material Polaroid: Pere Formiguera, Javier Vallhonrat, ou Joan Fontcuberta.

“Colle o negativo –indica Barbara Hitchcock referíndose a unha obra de Fontcuberta– e presiona sobre el o propio cactus. Entón sentes o que é o obxecto ao mesmo tempo que o miras”.

A chegada das Polaroid permitiulles tamén aos fotógrafos experimentar, faceren probas antes das montaxes finais coma no caso do fotógrafo francés Guy Bourdin. Experimentos, montaxes, que vemos noutros moitos escenarios, coma Oliviero Toscani, que probou o mesmo con Andy Warhol.

Obras dos mestres conviven con fotos familiares

Warhol, Matppelthorpe ou Dennis Hopper conviven con instantáneas familiares. Coma a do astronauta Charles Duke, tripulante do Apolo 16. Disque a súa segue aínda na lúa.

En 'Polaroid Project', podemos ver o universo a vista de microscopio. E a gran escala, en fotografías tomadas cámaras enormes.

Detrás de todas elas, unha ilusión: a do revelado.

Tiñas a foto e había que esperar os 60 segundos para descubrila. Esa era a maxia, así que a maxia hoxe desapareceu

Jan Van Steenwijk é fotógrafo: “Tiñas o negativo e, incluído o modelo, tiña que esperar os 60 segundos para descubrila, e esa era a maxia, así que a maxia hoxe desapareceu”.

Coma a Polaroid mesma. Trala súa quebra, quédanos a nostalxia.